sábado, 30 de outubro de 2021

Marcapáxinas para o Día das Bibliotecas

  O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e desde o Equipo  de Dinamización  propuxéronnos  a realización duns "marcapáxinas que reflectixen o placer de ler, de aprender, e a aventura de descubrir outros mundos a través das palabras dos libros..."

   Sacamos unhas fotos intentando estirarnos para chegar moi altos... pero despois ocurreuseme facerlles estos dibuxos divertidos con flores, peixes, avións de papel, raios de superpoderes, capas voadoras, globos, títeres... Espero que vos gustasen!

 (Se queredes ver os marcapáxinas que fixeron todos os nenos do cole, están no blog da Biblioteca, premendo AQUÍ.)



venres, 29 de outubro de 2021

A nosa primeira merenda xuntos

  Estas fotos son da nosa primeira merenda xuntos na clase. Estamos aprendendo a organizarnos: lavar as mans antes de abrir as mochilas, colgalas nas nosas sillas, poñer os manteliños na mesa, colocar todo enriba, abrilo sen que nos caia nada, e despois de todo eso... merendar. Tamén temos que aprender a recoller e gardar as cousas, pechar de novo as mochilas, colgalas nas perchas e volver limpar as máns. Unha serie de rutinas que temos que acadar para ser máis autónomos.

Con que problemas nos atopamos?. Pois abrir e pechar sós as mochilas, non perder os tupers (nin tiralos ao lixo, que xa rescatei varios😆), recoñecer e non confundir as nosas cousas, non ocupar máis espazo do que nos corresponde, non tirar cubertos que non son desbotables, que non salte polos aires a merenda cando abrimos os tupers con enerxía, que non nos caian os bebibles... E polo medio: os que non queren tomar a merenda porque non era eso o que querían ou porque decían que só comían na súa casa, os que piden axuda e os que aínda non saben pedila, os que teñen que facer pis xusto cando teñen o bebible aberto na man😅, os que comen tan rápido que xa acabaron antes de que outros coloquen todo e tamén os que tardan un mundo... os que organizan o de todos (e deixan o seu sin recoller😇😂😂)

E despois de todo eso conseguimos merendar  e deixar a clase limpa ordenada e recollida!!!👍ben👌


 

xoves, 28 de outubro de 2021

Primeiras sesións na sala de psicomotricidade

 Estas fotos corresponden á primeira vez que fomos á sala de psicomotricidade. Primeiro fixemos un resumen das normas máis importantes: non mancarse nin mancar a outros, non berrar e non desfacer o que fan os demáis... (resumindo: aprendemos a respetarnos) Despois foron xogar pola sala: moveronse explorando os materiais que temos nela (bloques de espuma, cabalos, pontes, rulos e túneles, telas, bloques de madeira... ). Son fotos da primeira sesión e outra bastante posterior nas que se pode observar como algúns van pasando de xogar sós explorando pola súa conta a interactuar cos compañeiros e iniciar pequenos xogos. É moi importante este paso xa que imos vendo como aprender a relacionarse entre eles 


 E dúas frases de Einstein e Tonucci  sobre a importancia do xogo para os nenos:




mércores, 27 de outubro de 2021

UN NOVO CURSO CON TRES ANOS

  Vou dar comezo a algunhas publicacións no blog que de momento tiña un pouco aparcado. Vouno empregar para contar un pouco algunhas das cousas que facemos na clase. Como estamos cos pequeniños de 3 anos, (e a metade comezaron con dous) durante estos días case todo o que fixemos foi traballar hábitos e adquisición de rutinas, coñecernos e coñecer o espazo no que pasamos moita parte do día e sobre todo coñecer aos nosos compañeiros, aprender a respetalos  e adaptarnos ás normas do colexio

  Moito desto facémolo a través do xogo que nestas edades é a maneira axeitada de adquisición tanto de hábitos como de coñecemento e valores. Imos comezar poñendo as bases para todo o que virá despois...  

 espero que vos guste!