mércores, 11 de xullo de 2012

HASTA PRONTO !!!

    Uns peixiños novos no mar ...

          E para rematar o curso escollín as portadas que os nenos e as nenas fixeron para os libros do terceiro trimestre: podían facela como quixesen, empregando calquer material da clase. Como veredes escolleron plastilina, témpera, purpurina, pós de terciopelo, ceras, ollos móviles, e distintos tipos de pegatinas...
      
      No que sí que coincidiron case todos os artistas foi no tema: o mar, a praia e os peixes e cousas relacionadas co verán e o lecer. Quedáronlles unhas portadas moi bonitas que vos poño aquí nun issu:

  DESPEDIDA
.............................................................................
      E estas son unhas fotos que sacamos na festiña-merendola de despedida que fixemos na clase o derradeiro día do curso, que para estos nenos ven sendo tamén o seu derradeiro día en infantil.
     
      Non estábamos todos, porque algúns estaban enfermos e outros xa marcharan ... e pola clase tamén pasaron moitos dos rapaces e rapazas que rematan 6º e que nos deixan para irse ao Instituto... Despedimos así outra promoción máis que vai comezar unha nova etapa en primaria...
     Como xa vos dixen, non me gustan demasiado as despedidas, así que bó verán, gracias pola vosa colaboración, un bico e moita sorte !!! 
E, de todos xeitos, verémonos polo colexio en setembro!
..............................................................................

sábado, 7 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

     Desde os primeiros días de maio, na clase estivemos a criar vermes da seda. Trátase dun proxecto da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que ten como obxectivo  achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos mellor.
     Nós fixemos a primeira fase do proxecto “Enredando, artesanía na escola”: a cría e coidado dos vermes da seda. Posteriormente, nunha segunda fase, para o curso que ven, os nenos verán como se extraen os fios de seda para poder traballar con eles.



    





        Aquí podedes ver como coidamos os vermiños, desde que naceron ata que fixeron os casulos e logo a metamorfose para transformarse en bolboretas. Contámolos, medímolos, limpámolos e andivemos a xogar con eles. Andar andiveron moito con eles, pero eso sí con moito coidado!










       Observamos todo o proceso, e como veredes os vermiños e as bolboretas estuveron moi ben atendidos, aínda que tivemos problemas para alimentalos, xa que só se alimentan de  follas de moreira frescas... e cada día despois do recreo subíamos con un par de cubos cheos de follas que comían en menos de nada. Así e todo, nas fotos vedes que os tíñamos ben mantidos: mirade que tamaño! Menos mal que cando se transforman deixan de alimentarse!.


 
       Despois pasaron pola fase de apareamento e da nosa clase cambiabamos  machos por femias das outras clases para restaurar o equilibrio entre sexos, pero de todos xeitos as nosas puxeron moitos máis ovos. Así que si alguén os quere para o ano que ven pedidemos (por xaneiro máis ou menos) que temos moitos. E aquí estamos durante todo o proceso:






ENREDANDO NO XARDÍN

     Durante os derradeiros días do cole fixemos de xardineiros e estivemos a traballar no xardín. Primeiro cortamos as follas máis grandes con tesouras tendo coidado de non estragar as plantas e despois arrincamos as herbas malas con ferramentas " de verdade".        
      Logo sachamos un pouquiño e finalmente botámoslle por encima case vinte sacos de casca de pino. Pasámolo moi ben e aprendemos a respectar e coidar o noso xardín e a valorar o traballo dos demáis.


 Durante un ratiño fomos "os kings do  xardín" ,"os reis do xardín".
Esto foi oque fixemos: