domingo, 31 de maio de 2020

A urbanización de Iago e Tonucci

 Outra proposta era construir casas ou, como fixo Iago, deseñar a maqueta dunha urbanización. Empregando cousas que tiña pola casa, xoguetes, cartóns, tubos, plastilina... montou esta maqueta de vivendas arredor dun parque onde a xente pode disfrutar de amplas zonas verdes


 
 Unha boa idea de como deberían ser as cidades: urbanizar pero sin perder de vista a natureza!
Vendo o resultado da maqueta de Iago véñenme á cabeza as ideas do educador e pedagogo italiano Francesco Tonucci autor de moitos  libros sobre a infancia na sociedade actual, sobre os seus dereitos e a súa presenza viva no ecosistema urbano. Algo que xusto agora durante o confinamento fixo que moitos valorasen como deberían ser as cidades, o entorno urbán ... e os patios escolares!.  
  Como dixo Miguel Anxo Fernández Lores alcalde de Pontevedra tras un percorrido pola cidade con Frato/Francesco Tonucci. “A súa filosofía”,  “estaba claramente definida: os ollos dos nenos son os principais catalizadores das necesidades urbanas. Os nenos dan a medida do que todos precisamos: máis espazos para o lecer, unha cidade máis segura, mellor alumeada, con menos obstáculos para moverse, na que sexa posible a actividade lúdica, unha cidade sen fumes e sen ameazas para camiñar ou xogar…”


O volcán de Iago: ciencia divertida.

  Na proposta de realizar un volcán Iago mandounos esta serie de fotos construindo con periódicos  recubertos de barro a estructura do cono do volcán e deixando un tubo no centro para facer a cheminea por onde botar o vinagre e o bicarbonato.

 Polo que me contou Nuria, a reación química dentro da cheminea entre o vinagre e o bicarbonato,  foi un éxito e o volcán de Iago botou lava!

sábado, 30 de maio de 2020

Iago, Ricardo Carvalho Calero e os números do bingo

  Para o Día das Letras  Galegas Iago preparou unha ficha sobre o autor a quen se lle dedicou este ano, Ricardo Carvalho Calero e coloreou unha parte dunha historia que lle aconteceu de verdade ao neno Ricardo : "As pitas baixo a choiva"
Tamén estivo aprendedo os números co xogo do bingo, que lle gusta moitísimo.

  E por suposto tivo tempo de xogar á pelota co seu equipamento favorito!



Iago fixo esqueletos e pulmóns

Iago estivo facendo dúas das propostas sobre o corpo humano. O primeiro que escolleu foi o de facer esquemas de esqueletos e empregou bastonciños dos oidos e palliñas para facer os osos. Quedáronlle así de divertidos:


 
 E con dous globos, palliñas e media botella fixo o esquema dos pulmóns,  así pudo ver como se enchían de aire tirando do "diafragma".

Iago: abellas e un minimundo mariño

Iago estivo traballando coa proposta dos animais e onde viven. El dedicouse ás abellas, escribeu unha ficha coa descripción deste insecto imprescindible para a nosa supervivencia, que o 20 de maio tivo o seu día mundial, fixo varias con plastilina e limpapipas e construeu panales con oveiras. 
 Contou coa axuda dun experto, o seu avó, que tivo abellas e conserva algún panal como o da foto. Levou a Iago a buscar as flores para ver como as abellas collían o polen para facer o mel.
E así lle quedou esta colmea e as abellas!
 Por outro lado, para crear os minimundos, Nuria contoume que Iago escolleu os  animais do mar xa que lle gusta moito saber acerca deles, coñece os tipos de baleas, de golfiños e os peces que viven nos mares dos trópicos. Aproveitaron para ver a película de “Buscando a Dory” e fixeron un minimundo marino cun acuario que tiñan na casa. E remataron cun chapuzón na piscina!








Pedro é a árbore xenealóxica

  Pedro mandounos as imaxes da última proposta, investigar e facer a nosa  árbore xenealóxica. Puxo, ademáis do seu nome, o da súa irmán  e seus pais, o nome dos avós.

 

E mandoume un saúdo cando fixo unha saída polo parque do Pazo.😊 Gracias!

domingo, 24 de maio de 2020

Maeba, a fada do maio e un recitado

Maeba estivo facendo unha cestiña de flores e vestiuse de fadiña dos desexos máxicos para o maio.

 Tamén fixo un recitado sobre este "maio distinto" no que puxo moita emoción!
 

Xa temos fabiñas!

Sorpresa!. Jhon E. mándanos as fotos da súa planta de fabas: xa ten vainas!. Que sorte, dentro de nada terá fabiñas!😋

  Para lembrar o proceso de xerminación, busquei estes videos time lapse que resumen en apenas un minuto o crecemento das fabas. Ademáis podemos ver como se moven as plantas, parece que bailan coa música!.😀
 

O maio de Abril

  Abril saleu pasear polo monte e recolleu moitas cousas bonitas: fentos, piñas, estalotes e outras flores silvestres ... Con todo eso fixo a súa creación do maio no chan. 


As flores de Marcelo

Marcelo, que aínda ten 3 aniños, fixo coa axuda da súa mamá un maio de flores secas e mandounos unha foto.

venres, 22 de maio de 2020

Maeba recrea a Miró: "muller e paxaro"

  Maeba fixo unha das propostas de arte de estos días: recreou a obra de Joan Miró "muller e paxaro". Empregou tubos de cartón, un cd como soporte, recortes, pegatinas, pegamento e pinceis. E aquí está moi concentrada no traballo.
  Miró realizou esta enorme escultura de formigón de 22 metros cando xa tiña case 90 anos e está recuberta de anacos de cerámica ou azulexos de cores vermellos, amarelos, verdes e azuis (as cores máis comúns de Miró) que foron realizados por outro artista, o ceramista Joan Gardy Artigas. 

xoves, 21 de maio de 2020

Carla e Marta, unhas fadas dos bosques no maio

Carla e Marta saíron a dar un paseo para recoller as plantas e  flores silvestres para os maios. Polo camiño atoparon fentos, xestas, estalotes... E con todo ese material da natureza  disfrazaronse así!. Unhas autenticas fadiñas dos nosos bosques!. Non costa nada imaxinalas xogando entre as árbores polo medio das fragas  galegas.
 E falando de bosques vouvos poñer AQUÍ un enlace a unha viaxe a través de 5 fotos por algunhas das nosas fragas máis espectaculares e máxicas. Só vendo as fotos xa apetece sair dar unha voltiña por elas. E sin pensar no coronavirus...

Os xirasois de Van Gogh e Jhon E. ... e unha historia médica


   Jhon E e seus pais saíron de paseo e atoparon unhas preciosas campanillas moradas (os estalotes) e aproveitando o proxecto de arte de reproducir cadros de autores famosos decidiron unir arte e ciencia. Partiron dunha beleza da natureza e chegaron a unha beleza da arte...
   A dedaleira aparece pintada, como homenaxe á medicina, nun retrato que Van Gogh lle fixo ao doctor Gachet, un médico amigo seu. Despois de eso falaron das obras de Vincent e Jhon E. pintou un cadro reproducindo unha das súas obras máis coñecidas, os xirasois


  Lía explicoulle a Jhon. E unha interesante teoría médica que lle contou a ela un profesor e que vos reproduzo: "que Vincent Van Gogh era un pintor moi peculiar, caracterizado polo ton amarelo das súas obras. Nalgúns autorretratos aprécianselle as mans edematosas, polo que podería padecer problemas cardíacos para os cales a digoxina é un dos tratamentos actuais. Provén da planta que viron, a digitalis purpúrea, dedaleira ou dixital. Contén unha toxina nas follas, flores e sementes, que se emprega para patoloxías cardíacas. A sobredosis produce xantopsia (visión amarillenta)". Así, esta curiosa interpretación médica explicaría a intensa cor amarela de moitas das obras de Vincent van Gogh.
  Jhon E. sigue facendo deporte ao aire libre e vai progresando nas carreiras coa bici. Parece que a pesar dalgún pequeno percance (cousas de frenos e curvas😅) colleulle o gusto á velocidade!. Tamén nos envía unha foto das súas fabas, que van medrando xenial: xa teñen flores. A ver si consigue ter as vainas!