domingo, 27 de marzo de 2011

A HORA DO PLANETA

      Este sábado ás 8:30, moitas cidades do mundo participaron na *Hora do Planeta*, apagando as súas luces durante unha hora. Colaboremos nos tamén no aforro enerxético evitando gastos innecesarios : un pequeno xesto pode parecer insuficiente, pero si todos collemos por costume realizar ese pequeno xesto, ao final serán millóns e notarase na saúde do planeta... e no bolsillo. En clase procuramos habituar aos pequenos a eses *pequenos xestos (picade aquí)*: 
  • apagar as luces cando saímos de clase
  • cerrar as billas (en esto están moi concienciados!)
  • non derramar auga
  • recoller o lixo na papeleira (facémolo bastante ben!). Mirade que ben o fai Pocoyó!
  • non gastar máis material do necesario (esto cóstanos bastante...)



clicade aquí para ver imaxes de todo o mundo  

xoves, 24 de marzo de 2011

SAÍDA A APÍPOLIS

    Últimas recomendacións para a excursión de mañá a Apípolis:



  • non esquezades as mochilas coa comida, a bebida  e a muda.
  • levade calzado cómodo e que cubra o pé
  • levade roupa que se poida poñer ou quitar por si cambia a temperatura
  • non esquezade gorros ou viseras polo sol e algo con capucha por se chove
  • e sobre todo deitádevos cedo para estar preparados e descansados pola mañán.

xoves, 17 de marzo de 2011

SAÍDA A APÍPOLIS

Abejas. Abeja polinizando en una florVISITA  ESCOLAR  A  APÍPOLIS

O vindeiro venres 25 temos pensado sair a visitar APÍPOLIS  en Couso, San Andrés de Xeve, Pontevedra. Para os que non o saibades ,é unha granxa escola adicada a todo o relacionado coas abellas e á apicultura.  Por eso nestes días, previos ademáis ao espertar da primavera, imos a traballar sobre estes animaliños tan beneficiosos, útiles e imprescindibles.          
     Intentaremos coñecer, entre outras cousas, cómo son, cómo  viven e cómo traballan. Partiremos dos coñecementos previos dos nenos, para ir ampliando a nosa achega ao mundo das abellas. De momento estamos a "investigar" e buscar información na rede e nos libros que temos no colexio. Así, cando cheguemos á cidade das abellas , xa teremos máis información e todo o que nos ensinen alí, reforzará o que teñamos aprendido: nada hai mellor para apreciar algo que chegar a coñecelo ben. De momento xa sabemos que son insectos, que fan mel e que teñen aguillóns perigosos (...pero só si as molestamos). E xa temos unha lista de máis cousas que queremos saber... 

martes, 15 de marzo de 2011

VIDEOS DO ANTROIDO

       Aínda que con algo de retraso, "por cuestións técnicas", aquí están os videos da visita das pantaias de Xinzo ao noso cole durante a semana do antroido. Son os nenos e nenas de 4ª  que como podedes ver traballaron arreo para confeccionar os traxes e ademais estaban verdadeiramente moi metidos no papel. Os  pequenos quedaron impresionados. E ademáis algúns son irmáns e amigo/as dos nenos e nenas  da clase.

     Este outro video gravouse o día do antroido no pavillón con tódolos nenos do colexio, que se disfrazaron de dormilóns e o que fixemos animados polo mesmo Paiaso que actúou para os pequenos e que para os maiores transformouse nun DJ con "discoteca" final. 


     
      Estes videos están colgados no blog dos profes de 3º (picade aquí) onde tamén podedes ver algunhas das actividades da clase dos maiores e algúns dos recursos empregados por eles.
   
Gracias aos compañeiros de terceiro e  cuarto 
 e aos nenos e nenas de cuarto
polo entusiasmo demostrado.

sábado, 12 de marzo de 2011

O ABECEDARIO E OS NÚMEROS

  • ABECEDARIO
     
      Hoxe na clase vimos unhas curiosas letras feitas con diferentes materiais: pan, carne, paos, xamón,  flores...  e tamén  diferentes logos como a D de Disney, a B de Barbi,  a K de Kellogs etc. De paso que as leíamos, xogábamos a recoñecer e averiguar con qué e cómo estaban feitas...


         Despois puxémonos a  pensar as cousas coas que poderíamos facer o noso propio abecedario. Repartímonos as letras, para ter todos polo menos unha, e logo, cada un de nós dixo unha cousa da clase que pensaba empregar. O máis rápido foi Brais que tiña a letra B e díxonos que a faría con plastilina. Claro que inmediatamente.... todos querían usar a plastilina, pero decidín que cada un tiña que buscar pola clase algo diferente, para non repetirnos. Así que fixemos un repaso visual para ver que materiais se prestaban para este traballo e,  despois de varios ensaios e algúnhas dificultades (sobre todo os que tiñan letras con trazos curvos) este foi o resultado:


    Materiais empregados nesta actividade: tapas de rotulas, pinceis, ceras, tacos de madeira, plastilina, conchas, espigas, piñas, colares, pedras, encaixables, punzós, afías, imáns, plumas, coches, rodillos da plasti, limpiapipas, millo, vainas de sementes...
     
    Advertencia: moitas veces no mundo editorial  e artístico, atópamonos con imaxes suxeitas a dereitos de autor, e estes pequenos AUTORES non han de ser menos... Como é posible que cometese algún erro nas atribucións das autorías destas imaxes, podo correxilas se me avisades...


  • NÚMEROS 

        Despois do recreo fixemos no patio a segunda parte desta actividade, que consistia en construir os números do 0 ó 6  empregando os nosos corpos.  Puxemos varios encargados de chamar e ir colocando aos nenos e nenas deitados no chan (e despois sentados) para intentar compoñer os trazos dos números. Esto costounos un pouco máis... porque tratábase de colaborar e coordinar moitas cabezas e moitos brazos e pernas ó mesmo tempo e cando colocabamos o brazo dun, xa estaban as pernas de dous reviradas... pero bueno, acabamos conseguindóo... máis ou menos. 

luns, 7 de marzo de 2011

OS CARACOIS IMOS DE ANTROIDO

         Aquí estamos, por fín, a clase dos caracois: xa disfrazados e listos para baixar a merendar. Como xa viñan da casa vestidos de escuro, só nos faltaba poñer os cornos cos ollos. Foron eles os que enrolaron os limpiapipas de cores nos cornos: non pensedes que lles foi doado, tiveron que esforzarse para poñerllos ben e que non lles caesen.

          Despois  da actuación do paiaso, puxemos os cornos ,  merendamos e rápidamente baixamos a ver as actuacións na pista. A clase dos caracois portouse realmente ben ¿non vos pareceu aos que os vístedes? Aguantaron así case ata o final, pero claro, cando estaba a punto de tocarnos aos nenos de catro anos o turno de desfilar, xa estaban un pouco cansos e moitos tiñan ganas de ir ao baño i eso é bastante contaxioso... así que comenzaron o desfile ... pero cara os baños...
 
          Por fin, despois dos diferentes grupos de dormilóns dos grupos de primaria, o DJ  deunos paso aos animaliños que representabamos o espertar da primavera que está a piques de chegar despois de durmir todo o inverno. Demos voltas e reviravoltas, cruzándonos por un lado coa clase das xoaniñas e a das bolboretas e por outro cos de cinco anos que cos seus diferentes disfraces representaban a ledicia e o desmadre do antroido. Cando rematamos subiron a seguir coa merenda e a xogar un pouco polo noso patio ata que foi a hora de marchar para casa. Algúns estaban xa moi cansos e, por fín rematamos arrastrándonos coma os caracois... 
 

 
 
 Agora ven a fase de agradecementos aos papás e as mamás :
  • por colaborar e buscarlles roupa escura para conxuntar o grupo.
  • por arrecadar aos caracois "despistados".
  • e por acompañar aos que tiñan que ir ao baño...
ESPERO QUE VOS GUSTASE O RESULTADO: CREO QUE, AÍNDA QUE SINXELO, QUEDOUNOS  MOI BONITO.

BICOS PARA OS CARACOIS E VÉMONOS XOVES
 

FACENDO OS DISFRACES

      








      Aquí estamos a facer os nosos disfraces de caracois: recortamos as planchas de goma eva seguindo unha plantilla, pintamos as espirais da concha con pintura negra á auga, e finalmente adornamos con gomets. Fixémolos nós mesmos aplicando as destrezas que traballamos  no día  a día no cole. Só tivemos un pequeno problemiña: o espazo para poñer a secar as cunchas despois de pintadas... O que entrase na clase estos días podería ver cunchas polas esquinas, polas mesas, colgados polas paredes e o teito...Unha verdadeira invasión de caracois. E, para poñer os gomets, tirámonos polo chan da clase e, aínda así, case non nos chegaba o sitio....  Só nos falta poñerlle os lazos para colgalos do pescozo e ...

¡listos para convertirnos en caracois!

PAIASADAS

      O venres foi unha xornada moi movidiña e ás dez e media tivemos a actuación dun PAIASO que nos mandou a ANPA. Animou  unha xornada na que os cativos o pasaron moi ben. Enredou a 225 nenos e nenas, con xogos , cancións coñecidas por eles e paiasadas, e logrou manter a atención dos pequenos de xeito que cando rematou pedironlle máis... e aínda consigueu que lle quedasen folgos, xa que despois foi o DJ que animou a festa na pista cuberta ao longo de toda a xornada.





Desde logo penso que facer paiasadas... é unha cousa moi seria...


CHEGA O ANTROIDO

      








        O outro día cando estabamos traballando, deronnos unha divertida sorpresa:  entraron na clase un grupo de nenos e profes do cole dos maiores que viñan disfrazados de  PANTALLAS  e armados de globos. Andiveron por medio da clase zoupándonos cos globos para avisar de que no Antroido ningún neno ou maior pode andar sin disfraz. A nós bateronnos amodiño, xa que case tíñamos os nosos rematados...


        
         As pantallas (*) son o traxe típico de Xinzo de Limia  cuxa vestimenta considerase incompleta sen a vexigas, que se repóñen cada vez que rompen. As Pantallas visten camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pañoleta (case sempre vermella), polainas negras e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella leva na cintura, xunto coas campanillas, así a cadeira sofre menos o rozamento das campanillas. Na cabeza levan unha especie de corno que se prolonga desde a parte traseira da cabeza, no que se representan símbolos astrais, animais e escudo.
         O de Xinzo é o Entroido máis arraigado da comarca e goza de gran popularidade en toda Galicia. Ademais, está considerado desde fai anos de Interese Turístico Nacional. 

sábado, 5 de marzo de 2011

MUNDO HERBA

      Un día na clase estábamos a contar un conto no que un neno gardaba cada día nunha caixa unha cousa bonita para regalarlle a seu pai, cando este volvese dunha longa viaxe por África. E, sin saber moi ben cómo, acabamos saíndo polos cerros de Úbeda... como nos pasa moitas veces. Déusenos por inventar personaxes de contos e comezamos a pensar  no que pasaría se a xente tivese unha caixa por  cabeza e outras cabezas  diferentes e o que farían no seu día a día e como se chamarían os seus países... E saíronlles cousas moi interesantes:
  • podería haber xente con cabezas de caixa que gardarían todo o bonito que atopaban
  • a xente con cabeza de lápis ... viviría en Mundo Lapis e dibuxaría  todo o día
  • a xente con cabeza de goma.... viviría en  Mundo Goma e borraría as tonterías que facemos
  • en Mundo Pedra a xente tería a cabeza moi dura ... e andarían a bater testarazos uns a outros
  • se a xente tivese cabezas de xabrón ... faría pompas todo o tempo
  • e como nón, falaron de Bob Esponxa... 
     Estas pareceronme as máis curiosas, pero imaxinaron moitas máis, algunhas algo escatolóxicas, cousa bastante habitual nestas idades, como Mundo Caca ... onde todos andarían moi sucios ... Pero a que me fixo CLIC foi Mundo Herba onde a xente tería herba ou follas coma as árbores na cabeza... En realidade xurdeu como unha pregunta, porque xa sabemos que para os nenos destas idades os papás, as mamás e as profes sabémolo todo , todo, todo:

 ¿Profe, EXISTE Mundo Herba?

       Non sei si  o que o dixo (agora non lembro si foi Pablo ou Miguel) xa tiña visto algo de eso, paréceme que non, pero a mín saltoume o clic e inmediatamente pensei no facilmente que poderíamos montar esas cabezas.
  
       O de facilmente  non resultou certo de todo... e se non que lle pregunten as sufridas señoras da limpeza que, aínda que procurabamos recoller nós o que caía (sin querer ...ou querendo), deberon atopar virutas de madeira e sementes nos sitios máis inverosímiles...Tamén lles resultaba do máis agradable ó tacto meter as máns no caixón de virutas. Cousa aparte foi o céspede, que acabou sementado por tódalas mácetas da clase, no caixón onde están a medrar os carballos do ano pasado e na caixa dos caracoles (que xa o teñen grande para comer ...). Algunhas macetas agora parecen pequenas pradeiras... con un bonito "efecto bonsai". Tamén resultou que non era tan doado meter as virutas  dentro das medias, pero o resultado penso que mereceu a pena. Logo pintamos as bocas e pegaron os ollos, colocámos as cabezas en bandexas nás fiestras cerca dos radiadores, encharcámolas de auga i esperamos... Cada pouco botámoslles auga e pulverizamos cun esprai para ter as cabezas empapadas.  Aínda non pasara unha semana e comezaron a saír os primeiros pelos verdes... que, por suposto non sobreviviron... porque todos anduveron a tocalos, impacientes por ver a cal deles lle medraban máis... Despois xa procuraron mirar sin tocar e a algún  medraronlle auténticas melenas, outros foron máis lentos e a algún costáballe, posiblemente por ter as medias máis tupidas... Velahí o resultado: