sábado, 29 de setembro de 2012

A CLASE DE CHANCLAS

     Aquí estamos outra vez, coas portas abertas para unha nova promoción de pequenos e pequenas. Deixei pasar uns días antes de poñerme a contarvos como nos vai na clase. Xa sabedes, estamos co periodo de adaptación: esa etapa na que aprendemos nomes,  encaixamos actitudes, aprendemos as rutinas diarias e coñecemos novos espacios. Parece doado, porque moitos veñen da garderia, pero todo ven sendo novo: profes, nenos, tarefas, costumes, materiais e hábitos... E no medio están os pequenos: 25 mundos con 25 personalidades... que temos que encaixar procurando respetar, apreciar e querer.
 ( E de paso polo medio temos todo o papeleo, esa bonita faceta do traballo que inclue programar, programar, programar, coordinar horarios-sudokus, reunións de ciclos, de niveis, de equipos de dinamización, claustros, facer a PXA, o PAT, o PEC etc, etc, etc... ). 

Aquí está a nosa entrada, un recantiño moi bonito do patio de area e a aula ... baleira.


       Ah! e esta é  a tartaruga da clase, que ten polo menos 15 anos e que este curso chámase Chanclas. Estábamos a pensar nomes e Clara dixo este que nos gustou a todos.
 E agora a nosa clase é a clase de Chanclas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!