sábado, 21 de maio de 2022

"Bichos" con Miguel Santamaría


 Fai uns días os pequenos de 3 anos recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués e pai dunha pequena, que nos fixo dous talleres con "bichos". Estivemos fascinados polos animaliños que nos trouxo e pudemos tocar con total seguridade desde insectos folla ata tarántulas, enormes cascudas que non cabían nunha man e xigantescos cenpés que non se quixeron estirar de todo para poder apreciar o seu tamaño. A tarántula realmente impresionaba e eso que aínda era pequena!.
 


 (Deixovos aquí o enlace coa noticia que saleu na Voz sobre os talleres que fai Miguel. Premer AQUÍ)


   Podedes ver polas súas caras o interés e satisfacción por ver e tocar a maioría do que nos ensinou. Trouxo uns "pequenos" caracois africanos que cando medren poden pesar cerca dun kilo, volvoretas monarca que vimos comendo dun plátano e pechamos as ventanas por si escapaban voando, un cangrexo dos manglares, unha encantadora tartaruga recén nacida, unha larva xigantesca que promete convertirse en algo enooorme... 

 
  Tamen nos ensinou unha bolboreta  que era como dúas máns abertas e deixounos tocar alas dos diversos tipos de bolboretas que cría el mesmo, explicándonos que non se poden tocar cando están vivas  porque lles desfaríamos as  delicadas escamas... Vimos mantis que eran exactamente iguais que o liquen no que se apoiaban, escorpións que na escuridade cambiaban de cor coa luz, collimos bebés de insectos folla pequeniños comparados co maravilloso aspecto dos adultos nos que se convertirán...
 
 Unha maneira divertida e moi didáctica de achegarse con naturalidade e respeto aos seres vivos. Foi unha experiencia xenial e fascinante!!!

 


 

mércores, 18 de maio de 2022

"Ahí ven o maio" de F. D. Gurriarán

 Na clase de música coa profe Rita vimos un video que nos enviou a profe Mercedes, onde alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a canción "Ahí ven o Maio" composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a partir dun texto poético de Florencio Delgado Gurriarán a quen este ano se lle dedicou o Día Das Letras Galegas  e que era natural do seu concello veciño de Vilamartín de Valdeorras.




Ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).


Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo cos seus dourados dedos).
 
Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cereixas.

(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
 

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.


Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta  con frores de S. Xoán).

Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveis e rosas!

Florencio Delgado Gurriarán (1981) Cantarenas. Poemas, 1934 – 1980  (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A Coruña: Edicións do Castro)

sábado, 14 de maio de 2022

Os carballos: unha historia de 7 meses

 

Esta semana levamos para casa os CARBALLOS que plantamos no outono. É unha historia ao longo de sete meses!. Plantamos 3 landras por maceta en novembro e esperamos impacientes ata que naceu o primeiro en febreiro. Estivo solitario ata finais de marzo en que comezaron a agromar os demais. Sabíamos que estaban crecendo porque vimos que por abaixo das macetas salían as raices.  Por sorte ao longo de todo este tempo de coidados, ningún se dou a volta de todo. Por eso, ademáis de ser unha tarefa de observación, foi tamén un exercicio de paciencia, responsabilidade e respeto polos seres vivos!. 
 
 Como algúns dos nenos chegaron despois da plantación e as landras xa non valían, trasplantamos nas súas macetas arces rescatados no patio e incluso un loureiro real. Tamén vimos que non todos contaron tres landras e nalgunha maceta sale un bosque jeje. Agora que os levaron para casa podedes seguir a coidalos na maceta, plantalos no xardín ou máis adiante trasplantalos nun monte... Que vos duren moitos anos!.

A carta deseñámola entre todos e escollemos qué poñerlle. Buscamos modelos na rede e todos coñecían o formato da carta dos reis, pero non había ningunha sobre carballos... Tamén engadiron cada un a quen iba dirixida, en principio a mamá e papá , pero despois engadimos irmáns, avós e  mascotas...