venres, 28 de febreiro de 2014

HAWAII E O ANTROIDO

  Os de catro anos disfrazámonos  de hawaianos para o Antroido, pintamos unha bandeira e bailamos na clase o HULA, típica danza das xentes de HAWAII. Tamén aprendemos moitas cousas sobre ese país: incluso algunhas palabras de saúdo, despedida e fórmulas de cortesía no seu idioma que empregamos entre nós (aloha, aloha.oe, mahalo, pehea.ohe?= ola, adeus, gracias e como estás?).  
      Estamos facendo un libro co que aprendimos: onde quedan as illas de Hawai, as cores da bandeira, como son as praias e cidades, os volcáns, animais, froitos e plantas do país, comidas, saúdos surfeiros, bailes e roupas tradicionais entre outras cousas.

  AQUÍ ESTAMOS, XA VESTIDOS, PREPARANDO O HULA. 

clicade para ver os nosos "KEIKIS"


     Comimos as larpeiradas típicas... do noso país. Como almorzáramos moi cedo, aínda non tiñan moita fame, pero durante o desfile xa lles entrou e como tamén estaban algo cansos subimos á pista de arriba  para merendar e xogar un chisco ao seu aire que era do que se trataba.
    
 Moitas gracias a todos pola vosa colaboración coas saias e cos postres!.
 


AS COLORIDAS  PRINCESAS  DE HAWAI.I COS COLARES  E DIADEMAS DE FLORES DE  PLUMERIAS
 OS "TERRIBLES" KEIKIS DE HAWAI.I  COS  SEUS  ADOBIOS  DE  PLUMAS
 SAÚDAN FACENDO O SHAKA
E ESTE FOI O VIDEO QUE VIMOS PARA PREPARAN O HULA, 
AÍNDA QUE ABAIXO SÓ DESFILAMOS...

OS XENERAIS DO ULLA ...


    Hoxe iniciamos o día do Antroido coa visita dos alumnos maiores vestidos de XENERAIS DO ULLA. Impresionantes os disfraces que traían os rapaces e rapazas... e impresionados quedaron os pequenos, xa que foron pasando por todas as clases para dar os VIVAS.
       Entre ex-alumnos e irmáns foi un comezo moi divertido. Parece ser que a orixe de esta tradición, na que se imitan os  vistosos uniformes militares, está nos enfrentamentos armados do século XIX: a loita contra os franceses durante a invasión napoleónica, a batalla de Cacheiras e as loitas carlistas. Celébrase nos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Ademáis o Antroido dos Xenerais ten o  recoñecemento pola Xunta de Galicia de Festa de Interés Turístico de Galicia. Ademáis, onte os maiores de primaria tiveron a visita duns auténticos Xenerais do Ulla que lles explicaron esta tradición na clase.
      E cando baixamos o desfile do Antroido pasamos por un corredor formado polas espadas dos xenerais que máis tarde abriron a  festa "a cabalo".

CLICAR PARA VER OS XENERAIS NA CLASE

xoves, 27 de febreiro de 2014

MÁSCARAS DO ANTROIDO

   
    Esta semana andamos a voltas co antroido: preparando o desfile no que iremos de hawaianos e, sobre todo, aprendendo moitas cousas de ese país. Pero hoxe deixamos Hawaii e fixemos máscaras con cartulina, ceras e purpurina!. Nin contar que cando nos poñemos coa purpurina, igual se emocionan de máis e se nos vai "un chisco" a mán... Tamén celebramos o cumple de Iker, que nos trouxo unha tarta riquísima de moitas cores e cuberta de lacasitos.

 Aquí vos poño a presentación coas máscaras que escollemos e que cada un decorou o seu gusto.




martes, 18 de febreiro de 2014

UNHA COVA PREHISTORICA NA MAÍA

A  COVA  PREHISTÓRICA  DA  MAÍA 
      En esta presentación estamos facendo as pinturas rupestres na cova prehistórica que montamos entre María e máis eu con papel de estraza. Como dentro da clase non tíñamos espazo, acabámola montando no oco que temos  baixo as escaleiras. Un espazo máxico que xa se ten prestado para moitas actividades. Agora, cando nos metemos dentro e apagamos a luz, temos a sensación dos primitivos ocupantes das covas e intentamos pensar coma eles na escuridade, en como vivían e facían o seu día a día. Pintamos con carbón e rotuladores e só nos falta aprender a facer o lume!

sábado, 15 de febreiro de 2014

SEMANA DA PAZ : "NENA CON POMBA" DE PICASSO

     O noso lema da paz dí que "non é cousa de UN día", e cando na clase traballamos este tema, escollimos o cadro "Nena con pomba" de Pablo Picasso. Pintada en París, fai máis de 100 anos, por un Picasso de apenas 20, é un óleo sobre lenzo con medidas de 73 por 54 centímetros, considerándose unha das súas primeiras pinturas.   
   Fixemos a nosa interpretación do cadro a partir das liñas do contorno da nena e traballamos os conceptos de fondo e figura. Empregamos ceras blandas xa que permiten unha boa mixtura das cores e parecen transmitir mellor a tenrura da nena acariñando a pomba.A mensaxe está máis nas máns e nos ollos na nena que no páxaro. Do orixinal só tíñamos que respetar a cor  blanca da pomba. (...que, por certo, sempre me pareceu un animaliño ben pouco pacífico para ser escollido como símbolo da paz!).

     Premendo na imaxe podedes ver o resultado do traballo dos nenos:

clicar para ver os nosos cadros

  E esta é outra perspectiva a partir do cadro de Picasso, que está no blog da Biblioteca:
os nenos non queren a guerra

sábado, 1 de febreiro de 2014

A SEMANA DA PAZ


    Esta semana adicámola a traballar sobre a paz: o que eles entenden por paz, o que saben sobre as guerras, cómo nos afecta a nós e o que escoitan nas noticias e aos maiores. Buscamos e contamos contos sobre a paz ("Blancos e negros", "Os nenos non queren a guerra" e algúns máis, como os que teño postos no muro de pinterest que enlazo aquí (clicar) para que lle deades unha ollada. Outra actividade que lles gustou moito foi que vimos e comentamos algúns cortos que tratan o tema e que teño postos no blog da Biblioteca ("Sadako e as grúas de papel", "Tolerancia", "A pomba da paz", "Abrazos" etc...)
   
     E cantamos e bailamos a canción "a Muralla", fixemos pombas da paz coas máns e preparamos unha postal na que escribimos as tres palabras que escollimos entre moitas, para intentar explicar o que é a paz para nós (respeto, amor e abrazos). De remate, entre todos intentamos explicar nun lema o noso desexo para a paz. Aquí saleu de todo:  

  • que reine a paz 
  • que todos sexamos bos e con cartos !
  • que todos nos queiramos moito.
  • que non nos peguemos
  • que nos respetemos todos
  • que a paz non sexa cousa de un día (este é o que lles digo sempre eu, pero eles engadiron : senón de todas as semanas, os meses e os anos... por dar a puntilla!)
  • que sexamos amigos sempre
  • que non arranquen os capullos do xardín
  • non tirar xoguetes os demáis e non atropelar
  • ter unha boneca que repita todo o que digo
  • que todos cumplan as normas
  • qie non pelexemos por facer algo...
  • queremos unha clase feliz
  • queremos un mundo feliz
  • e así un montón máis de desexos "pacíficos"
    Logo tivemos algún desexo algo "despistado" como "que as momias e os piratas non pelexen" ou "eu desexo unha muñeca que repita todo o que eu digo"... e todo esto intentando practicar o respeto e a tolerancia cara os demais.
     Como cada clase tiña que escoller un desexo para poñer no muro da paz na entrada nós fixemos un refundindo varios dos que dixeron e quedounos así:
    
    O venres baixamos a xuntarnos cos de primaria a cantar a canción e decir os desexos da paz: con cada un soltaríase un globo. E aquí, coma sempre e a pesar dos investimentos económicos e numerosos técnicos que sempre nos garantizan , foi onde nos fallou  o són, para desespero de todos os que organizaron e dos nenos que participaron. Tamén temos que ter en conta que case 700 nenos e un pabellon aberto, non son garantía da mellor acústica...que lle imos facer: é o que temos e os nenos traballaron arreo para esto.
  
    Agora póñovos aquí unha presentación co traballo ao longo da semana:
 
SEMANA DA PAZ 2014   CLICAR


   Tamén vos enlazo con un muro con libros sobre a paz o respeto e a tolerancia, no que podedes atopar moitos contos moi interesantes: 
contos para a paz CLICAR
    Estas son as fotos que saquei no patio cuberto,  pendientes de escoller a  cor dos globos dos desexos e con algo de medo escénico. (Pero os voluntarios fixéronno moi ben,  aínda que non se lles escoitase!)
clicar para ver