domingo, 20 de novembro de 2022

Contamos contos na Biblioteca


 A semana pasada Sandra e máis eu decidimos levar outra vez os nenos ao cole de primaria para facer unha sesión de contacontos na Biblioteca. Ademáis de contalos na clase este é un ambiente máis especial, rodeados de libros. Alí ademáis pudemos ver  nas portas, nos paneis e tamén no telón do escenario os debuxos, poemas e contos que fixemos para "pagar" e conseguir os libros no mercadillo. 
 

Escollimos "Os sete cabritillos", de OQO, un clásico que sempre lles gusta e que como vedes na maioría das caras emocionalles como a primeira vez. Leeuno Sandra e eu saquei as fotos... e encargueime de "interpretar" ao lobo😊

  
Importancia dos contos durante a etapa infantil:

·  Fomentan o hábito de lectura.

·  Estimulan o desenvolvemento da linguaxe: aumentan o vocabulario e melloran a pronunciación.

·  Axudan a integrar normas de conducta e comprender comportamentos.

·  Axudan a mellorar a creatividade, desenvolver a imaxinación e fomentar o pensamento reflexivo.

·  Fomentan a atención, a escoita e exercitan a memoria para despois facilitar a adquisición de aprendizaxes máis complexos.

·  Axudan na adquisición de valores e conceptos éticos.

·  Axudan a descansar e relaxarse tanto pola noite como na clase.

·  Crean momentos especiais entre os adultos e os nenos.

.....e son unha fonte de diversión!!! 

 

 

sábado, 19 de novembro de 2022

As cores do outono

 Estos días andamos a voltas coas cores do outono, non podemos saír porque chove, pero aproveitamos un claro para recoller as follas do carballo americano que temos diante das ventanas e así podemos ver as cores tan bonitas que ten...

Despois de xogar coas follas e observalas ben, escollimos as catro cores que máis se lle parecían e puxémonos a pintar unha folla similar que buscamos na rede...
 
   Como cada un fixo as mesturas á súa maneira e con distintas proporcións, as follas saíron todas diferentes...
...e preciosas!

luns, 14 de novembro de 2022

As Maianas cantando no Ceip A Maía

  O venres celebramos o magosto con actividades organizadas polo Equipo de Extraescolares. Recibimos a visita do grupo As Maianas que actuaron na Biblioteca para todos os alumnos. Son un grupo de cantareiras e pandereteiras que tamén empregan a percusión corporal e a guitarra. Os de infantil baixamos despois do recreo e pasámolo xenial con elas!


 Esta é unha montaxe coas fotos dos nenos de infantil mentras as  Maianas cantaban para nós.




Follas e amanitas


 A semana pasada saímos ao patio a recoller follas coas cores de outono e sorprendeunos atopar, e sobre todo identificar, unhas das setas máis bonitas que salen nesta temporada: as amanitas. Xa as coñecíamos do curso pasado, sabíamos que eran tóxicas e por iso non debíamos tocalas. Como eran moitas enseguida pasamos a avisar ás profes para que os demáis nenos tivesen coidado. Identificalas correctamente é un paso para evitar perigos.

 Subimos ao piso de arriba para poder ver a copa  do carballo americano do que recollimos as follas caídas. Desde arriba pódese apreciar a variedade de cores que van collendo as follas e os nenos desas clases poden observar sin saír da clase os cambios estacionais.

Coas follas recollidas fixemos un marco na alfombra e sacamos fotos nas que nós eramos os personaxes dos cadros. 


 

Colares de zonchos!

                            

O día 11 celebramos o magosto no cole e tíñamos que traer feitos da casa colares de zonchos, de castañas cocidas, que despois poderían comer si querían. Houbo de todo: algúns non as probaron e outros comeron as súas e as que levei a maiores!. O caso é que foi unha xornada divertida con estas xoias comestibles. (Os colares de zonchos teñen a orixe nas tradicións de santos e difuntos: decían que con cada castaña cocida que comías lembrabas un difunto).


 

luns, 7 de novembro de 2022

"As chaves dos soños" de Ana Meilán

A visita de Ana Meilán e os seus contos estannos dando moito do que falar. Volvinlles a contar "as chaves dos soños" no que a nena protagonista ás veces ten medo pola noite xa que ten pesadelos cando durme. Pero un día súa nai cóntalle un segredo e regálalle un montón de chaves diferentes que lle permiten "viaxar" polo mundo dos soños e ter moitas aventuras e incluso algún pesadelo ata que lembra o poder das chaves e consigue superar o medo.

 Esta historia permiteunos falar dos soños, dos pesadelos e dos medos que todos temos ás veces... Ademáis a profe Sandra consigueunos un montón de preciosas chaves, púxenlles un lazo vermello para non perdelas (as de Adele son azules) e cada un escolleu unha para poñer baixo a almofada. Espero que funcionen e teñades bonitos soños!



domingo, 6 de novembro de 2022

Intercambios na Biblioteca

👉Fai uns días recibimos un recado  (premer aquí para velo) : o Equipo da Biblioteca, por boca de Leodoro, a nosa mascota, invitábanos a facer un dibuxo, un poema ou un conto e levarllo abaixo para trocalo por un libro.. Os de Infantil escollimos facer un debuxo que sería o noso "billete" para "pagar" o libro. Preparamos todo, aínda que eramos poucos, e o venres foron abaixo a mercar o libro que máis lles gustase da exposición. Como viñeron máis nenos xa recuperados e  non tiñan o dibuxo, tamén recibiron o seu conto para levar para casa.

Aquí estamos preparando os nosos dibuxos...

Para saber como foi a actividade podedes 👉 PREMER AQUÍ e velo no blog da biblioteca.
                       👆


 

 

Observando un bicho pao

 

  Fai varias semanas apereceu na porta da miña casa un bicho pao pequeniño. Metino nunha caixa e prepareino para levalo a clase: follas tenras, auga... Estivo nas clases dos maiores que averiguaron que prefire comer follas de silveiras e que pon tres ou catro ovos case cada día. E ata o de agora virouse máis grande. O venres leveino á nosa clase e ímolo coidar varios días para poder observar este insecto tan peculiar.


 

Observando os xacintos

  Imos comezar unha experiencia que require que sexan observadores... e pacientes. A profe Sandra trouxonos uns bulbos de xacintos de tres cores: morado, rosa e branco. Puxemos cada un en auga na súa xacinteira de cristal, para que podamos ir vendo como lle van saíndo as raices. Algúns xa se decataron que os podíamos distinguir pola cor das súas peles. Agora só queda esperar!


mércores, 2 de novembro de 2022

Celebrando o Samaín na clase!

 O pasado venres 28 celebrouse no cole o Samaín e os pequenos e profes que quixeron acudiron disfrazados ao cole para pasar unha xornada terrorífica. Ademáis de divertirse, falar do medo e das cousas que nos dan medo é un xeito de superalo. Como eu non puden estar, encargouse Teacher Susy de sacarlles algunhas fotos para que pudesedes ver como o pasaron na clase. (Moitas gracias Susy!)

 


 

martes, 1 de novembro de 2022

Dioramas de Samaín e fantasmas!

 Este ano na clase tivemos un Samaín un chisco peculiar: máis da metade da clase foi caendo enferma e non puidemos facer todo o previsto. Aínda así, os que resistiron axudaron a decorar a porta da clase, participaron na exposición de dioramas que construiron coa axuda dos papás e mamás e fixeron, con botellas de leite e cartulinas, os fantasmas que levaron para casa.  (e moitas gracias a todos por participar cos dioramas!)




Orixe do SAMAÍN:
     (anterior ao Hallowen!)

O Samaín deriva da palabra gaélica Samhain ("fin do verán"), a festa celta que conmemora o cambio do verán ao inverno, celebrando a fin da colleita e o día do fin do ano celta, que era o noite do 31 de outubro ou “noite dos calacús”, unha celebración especial na Europa pagá antes do cristianismo. Foi cristianizada cos días de santos e difuntos, nos que mostramos o respeto polos nosos devanceiros.  As cabazas ou calacús iluminados nos cruces dos camiños tamén sustituiron aos craneos dos enemigos postos en picas ás entradas dos poboados celtas...

 Esta noite conmemórase o paso da luz (verán) á escuridade (inverno): un momento máxico no que, durante unha soa noite, permaneceron abertas as portas do máis alá, que era utilizada polas almas dos defuntos para visitar o mundo dos vivos. É esta procesión de espíritos a que dou lugar a lendas tipicamente galegas como a da Santa Compaña.