Para levar a casa o material do segundo trimestre, utilizamos cartulinas grandes dobladas e grapadas, e con elas fixemos unhas carpetasdecoradas empregando ceras, rotuladores, ollos fixos e móviles, pegatinas... e moita imaxinación.
Realizar un autorretrato, ademais dun traballo artístico, é un exercicio
de introspección que implica por unha banda, coñecer o noso propio
corpo e as súas partes, por outro recoñecer o noso estado de
ánimo e ademais desenvolver a capacidade linguística para expresar con
palabras as nosas emocións. Un autorretrato descríbenos tanto por fóra
como por dentro, intentando ademais dunha representación das nosas
características físicas, reflectir a nosa personalidade...
Ainda que temos moitas posibles interpretacións dos debuxos dos nenos e dos maiores (das que recollo unhas cuantas abaixo), facendo estos autorretratos, nos só intentamos coñecernos, divertirnos e expresarnos tanto a nivel plástico como oral.
A cabeza e a cara son as partes máis expostas á vista, as máis
expresivas do corpo e son o centro da comunicación.
Son as máis fáciles
de debuxar para os nenos xa que son as primeiras das que son conscientes. En elas inclúen máis detalles polo que é un dos
primeiros debuxos que realizan os nenos. A boca aparece nos debuxos dos
nenos case á vez que a cabeza, por que é a parte do seu corpo máis
importante para a súa supervivencia e os dentes adoitan aportar un toque
de forza ou rebeldía á personalidade de quen a debuxa. Os ollos
reflicten a comunicación social e son o punto principal
de concentración do sentimento.
En canto ao pescozo unindo a cabeza e o tronco interprétase a súa
omisión como un factor de inmadurez, aínda que nos nenos pequenos é
normal mentres non son conscientes da súa articulación. O tronco, nos debuxos infantís, redúcese a unha simple forma ovalada,
cadrada ou circular: as figuras redondas asócianse aos debuxos menos
agresivos, mentres que as figuras cadradas ou angulosas asócianse máis á
forza. Cando dibuxan os ombreiros, a súa anchura considérase a expresión máis común da forza e perfección. Os brazos e as mans sérvennos para alimentamos, para vestirmos, para traballar... e
a forma en que se debuxan ou se omiten, relaciónase coa evolución da
personalidade e a adaptación social. Cando os debuxan estendidos adoita
implicar expontaneidad e si o fan pegados ao corpo poden reflectir
timidez... Máis non sempre interpretar os dibuxos infantis é tan doado.
Recibimos a visita de Carlos, o pai de Clara, que é profesor na Universidade e falounos de virus, bacterias, bacilos e outros "bichiños" moi pequenos que viven no noso corpo. Trouxo un kit de saliva e preparounos unha placa cun cultivo da que sacou da boca de Clara. Tamén fixo outro de mofo, para comparalos. Trouxonos unha estufa de cultivos para deixar a placa dentro, para que as bacteias e o mofo medrasen coa calor. Empregamos a lupa do colexio para ver virus... e con todo eso tivemos unha xornada moi científica e entretida. !
Despois Clara escribeu na pantaia
os nomes do que nos falou Carlos: bacterias, virus, cocos, bacilos
etc... e logo todos escribiron e dibuxaron a experiencia. Ao día
seguinte pudemos comprobar como medraran as colonias de bacterias:
parecían como boliñas de xelatina brillantes.
Iker trouxo a clase a seu avó Paco, un artesán que traballa en case todo: madeira, latón... Chegou cunha bolsa chea de ferramentas e de aparellos que el mesmo fixo: candís de carburo, farois, marcos, coadores, regadeiras, chocolateiras, litros, medios litros e cuartillos, tinas para levar a roupa, outras para muxir as vacas, sellas... e moitas cousas máis que nos ensinou e das que ademáis nos explicou o seu uso nas casas de antes... cando case todo se facía a mán. Notábaselle que disfruta co seu traballo!. Despois explicounos como se estañaba e as ferramentas que se usaban para traballar as latas.
Aínda que todos querían falar á vez, foi unha mañán moi entretida na que descubriron que non todo se merca nas tendas e que hai saberes e oficios que por desgracia se están a perder e dos que só quedarán rastros nos museos... Deixounos xogar cunhas cuantas pezas (case lle esmendrellamos a chocolateira...) e despois dibuxamos ao avó Paco e os seus artiluxios.
Iker fixo de orgullosos axudante de seu avó e Rita sacou fotos (que xuntei coas que saquei eu) e tamén nos mandou un pequeno video que editei para poder subir.
Aquí están as fotos da mañán.
Grazas a Paco por todo o que nos ensinou e a Rita e Iker por traelo a clase!
O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e o centro foi aparecendo envolto nunha performance poética que xurdeu por iniciativa do Equipo de Educación Infantil. Os nenos están entusiasmados co proxecto e andivemos polo patio observando, comparando e lendo os poemas escollidos polas outras clases. Nós repartímonos en cinco grupos e cada un escolleu un poema dos que fomos lendo na clase. Todos son de autores recoñecidos, excepto o que encabeza esta entrada que é o que inventara Comba cando fixemos os poemas de choiva e do que está particularmente orgullosa. O seu grupo escolleu ese poema por suposto... Aínda non rematamos, e para a semana esperamos expoñer os que faltan. Ademáis queremos
pedirvos a vosa colaboración en esta iniciativa. Os nenos levaron hoxe a nota que
vos poño abaixo na que se explica como podedes participar e os
materiais máis axeitados. Os traballos serán expostos polo exterior do
centro xunto cos demais. Tedes máis información no blog da biblioteca VER +.
Sergio quixo compartir con nós o invento do submarino. Trouxo información de internet sobre o seu inventor: Isaac Peral e despois na clase seguimos buscando máis cousas. Vimos como se metían antiguamente baixo o mar, empregando uns complicados e pesados traxes de mergulladores. Comparamos cos traxes máis modernos e dibuxámolos na ficha sobre o invento.
Despois propúsenlles facer un minisubmarino dentro dunha botella de plástico, con tres globos e unha tuerca. Despois de probar a aplicar a suficiente presión nas paredes da botella conseguiron dominar a mecánica do submarino e ademáis Clara contounos como o entendera ela nun programa que veu na tele (aínda que cando fixen o video comete un pequeno erro, nótase que o entendeu perfectamente).
Escoitamos en inglés yellow submarine dos Beatles e ademáis con Merce cantaron unha versión en español da que vos poño un pequeno video.
UNDER THE SEA é un espectáculo da compañia Face to Face realizado por nativos de inglés. En esta actuación era unha serea (mermaid) que vivía no fondo do mar e que lles cantou entre outras as cancións de "Head, shoulders, knees and toes", "under the sea"... onde ían aparecendo distintos animais acuáticos: lobsters, crabs, sharks, starfish.... algúns dos cales levamos preparados como marionetas de pao. Da serea encantoulles o brillo da súa vestimenta... aínda que a un escoitaselle "é un disfraz!". Coa axuda de Sam, o cabaliño de mar, pediulles a participación ós nenos como axudantes aos que revisteu de músicos, peixes e tiburóns.... e algún "saltou" directamente o escenario.
Tamén tiñan quelevantarse, bailar e cantar e todo en inglés. Nun momento recurreu á axuda da Raiña María para conseguir unhas pernas para correr, camiñar e saltar e fixo que todos coreasen a toda voz "I want legs, I want legs!". Foi moi divertido e pasárono moi ben.
Despois do contacontos, despedímonos da serea e voltamos a clase onde dibuxamos fondos mariños nos que puxemos sereas, peixes, polbos, cabaliños de mar e outras especies que decoramos cunhas "pedras preciosas" que nos regalou Sole a mamá de Clara e coas que estaban fascinados!. Servíronnos para facerlle escamas aos peixes, xoias as sereas e para decorar os fondos.
Estreamos porta! Aínda que nos costou moito desfacernos da porta dos renos, ás veces é necesario renovar.... Cando foi a Candelaria e polo san Brais, falamos do casorio dos paxariños, de refráns (o do paxaro que cando chove mete o rabo na silveira dounos para unha saida a Castrigo) e enchemos unha árbore con uns cuantos... Pero despois decatámonos de que eran todos diurnos e escollimos para facer outras aves que son nocturnas: os mouchos. Como non tíñamos sitio para poñelos, estiveron pendurados dentro ata que fixemos esto: decoramos a porta cunha árbore onde repousan todos os mouchos!
A árbore co casorio dos paxariños e a porta dos mouchos:
Rubén trouxo unha ESTREPIA a clase para mostrarnos un invento que cambiou a forma de cociñar fai moito tempo. Cando vimos como se usaba para poñer as potas no lume e cociñar acabamos xogando coas potas da clase. Algún recordaba ver estrepias decorando na casa dos avós pero pouco máis. O primeiro pensaron que tiveron que inventala os homes primitivos.... Pero Clara dixo que eso non podía ser porque cando traballaramos ese tema o ano pasado averiguamos que non tiñan cousas de ferro.... Así que acabamos falando dos homes da edade de ferro, que viviron moito máis tarde e sabían convertir os minerais das pedras en obxectos máis duros e resistentes. Despois vimos como eran as cociñas antiguamente.... e recordamos o conto de Croniñona que foi o que dera pé a aquel traballo que tanto nos gustara.
O invento e o inventor que nos explicou Ana foi O PAPEL: Tsai Lung no ano 105 na China. Pero na rede descubrimos que xa en Exipto xa facían algo similar coa planta do papiro. Na China empregaban trapos vellos e lixivia para blanquear, corteza de moreira e casulos de seda para darlle brillo. Antes do uso do papel a xente empregaba pedras, barro, pergamiños de pel de ovella e outros materiais similares para deixar constancia dos seus escritos... O invento que nos trouxo Ana dou moito de sí, porque pudemos investigar a historia da escritura ao longo do tempo...
Tamén vimos varios videos de como se facía o papel e como foi a historia dos soportes da escritura. Como nós xa fixéramos "debuxos rupestres" na nosa cova primitiva, pasamos a escribir en pedra (temos na clase unha de pizarra da que recubre o colexio), logo probamos co barro (decoramos unha plancha co noso nome) e despois fixemos papel reciclado a partir de periodicos vellos.... Aínda non rematamos xa que fixemos moita cantidade de pasta de papel...
Dentro do traballo sobre os inventos que cambiaron o mundo Álvaro trouxo A POLEA. Explicounos que na casa averiguaron que foi un invento dos homes primitivos e nós despois investigando na rede, atopamos que foi un grego chamado Arquímedes fai máis de 2000 anos o que figura como inventor "oficial", xa que foi o primeiro que o puxo por escrito nun documento para o seu rei. Cadrou que na clase eu tiña gardado un aparello con dúas poleas dunha experiencia anterior e os nenos estiveron comprobando si realmente era máis doado levantar pesos con ela. Logo escribimos e dibuxamos a experiencia.
O escritor Rafa Vilar (Cee) estivo na clase o xoves e agasallounos cos seus libros Patente de corso (pequeno dicionario pirata) e Acuarelas. Patente de corso é un libro sobre piratas que gañou o premio Arume de poesía para
nenos da Fundación Neira Vilas e no que
os corsarios non son violentos senón que gastan moito sentido do humor. En Acuarelas temos o circo das maravillas, unha pantasma con
asma, un vendedor de globos... e moitos máis protagonistas deses poemas.
O máis importante de esta visita non era que Rafa fose escritor senón que é o pai de Comba e Xoel. Despois de presentarnos, leunos algúns dos seus poemas pero non tíñamos o día de prestar atención, así que fomos cambiando de actividades cada pouco e deixamos que Comba e Xoel fixesen as rutinas na PDI (aínda que estaban tan nerviosos que non daban pé con bola...). Tamén nos contou o proceso de escribir e editar un libro e que el primeiro sempre fai un borrador a mán que logo pasa a ordenador. Despois intentamos facerlle unha entrevistapero no canto de preguntarlle... cada un contáballe algo a Rafa. O que máis lles gustou da visita foi o botín que trouxo: chocolatinas e moedas de ouro para compartir!. E como os libros quedaron na clase poderán levalos a casa cando queiran.