mércores, 20 de maio de 2020

Unha cantiga de maio con Iago

"Xa chegou o maio, florido i galán, chegou tralo inverno i antes do verán". Esta é a letra da sinxela e preciosa cantiga que lle contou a avóa a Iago e que el nos recita aquí.
  E mandounos unhas fotos de cando foi de paseo polo río a recoller herbas e flores silvestres para facer o maio que vos propuxemos nas tarefas. Unha actividade que a Nuria lle trouxo recordos da infancia xogando ao aire libre na casa da avóa e que, de seguro, cando medre Iago vai recordar tamén. 
Deixaron as flores na fiestra en vísperas do día das letras Galegas
e despois fixeron este bonito maio! 



 

Un paseo polo río con Pedro

Pedro foi pasear polo parque do río e recolleu fentos, paos, flores e follas para facer esta bonita  composición de maio: unha parella de tartarugas
Tamén nos mandou este video onde podemos escoitar a auga do río e o canto dos paxaros.  Un sitio precioso para dar unha voltiña e respirar aire fresco! 
 

martes, 19 de maio de 2020

Abril, un lagarto de cabeza azul... e un conto para voar alto!

Abril  comparte con nós varias fotos nas que está traballando na casa: recortando palillos para facer o seu nome. Cóntame Carola que no bosque fai as letras coas follas dos pinos, que é máis divertido!
  Tamén nos enseña o dibuxo dun precioso lagarto verdinegro de cabeza azul que atoparon no bosque. O "lagarto das silveiras" é un dos mais grandes e fermosos que temos en Galicia (chega a medir máis de 40 cm!) e aos machos cando están en celo pónselle a cabeza moi azulada. Abril e Vera quedaron encantadas de velo. Póñovos unha foto ao lado do seu dibuxo para que vexadas que bonito é!. Que sorte tiveron de poder velo xa que cada vez quedan menos!.  
 Tamén o pasou moi ben pintando con pincel e témperas as letras do alfabeto e decorando mandalas.


 E sempre procuran dedicarlle un momento aos libros: Vera a veces encárgase de lerllos a Abril. Na foto están con un precioso libro "para pensar" escrito e ilustrado por  Raquel Díaz Reguera : "As nenas serán o que queiran ser".
  Este libro é a continuación de "As nenas voan alto", onde tres amigas teñen grandes soños (ser piloto, ser violinista e ser unha gran escritora). Pero a banda de Don Nonoconseguirás énchelles os bolsillos de pedras (os mensaxes negativos) para que non poidan voar e conseguir os seus soños. Nos dous libros a banda  intenta evitar que as nenas sexan libres e felices. Pero elas contarán coa axuda do Sr Siquerespodes. Trata sobre as espectativas das nenas (e tamén dos nenos) e da importancia dos mensaxes positivos.

luns, 18 de maio de 2020

O maio de Martín

  Unha das propostas para este mes era facer un maio, podía ser  tipo clásico de cono, de alfombra ou con materiais que tivésemos pola casa. Martín aproveitou a saída polo monte e recolleu xestas, fentos, estalotes  e pampillos e fixo  un maio de alfombra e outro de cono. Cos pampillos amarelos fixo a letra M do seu nome. Precioso traballo Martín!
 
 
 
 



sábado, 16 de maio de 2020

Diseñando camisetas con Jhon E.

Jhon E. mándanos unhas fotos de como lle quedou a camiseta decorada con virutas de ceras. Lembrade que era unha das propostas: virutas, deseño e plancha para fixalo. Puxo o seu nome recortando as letras e espolvoreando as virutas arredor e papá fíxolle a silueta  do seu peluche favorito desde que era bebé: o coelliño Kito

 Cóntame Lía que Kito xa ten moito vivido: viaxou con Jhon E. a moitos sitios, estivo perdido e foi atopado, perdeu as orellas nun accidente caseiro e mamá volveullas coser de coloríns... e agora queda como un precioso recordo en esta simpática camiseta de "diseño exclusivo".


Contos, xogos e paseos ao aire libre con Lia

Lia traballou coas fichas dos contos que estivo vendo e nas que sinala que lle gustaron moito: xenial esa Mariluz avestruz e o Sapo Castrapo da casa da mosca chosca!. Tamen se dibuxou ela fronte ao coronavirus.
  Tamen estivo xogando co tres en raia  que fixo reciclando tapóns de bebibles. Un xogo perfecto para estimular a atención xa que só se perde si te despistas... Se premedes no enlace da wikipedia veredes un montón de curiosidades deste xogo tan sinxelo.  O mikado é un xogo  que precisa de destreza e habilidade para controlar a man e a coordinación ollo-man e que axuda ao desenvolvemento da motricidade fina

 E aquí Lia dentro do seu castelo, xa sabedes que coma no conto: unha caixa non é só unha caixa!. As posibilidades, como a imaxinación, son infinitas!.

 Cóntame Lupe que a Lia lle gusta moito ver aos seus compañeiros no blog, así que tamén nos manda esta foto con Jan. Os dous  disfrutando en bici e patinete  dos paseos  ao aire libre pola natureza: o mellor xogo!

mércores, 13 de maio de 2020

Xilófono de auga e outros instrumentos con Pedro

 Hoxe Pedro quere compartir con nós as actividades nas que traballou seguindo as propostas de música. Na primeira tíñades que crear un instrumento e Pedro fixo un xilófono de auga con botes cheos de distintas cantidades de auga. Xenial Pedro!👏👏.  Desta maneira tan sinxela xa temos un instrumento de percusión. Este ten tres notas, pero si vos animades podedes intentar facelo con máis botellas hasta conseguir a escala completa. Logo xa afinalo depende do oido de cada un... 😉
  Tamén nos manda uns videos nos que toca unha trompeta de xoguete e un trombón máis grande que el coa axuda de papá!. Fan falta bos pulmóns para tocar un instrumento de vento así!.
  Outra parte da proposta de Música era debuxar  instrumentos, e Pedro escolleu  estos: de vento a flauta, de percusión o tambor e de corda  a guitarra.👌

martes, 12 de maio de 2020

Contos, rexistros, bichos... e unha mensaxe de Iago!

 Cóntame Nuria que Iago está a facer moitas cousas estos días. Tódalas noites aproveitan ese momento antes de durmir para ver algún dos contos que enviamos e, aínda que moitos xa os viu 3 ou 4 veces, encántalle velos de novo e  despois recórdaos para facer as fichas.
 

  Observaron o ciclo da auga a través da bolsa que colgaron na fiestra: viron como se evaporaba e empañaba a bolsa e logo viron as pequeñas pingas de auga. Esta experiencia sirve ademáis para explicarlles que a auga non é un recurso ilimitado: sempre é a mesma e por eso temos que coidala!.

 Levou diariamente o rexistro do tempo, e agora podemos ver moi ben documentado como foi o mes de abril: catro días de sol!.

 Fixo un gran traballo de observación e descripción cos insectos que lle andaban polo xardín: lagartixas, escaravellos das patacas, xoaniñas e mosquitos.

  Seguiron coas propostas e fxeron una botella sensorial con purpurina azul.  Tamén copiou a receta e fixo un debuxo do doce que lle axudaron a facer a avóa. Aquel  flan con biscoito que tiña tan boa pinta!😋
  E xogaron a formar palabras coas sílabas recortadas.
  Como tamén se ten que traballar co corpo dedícalle parte do tempo a xogar coa pelota: por suposto coa camiseta do Real Madrid, que é o seu equipo favorito. E por fín pudo saír a tomar o aire fresco, con responsabilidade, xa que Iago tamén está bastante concienciado co uso da mascarilla. 😷
.........................................................................
💓👉Transmítovos unha mensaxe da súa parte: "Parabens a todos os compañeiros e compañeiras que cumpren anos nestes días, esperamos que a pesares das circunstancias poidan disfrútalos coas súas familias".💋

luns, 11 de maio de 2020

Dioramas dos contos

 Unha das propostas que fixemos no mes do libro para 4 anos era a de crear con materiais que tiverades pola casa, un diorama, unha maqueta dun conto que lles gustase aos nenos. Empregastes: caixas, cartóns, telas, playmobiles, pezas de xoguetes, gominolas, tartas, dibuxos, recortes, plastilina, madeiras, a neve artificial da outra proposta, piñas, ramas... En fin moitos materiais diferentes e sobre todo moita imaxinación!. Coas fotos que me enviastes das vosas preciosas creacións fixen esta montaxe. 
 
(Si vedes que falta algún ou o fixestes despois, avisádeme para que volo engada)

Matisse, virutas... e carreiras felices con Abril!

Abril comparte con nós varias fotos das súas tarefas: pintando arcoiris con acuarelas, reproducindo dibuxos de libros, inventando e dibuxando "monstros" e xogando a crear figuras coas pezas do tangram.

 Tamén estivo coas propostas de arte: recortando pezas e creando obras estilo Matisse e sobre todo decorando as letras do seu nome con virutas que, polo que me conta Carola, foi o que máis lle gustou!. Eso sí: un mundo de recortes e virutas pola sala: os efectos secundarios das artes jeje😊

  Pero sobre todo co que máis disfrutou foi coa primeira saída a correr polo monte. Polo que me conta Carola, basta unha soa palabra para definir esa sensación: FELICIDADE! 






domingo, 10 de maio de 2020

Dinosauros, "parqués"... e bicicletas!

Jhon E. envianos unhas fotos dos seus traballos: escribindo, xogando coas sílabas, sumando e sobre todo dibuxando. Vexo moitas árbores, moi ceo azul, (que se ve que o precisan), animais e sobre todo dinosauros, que lle encantan! 
Tamén está a xogar ao "parqués", unha interesante versión de Colombia do parchís, que se xoga con dous dados o que obliga aos xogadores a ter que sumar a tirada para mover ficha.
  E por fín saleu á calle nas horas permitidas e moi ben protexido polas mascarillas de deseño que lle fixo a súa mamá. Así pudo disfrutar fora de xeito seguro e correr coa bici!. Parabéns ademáis por conseguir facelo xa sin rodíns!.