mércores, 30 de xaneiro de 2013

7 MÁIS 1

o lobo
     En clase andamos a voltas coas cousas que nos dán medo. Unha delas son os lobos. Aínda que os lobos dos contos son "cousas terribles" que non teñen máis que ver cos lobos reales máis que o seu aspecto. Os lobos representan todo aquelo descoñecido, agresivo, o que nos quita a seguridade no noso entorno. Ningún dos nosos pequenos se atopou nunca con "lobos feroces", pero os lobos dos contos pertencen á tradición oral desde sempre e estos contos cheos de lobos enormes, negros, feroces e cunha dentamia que arrepía, permítenlles aos pequenos "disfrutar co medo" porque llos contan mamá e papa ou a profe  nun entorno seguro no que poden pechar o libro ou mirar por entre os dedos. Tamén lles ensinan os riscos e as consecuencia de non facer caso das normas: Caperucita fai caso omiso do que lle dí a nai, os tres porquiños non teñen moita gana de facer un bó traballo cando construen as casas dos máis pequenos  e os sete cabritos non esperan a que volva súa nai coa chave... Failles pensar no que pasa si trangredimos as normas. 

a mamá cabra
Por outro lado, que culpa teñen os lobos?. Cando lles contas o conto dándolle a volta, desde o punto de vista do lobo, os pequenos comezan a pensar nos lobos de outro xeito máis respectuoso con todos os seres vivos: acaso os lobos non teñen fame?, non teñen familia que coidar?, non sangran si os máncamos ou ferimos? . Son vítimas ou malvados?  Na clase tivemos un "serio debate" sobre este tema!
     

        
      Un día fixemos un xogo: díxenlles que lles contaría o conto de 7 máis 1 si adiviñaban cal podía ser. Quedaron tan intrigados que lle demos un repaso a varios contos ata que se decataron de qué conto se trataba. Ibamos abrindo libros e contando os personaxes: 1 lobo, 3 porquiños, 3 casiñas, 3 osos, 1 cazador, 1 avoa , 1 lobo máis, 7 ananiños, e por fin 1 cabra  e 7 cabritos.  Contamos contos e contamos nos contos! E así  oimos por .... vez o conto dos sete cabritos!. E tamén o dibuxamos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!