martes, 19 de abril de 2016

Patri, Alex, Nico e o conto de Garbanciño

    Patri, a nai de Nico e de Alex, foi a nosa convidada para a hora do conto e os dous estaban entusiasmados. Bueno, xa levaban varios días avisando de que viña a súa nai. Eso sí: decían que a súa mamá "non traía conto".
   Cando chegou estaban preocupados xa que efectivamente Patri viña sin un libro e tivemos que recordarlles que non sempre o precisamos para contar o conto xa que o traía "na cabeza". Trouxonos uns dibuxos para apoiar a historia de GARBANCIÑO: un pequeno taaaaan pequeno como un garbanciño, que a pesar do seu tamaño quere axudar aos seus pais e métese nalgún que outro lio por non escoitalos e facer o que lle mandan... Como seguro lembrades no conto tamén salen un CABALO, unha VACA e unha LEITUGA...

    Durante a sesión, que foi un chisco movida, xa que víñamos do recreo de aproveitar  o ratiño de sol para baixar por fin ao patio de area. E con toda a emoción e a enerxía que traíamos acumulada, a música de Mozart que estabamos escoitando para relaxarnos aínda non fixera moito efecto....
   Como sempre algúns prestaron moita atención e outro andaban "algo despistados", pero escoitamos o conto de Garbanciño e despois fixéronlle preguntas a Patri. E chegaron a conclusión de que hai que escoitar aos papás e facerlles caso non alonxandose deles (nin falar con descoñecidos, recordou outro), para non estar en perigo....


   E nestas chegou a hora de recoller para vestirnos e marchar. Despedimos  a Patri, que nos deixou os dibuxos para colorear na clase.
Moitas gracias por vir Patri!


domingo, 17 de abril de 2016

María José, Lucas e Cocorico

  O venres foi o turno de Mª José, a nai de Lucas F, que nos trouxo o conto de Cocorico, que é un dos nosos favoritos. Un conto "de medo" no que o pequeno Cocorico anda asustado polo terrible Gato Pelado e o seu arrepiante Marramiau. Tamén ten unha parte matemática na que nos introduce  nunha cantidade e na súa metade..

      Primeiro presentamos a Mª José, que por suposto se chama "Mamá", vimos o seu nome no encerado, contamos as letras que ten e despois cada un foille decindo o seu, aínda que a algún lle costou prestar atención.
 Lucas estaba impaciente por axudar a mamá a pasar as follas.... e por compartir con todos os gusanitos que nos traía a súa mamá... Cos gusanitos fixeron coma Cocorico: só deixaron as migas!
 Despois houbo unha pequena sesión de preguntas: por qué Cocorico tiña medo de Gato Pelado, por qué non compartía o biscoito e sobre todo por qué o gato pensaba que lle caía o tellado na cabeza... Nós coñecemos o conto e tamén a versión cantada que algúns intentaron cantarlle a Mª José (pero os nervios non lles deixaban...). Aquí vos poño o enlace : CANCIÓN DE COCORICO


  E de remate, aplaudimos a Mª José por traernos un conto terriblemente  divertido  no que os malos poden facer trasnadas e meternos medo, pero teñen o seu castigo ao final, que é como deben rematar os contos para eles... 

Lucas e a súa nai. Moitas gracias por vir Mª José!

xoves, 14 de abril de 2016

A Carapuchina vermella da nai de Paula

   Hoxe foi o turno de Paula, que invitou á súa nai para lernos o conto de Carapuchiña Vermella. Paula estaba tan emocionada que case non dixo palabra!. Sandra chegou cunha maleta negra que xa os intrigou cando a viron, porque os impacientes querían ver o que contiña.
   

   Primeiro presentámonos e algúnha púxose tan nerviosa que non lle saía nín o seu nome... Non é o habitual porque normalmente falan polos codos....

    Despois Sandra comezou a sacar cousas da maleta: O conto de Carapuchiña vermella, e varias marionetas co personaxe principal. Paula, ensinounos no móvil unhas fotos que sacou con súa irmá María e a "Carapuchiña de verdade"

      Carapuchiña, nas máns de Paula que estaba de axudante de mamá,  transformábase no  lobo e despois na avóa... É un tipo de títeres moi interesantes que teñen os tres personaxes principais nunha sóa peza, só con darlle a volta.


Tamén nos mostrou varias carautas dos personaxes: 
    Un público bastante atento na súa maioría, sobre todo porque, aínda que a historia é un clásico, esta versión tiña un pequeno cambio, xa que o que aparecía no bosque era o fillo do lobo feroz... Que se parecía ao lobiño bo de "Feliz feroz"... Eso sí, Carapuchiña segue a ser un chisco desobediente falando con calquer descoñecido como me dixo Jordán ....
   Despois fixéronlle algunha pregunta sobre o conto, principalmente sobre o cazador e a súa machada... Acabamos falando de motoserras...
   E rematamos porque chegou Gloria con Cheeky Monkey para a sesión de inglés e deixounos abraiados co seu  "Very Big  Bad Wolf !". Vamos: o enorme lobo malo de toda a vida!
    Aquí están Paula e Sandra, que ao principio me decía que estaba un chisco nerviosa polo público. Certo que non é o mesmo contarlle un conto a unha ou dúas sentadiñas no colo ou na cama, que a 25 que non paran, pero xa vedes que aínda que movidillo  é un público entregado.... Gracias Sandra por vir a pasar este ratiño con nós!




mércores, 13 de abril de 2016

O disfraz de superheroi da nai de Lucas

   Continuamos coas visitas lectoras. Lucas A. invitou a Belén e Belén trouxonos un libro con moitos contos: un deles era "O disfraz de superheroi". Lucas estaba moooi nervioso e emocionado cando nos presentou á súa mamá.



   O conto  trata dun neno que, casualidade, tamén se chamaba Lucas. A súa nai faille un disfraz de superheroi con cousas que ten pola casa: un gorro de ducha, un rombo cunha enorme L cosida e telas para a capa.... Pero os disfraces hai que probalos. E Lucas ten a ocasión de rescatar ao seu gato Zarpas que sube a unha árbore e logo non se atreve a baixar...
  O público presentándose. 
 Fixeron preguntas sobre o gatiño. Sobre todo querían saber qué se lle perdía subindo á árbore?. Algúns decían que o conto non estaba rematado... porque era moi gordo e Belén non o lera todo....
 
 Despois tivemos que cambiar de actividade porque a capacidade de atención é limitada.... Contámoslle a Belén algo do que estamos aprendendo sobre o Quijote... (fixemos algo de teatro... xa vos contaremos)
Lucas A. despedindo á súa mamá. Gracias por vir Belén !



Visita da nai de Carme

   Dentro das actividades previstas para conmemorar o mes do libro este luns recibimos a Goretti, a nai de Carme. Foi a primeira en vir a clase a lernos un conto. Carme estaba encantada de compartir con todos a súa mamá e todos están impacientes por traervos a clase.

  Primeiro presentámonos e despois Goretti leunos a historia dunha fadiña algo diferente que non podía voar, xa que nacera coas ás mal. Pero non lle importa, xa que consigue superalo e aproveita para voar o vento que fai caer as follas no outono ou as folerpas de neve no inverno...

   É un conto interesante para falar das diferencias e de como superalas. Carme escolleuno porque lle gusta moito. 
  Cando rematou de ler, fixéronlle algunhas preguntas a Goretti (sobre todo preguntaban por qué a fada non podía voar) e dixéronlle que lles gustara moito o conto.
  O atento público. Case todos...
 Carme despedindo a mamá. Moitas gracias Goretti!

venres, 1 de abril de 2016

Naceron os tulipáns na Maía.

  Despois de moito esperar, por fín naceron os tulipáns que plantamos no outono. O primeiro baixamos a velo antes das vacacións de Semana Santa e o resto agora. Valeu a pena esperar tanto!. Agora destacan no medio dos narcisos amarelos e os allos blancos de monte que plantaran outros nenos antes que nós no xardín. Baixamos a observar as diferentes cores (vermellos, rosas, blancos) e tamén os contamos.

Así de bonito está agora o xardín : 
 

Os encargados do xardín:

 E este foi o día que os plantamos:



sábado, 19 de marzo de 2016

Plantando patacas na Maía


    Dentro das obxectivos de Coñecemento do medio, está saber de onde veñen os alimentos, e como se producen, así que esta semana aproveitando o sol, fomos ó horto do cole e plantaron patacas de diferentes cores: as blancas do país e unha curiosa variedade francesa de cor violeta  (as vitelotte) que nos trouxo Ana de AL que tamén veu con nós (e Mónica encargouse das fotos).
   Troceamos en anacos, procurando que  todos tivesen xemas e cada un plantou a súa pataca. Todos menos Inés, que cando os demáis andiveron mirando o resto do horto sigueu emocionada plantando todas as que pudo!
                                              Agora toca esperar... moito!
 

sábado, 5 de marzo de 2016

Masas sensoriais

  Unha das actividades coas que máis disfrutan os pequenos son as masas sensoriais: con elas  traballamos o tacto e tamén o olfato, apreciamos distintas texturas e educamos os sentidos. Despois de experimentar coa area cinética  probamos a facer dous tipos de masas blancas moito máis suaves que, ademáis de ser divertidas, deron moito de sí: masa de maicena con loción corporal e masa de espuma de afeitar con cola blanca. (Estas últimas teñen que deixarxe previamente  na neveira). 

    Para preparar a primeira masa antes untamos as máns coa loción e ulímola. Como veredes no video todos querían remexer coa culler. Finalmente "metimos as máns na masa" e ademáis ao longo da semana empregámola para pintar neve e bonecos... Cando seca ten unha téxtura moi interesante. Creamos así o inicio para traballar e coñecer a corriente pictórica das pinturas matéricas que empregan materiais moi diversos. 



xoves, 25 de febreiro de 2016

Pan da Maía

  O pan é un dos nosos alimentos básicos, todos sabemos como sabe e onde o mercan mamá ou papá... pero non todos sabemos como se elabora. Así que leveilles a clase os ingredientes: fariña, levadura, un chorriño de aceite, unha pizca de sal e auga morna.
 
  
    Nunha cunha mesturamos todo e cando fixen a primeira amasadura, quedaron sorprendidos cando viron que a masa quedaba toda pegada nas miñas máns.
 Contamos coa axuda de Mónica e Andrea que tamén sacaron algunhas fotos cando eu estaba "coas máns na masa". Despois de amasar, probamos os ingredientes: algún probou a puñados! E tamén comemos un anaquiño de masa crúa: as opinións aquí foron dispares xa que a algúns non lles gustaba moito e a outros encantoulles... Despois notouse nos tamaños dos boliños....
    Ensineilles de onde sae a fariña porque tiña un bote con graos de trigo e falamos do conto dos 7 cabritos, cando o lobo enfariña as patas para enganalos.  A masa deixámola repousar e cando medrou un pouco cada un amasou o seu boliño. Gustoulles moito porque decían que era máis blanda que a plastilina.

      Logo repousaron outro pouco e metémolos no forno prequente a 180º, ou algo así, unha media hora. Deixámolos enfriar e cando volvimos de psico comemos os panciños. A clase arrecendía a pan de verdade!. E, aínda que nos quedou algo duro, porque o forno xa non regula moi ben, o pan non estaba nada mal!.      PAN DA MAÍA
 
((((Volveremos a facelo outro día, para aplicar o aprendido e tamén porque non estabamos todos.))))