luns, 7 de marzo de 2011

OS CARACOIS IMOS DE ANTROIDO

         Aquí estamos, por fín, a clase dos caracois: xa disfrazados e listos para baixar a merendar. Como xa viñan da casa vestidos de escuro, só nos faltaba poñer os cornos cos ollos. Foron eles os que enrolaron os limpiapipas de cores nos cornos: non pensedes que lles foi doado, tiveron que esforzarse para poñerllos ben e que non lles caesen.

          Despois  da actuación do paiaso, puxemos os cornos ,  merendamos e rápidamente baixamos a ver as actuacións na pista. A clase dos caracois portouse realmente ben ¿non vos pareceu aos que os vístedes? Aguantaron así case ata o final, pero claro, cando estaba a punto de tocarnos aos nenos de catro anos o turno de desfilar, xa estaban un pouco cansos e moitos tiñan ganas de ir ao baño i eso é bastante contaxioso... así que comenzaron o desfile ... pero cara os baños...
 
          Por fin, despois dos diferentes grupos de dormilóns dos grupos de primaria, o DJ  deunos paso aos animaliños que representabamos o espertar da primavera que está a piques de chegar despois de durmir todo o inverno. Demos voltas e reviravoltas, cruzándonos por un lado coa clase das xoaniñas e a das bolboretas e por outro cos de cinco anos que cos seus diferentes disfraces representaban a ledicia e o desmadre do antroido. Cando rematamos subiron a seguir coa merenda e a xogar un pouco polo noso patio ata que foi a hora de marchar para casa. Algúns estaban xa moi cansos e, por fín rematamos arrastrándonos coma os caracois... 
 

 
 
 Agora ven a fase de agradecementos aos papás e as mamás :
  • por colaborar e buscarlles roupa escura para conxuntar o grupo.
  • por arrecadar aos caracois "despistados".
  • e por acompañar aos que tiñan que ir ao baño...
ESPERO QUE VOS GUSTASE O RESULTADO: CREO QUE, AÍNDA QUE SINXELO, QUEDOUNOS  MOI BONITO.

BICOS PARA OS CARACOIS E VÉMONOS XOVES