Páginas
mércores, 23 de febreiro de 2022
Marcapáxinas para o Día de Rosalía de Castro
martes, 22 de febreiro de 2022
Máis Pollock!
Nunha caixa grande ibamos poñendo os folios de catro en catro, despois poñíamos témpera nos espacios sin papel e logo fixemos rodar as bolas de pedra sacudindo a caixa entre varios nenos á vez e en tódalas direccións...
o noso "estilo" Pollock:
luns, 14 de febreiro de 2022
Pintando con bolas
A diferencia do artista, que tiña claro desde o principio o que quería crear, a nosa intención era experimentar cos materiais e as cores e sobre todo divertirnos pintando dun xeito diferente.
Nesta montaxe podedes ver un anaco do video de cando movemos a caixa:
A cor blanca tamén pinta!
domingo, 6 de febreiro de 2022
O carballo de Conxo e os carballos da Maía
Ademáis de desexar que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, como cada outono, fixemos en outubro unha plantación de landras e todos os nenos e nenas plantaron varias. Xa estamos vendo asomar as raices de moitos por debaixo das macetas, aínda que de momento só naceu este da foto.
Os nosos carballiños aínda non poden competir 😉 pero son a nosa aportación á conservación destas árbores que tanto nos representan. Comezamos por querelas para despois aprender a respetalas.
Historia (púxena algo máis completa no blog da Biblioteca): o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan de esa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para traballar e conservar as peles de animais.
(European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"
Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
xoves, 3 de febreiro de 2022
Cando casan os paxaros: a Candelaria
O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candelaria, que en Galicia desde moi antigo é "cando casan os paxariños", e representa o renacer da natureza, que vai rematar o inverno e se achega a primavera. Os paxaros buscan parella e preparan os seus niños. Para achegarnos a esta tradición nós fixemos estos paxariños que cantan pousados nunha pola.
Eso sí: quedou moi claro que non se poden coller os niños dos paxaros porque son as súas casas. Só podemos recoller os que atopemos polo chan como estos que teño.