sábado, 12 de marzo de 2011

O ABECEDARIO E OS NÚMEROS

  • ABECEDARIO
     
      Hoxe na clase vimos unhas curiosas letras feitas con diferentes materiais: pan, carne, paos, xamón,  flores...  e tamén  diferentes logos como a D de Disney, a B de Barbi,  a K de Kellogs etc. De paso que as leíamos, xogábamos a recoñecer e averiguar con qué e cómo estaban feitas...


         Despois puxémonos a  pensar as cousas coas que poderíamos facer o noso propio abecedario. Repartímonos as letras, para ter todos polo menos unha, e logo, cada un de nós dixo unha cousa da clase que pensaba empregar. O máis rápido foi Brais que tiña a letra B e díxonos que a faría con plastilina. Claro que inmediatamente.... todos querían usar a plastilina, pero decidín que cada un tiña que buscar pola clase algo diferente, para non repetirnos. Así que fixemos un repaso visual para ver que materiais se prestaban para este traballo e,  despois de varios ensaios e algúnhas dificultades (sobre todo os que tiñan letras con trazos curvos) este foi o resultado:


    Materiais empregados nesta actividade: tapas de rotulas, pinceis, ceras, tacos de madeira, plastilina, conchas, espigas, piñas, colares, pedras, encaixables, punzós, afías, imáns, plumas, coches, rodillos da plasti, limpiapipas, millo, vainas de sementes...
     
    Advertencia: moitas veces no mundo editorial  e artístico, atópamonos con imaxes suxeitas a dereitos de autor, e estes pequenos AUTORES non han de ser menos... Como é posible que cometese algún erro nas atribucións das autorías destas imaxes, podo correxilas se me avisades...


  • NÚMEROS 

        Despois do recreo fixemos no patio a segunda parte desta actividade, que consistia en construir os números do 0 ó 6  empregando os nosos corpos.  Puxemos varios encargados de chamar e ir colocando aos nenos e nenas deitados no chan (e despois sentados) para intentar compoñer os trazos dos números. Esto costounos un pouco máis... porque tratábase de colaborar e coordinar moitas cabezas e moitos brazos e pernas ó mesmo tempo e cando colocabamos o brazo dun, xa estaban as pernas de dous reviradas... pero bueno, acabamos conseguindóo... máis ou menos.