Para levar os traballos do 3º trimestre cada neno decorou como quixo a súa bolsa. Empregaron rotulas, ceras e gomets e moita imaxinación!
Páginas
xoves, 29 de xuño de 2017
martes, 27 de xuño de 2017
Paco Nogueiras: Brinca vai na Maía!
Antes de rematar o curso asistimos á actuación de Paco Nogueiras que nos cantou cancións do seu disco Brinca vai: o antroido move o corpo, o samáin, meu o mundo é...
“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, con diferentes estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica. Os nenos cantaron e bailaron sen parar a pesar da calor e tivemos sorte xa que corría unha pequena brisa. Eles estaban entusiasmados e a que máis Inés que bailou ata que non podía máis!.
Ao final falamos con Paco e sacamos algunha foto. Jordán preguntoulle como fixo "para cantar tan ben" e Paco respondeulle que "practicar moito" como en todo o que queremos facer ben..
Unha anécdota: o día antes Marta preguntoume que iba facer Paco (contesteille que "cantar, claro") e díxome "pero ni magia, ni cuentos.... nada más?. E toda seria díxo: "me parece poco". Pois cando estaba no medio da actuación veu onda mín toda emocionada e díxome "ya no me parece tan poco, me encanta!". Menudos críticos pequenos jeje
Neste video que tamén puxen na web do cole, temos algúns anacos da actuación e ao final moitas fotos do ben que o pasamos. Grazas Paco!
luns, 26 de xuño de 2017
Pintando no chan e deseñando o patio de recreo
Moitas veces colaboramos para pintar no chan obras en formato grande e esta vez foi despois de ver imaxes e videos de arte aborixe australiano. Algúnhas empregámolas despois para forrar e decorar as columnas da sala de psico. Tamén deseñaron o parque de xogos que lles gustaría ter. Sobre todo tíñan que colaborar e respetar o traballo dos compañeiros....
Para deseñar o parque foron pensando en todo o que lles gustaría que tivese o noso: espacios grandes para pasear, fontes, estanques, tobogáns, area e sobre todo moitas árbores (algúnhas con froita) e flores.
Non están nada mal as súas ideas: sería o patio de recreo ideal de calquer colexio!
Non están nada mal as súas ideas: sería o patio de recreo ideal de calquer colexio!
martes, 20 de xuño de 2017
Xogos de fin de curso
Xa estamos despedindo o curso. Hoxe os alumnos de infantil participamos nun obradoiro de xogos organizado polo Equipo de Actividades extraescolares do colexio. Participamos por niveis e con diversos grados de dificultade. Mavi preparounos varios xogos de velocidad, habilidade e destreza nos que tíñamos que transportar auga dun barreño a outro sen derramala, transportar unha pelota entre dous sen deixala caer e facer canasta. Pasámolo moi ben e gañamos todos porque o importante neste caso era divertirnos e colaborar.
(Aquí estamos todos os de 5º facendo equipos)
venres, 9 de xuño de 2017
A calle: deseñando unha cidade
Para aprender a colaborar de maiores non hai mellor que traballar en
equipo desde pequenos. Entre todos fixemos estas calles e puxemos
edificios de varios tipos nos que tiñan que coordinar tamaños, cores e
espazos para colocar todo. Cando rematamos cos edificios, pensamos que
tamén precisaban aceras... e árbores e moitas cousas máis.
Desde logo saleunos unha cidade chea de cores, de aceras amplias e de árbores...
Así rematamos as dúas primeras
calles, pero despois pensaron que a xente que vivía nas vivendas
(familias con nenos) precisaba algo máis... así que comenzamos a pensar entre todos.
Díronse
conta de que para vivir e traballar e xogar precisábamos colexios,
parques, supermercados, cuarteis da policía, hospitais e centros médicos, tendas de roupa, tendas de zapatos, de comida, aceras,
semáforos, transportes etc...
luns, 5 de xuño de 2017
A galiña azul de Carlos Casares anda pola Maía!
Polo xardín do cole apareceron o Día das Letras Galegas unhas galiñas azules como a de Carlos Casares. Pareceunos moi divertido!. Despois de contar a historia desta galiña azul tan peculiar que ten 5 plumas vermellas e pon ovos de cores puxémonos a dibuxalas e con elas imos participar no concurso convocado polo equipo de Dinamización linguística.
Antes tivemos que buscar na rede como eran as galiñas de verdade.... porque algúns decían que non sabían dibuxalas... Pero probamos e quedaron así:
Natalia, Jordán e o tesouro do pirata Alpargata
Jordán e súa nai, Natalia, contáronnos a historia de como o pirata Metepata se convirteu no pirata Alpargata despois de ir perdendo anacos do seu corpo polo mar adiante e convertirse no único pirata no mundo que en vez de levar unha pata de pao leva alpargatas...
Traía o barco do pirata e un mapa do tesouro que indicaba un montón de pistas agochadas pola clase. Cada pista lles propoñía unha proba a superar para conseguir atopar o tesouro do pirata.
Unha sesión moi
divertida na que todos participaron emocionados e máis aínda cando
atoparon e conseguiron abrir o tesouro cos polvos de fada: unha morea de monedas de ouro que foron contando e comendo ao longo dos días....
Na montaxe tedes fotos e videos da sesión.
Etiquetas:
animación á lectura,
conto,
visita,
xogo
domingo, 4 de xuño de 2017
Tendal de poemas: o carrizo de Manuel María
A nosa clase participou co poema "O CARRIZO" de Manuel María na proposta do TENDAL DE POEMAS do Concello e os equipos de Dinamización Linguística de todos os centros de Ames para o Día das Letras galegas..
Tíñamos que escoller ou crear un poema relacionado coa natureza e escollimos este pequeniño sobre un paxaro tamén moi pequeniño. Escribímolo e ilustrámolo entre todos, pero escolleron a Marcos para dibuxar os carrizos porque "debuxa moi ben" ... e despois xa non chegaba a tela!
![]() |
| premer AQUÍ para ver a entrada na web con todo o tendal do colexio |
No video-montaxe están as fotos de como ilustramos e escribimos o poema e de como todos "probamos" o vestido. Estamos moi contentos co resultado: quedounos de diseño!
Etiquetas:
conmemoración,
ilustración,
Letras galegas,
poesía
sábado, 3 de xuño de 2017
Cristina, Leo e as xirafas non poden bailar
Dentro das visitas a clase Cristina, a nai de Leo, veunos ler o conto "As xirafas non poden bailar". Un conto editado por Bruño de Giles Andreae que ademáis das divertidas ilustracións de Gay Parker-Rees, fálanos dos respeto polas diferentes capacidades e habilidades que temos. E faino a través de Chufa, unha xirafa que cando na selva se organiza un baile sinte que é moi torpe e non pode facelo.... Ou sí???
Cristina contounos o conto con acompañamento músical que traía no móvil e, co libro, ensinounos distintos estilos de baile. Foi moi divertido!. O conto é tan bonito que non tardamos en mercar un para o cole. Ademáis Cristina regalounos outro precioso libro para clase que se chama precisamente así: "Un libro" de Hervé Tullet, (un artista que nos encanta!) e rematou a visita cunhas galletas de cores que fixo con Leo.
Moitas gracias Cristina pola visita e polo libro!
Etiquetas:
ilustrador,
libro,
música,
sentimentos,
visita
martes, 30 de maio de 2017
Os Fidget Spinners axúdannos coas letras
Polo visto (cousas da publicidade, así que hai moito que filtrar....), os Fidget Spinners "son un tipo de xoguetes antiestres que axudan a aumentar a capacidade de concentración e que se comercializan para pacientes con autismo, deficit de atención, ansiedade ou depresión....". Nin máis nin menos, pero xa digo: cousas da publicidade! Esta definición saqueina da Wikipedia e estamos vendo un debate sobre as maldades ou bondades do aparello...
Pero bueno é un xoguete como tantos que está aquí e ao que os rapaces están enganchados, así que porqué non sacarlle partido como material escolar?.
Hoxe Martina trouxo un a clase e quería enseñarllelo a todos: a correr lle dixeron os outros que ESO non se podía traer a clase. Pero díxenlles que si primeiro facíamos as rutinas de entrada con calma, despois deixaríaos xogar co spinner "para aprender".
Foron capaces de agardar e pegueille en cada extremo unha letra... (non é novo: vín algo parecido na rede). Despois fixérono xirar por turno e tiñan que pensar palabras que comezasen pola letra que lles quedase cara fora da man.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















































