domingo, 30 de outubro de 2022

Espuma e garbanzos!

    Pode parecer o título dunha receta e en certo modo á así: a receta da creatividade a través da diversión. Empregando digamos materiais "non escolares", podemos mellorar a motricidade, traballar trazos e ademáis divertirnos. Os garbanzos sírvennos para xogar, pero tamen para facer trasvases, comparar cantidades, medir e para traballar a motricidade. E a espuma de afeitar polas mesas empregámola para crear formas, letras, dibuxos e rir un rato concentrados nas nosas creaccións.


 

mércores, 26 de outubro de 2022

Retratos en outubro

  Estivemos facendo uns retratos con rotus e ademáis escollimos na caixa das pegatinas a que máis se axeitaba ao noso estado de ánimo nese momento, así que tamén falamos das emocións. Casi todos escolleron expresións nas que estaban contentos e felices. Estes retratos, nos que faltan algúns compañeiros, podemos ilos comparando cos que fixéramos a principio do curso pasado e cos que seguiremos a facer para ver a súa evolución.


 

martes, 25 de outubro de 2022

"As chaves dos soños" con Ana Meilán

 
Dentro das actividades de animación á lectura, o pasado mércores 19 de outubro visitounos a escritora Ana Meilán, autora de Oito patas, O lobo Rigoberto, Lágrimas baixo a cama, Mil animais podes ser e moitos máis contos que temos tanto na Biblioteca do centro como en infantil. 
 
 Tivemos tres sesións de contacontos e a nós contounos a historia de "As chaves dos soños". Agasallounos con marcapáxinas do libro e con unhas pequenas chaves de madeira para que as puxésemos baixo as almofadas por si tíñamos pesadelos. Gustáronnos moito os seus contos e pasámolo moi ben coa súa visita. 


 

luns, 24 de outubro de 2022

Unha sesión de ioga


 A profe Sandra propúxonos facer unha sesión conxunta de Ioga na sala de psico. Así que collimos as nosas esterillas e descalzámonos. Puxemos música relaxante e sentámonos xuntando as plantas dos pes. Comezamos primeiro a despertar cada parte do corpo, intentando ser  conscientes de cada segmento. Por alí pasou a teacher Susy e apúntouse á sesión!. Fixemos distintas posicións, colocando o corpo para facer como o gato, o can, a bolboreta,  a cobra... e rematamos con equilibrios e estiramentos, para finalmente intentar relaxarnos.


 

Saímos a disfrutar das cores do outono

  Xa fai uns días que por fín estou de volta, así que reanudamos unha das nosas actividades favoritas: facer saídas polo entorno para ver de primeira man os cambios estacionais e como afectan ás árbores. Puxemos as botas de auga para disfrutar sin mollarnos e acompañados de Sandra cos seus nenos e de Isabel, collimos camiño do Instituto. Alí pasamos baixo os carballos do xardín da entrada, onde xa estaba o chan cuberto de landras (que por suposto fomos apañando...;)




Despois camiñamos ata a parte de atrás onde medran liquidambars e liriodendros cos súas bonitas follas estreladas os primeiros e sen punta os segundo. Atopamos os  froitos estrelados dos liquidambars e vimos algunhas das minúsculas sementes. Observamos as distintas tonalidades das follas desde os verdes aos amarelos intensos, pasando por laranxas e dourados e recollimos moitas para deixar na clase e por suposto tamén unhas cuantas para levar de agasallos para casa.