sábado, 7 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

     Desde os primeiros días de maio, na clase estivemos a criar vermes da seda. Trátase dun proxecto da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que ten como obxectivo  achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos mellor.
     Nós fixemos a primeira fase do proxecto “Enredando, artesanía na escola”: a cría e coidado dos vermes da seda. Posteriormente, nunha segunda fase, para o curso que ven, os nenos verán como se extraen os fios de seda para poder traballar con eles.



    





        Aquí podedes ver como coidamos os vermiños, desde que naceron ata que fixeron os casulos e logo a metamorfose para transformarse en bolboretas. Contámolos, medímolos, limpámolos e andivemos a xogar con eles. Andar andiveron moito con eles, pero eso sí con moito coidado!










       Observamos todo o proceso, e como veredes os vermiños e as bolboretas estuveron moi ben atendidos, aínda que tivemos problemas para alimentalos, xa que só se alimentan de  follas de moreira frescas... e cada día despois do recreo subíamos con un par de cubos cheos de follas que comían en menos de nada. Así e todo, nas fotos vedes que os tíñamos ben mantidos: mirade que tamaño! Menos mal que cando se transforman deixan de alimentarse!.


 
       Despois pasaron pola fase de apareamento e da nosa clase cambiabamos  machos por femias das outras clases para restaurar o equilibrio entre sexos, pero de todos xeitos as nosas puxeron moitos máis ovos. Así que si alguén os quere para o ano que ven pedidemos (por xaneiro máis ou menos) que temos moitos. E aquí estamos durante todo o proceso:






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!