domingo, 10 de febreiro de 2013

ANTROIDO DEPORTIVO E DOCE

    O antroido comezou deportivo e doce na clase. Chegamos vestidos de deportistas e cada un foi contando cal era o seu disfraz: xogadores do Barsa, xogadores/as "de España", árbitros, saltadores de obstáculos, tenistas, atletas, de ximnasia rítmica, ciclistas e varios máis. "Despois de tanto deporte entrounos a fame" e fomos poñendo nas mesas todos os doces típicos que trouxeron da casa para COMPARTIR e contando o que eran: un mundo de filloas e de orellas, rosquillas, rosquillas sen ovo, buñuelos, magdalenas, biscoitos ... e tamén houbo chourizos! 
     
    Nin que decir ten que comeron a fartar, antes do desfile. Despois de comer de todo, recollimos e limpamos as mesas e  xogamos un ratiño. Cando María chegou polas clases coa bandeira dos xogos, preparámonos para o desfile no patio, onde xa estaban os nenos de primaria.

    Aquí vai unha mostra do primeiro que fomos poñendo nas mesas... logo foron chegando máis doces!. E cando volvimos a clase  aínda seguiron comendo, xa que nos chegou outra enorme bandexa de orellas e aínda nos quedaban filloas! ...e seguían tendo fame! (como aínda así quedaron moitas cousas, ao final baixáronselles para o comedor). Gracias pola vosa colaboración!.


doces antroido 2013 - presentacion imagenes

    Esta é unha secuencia de fotos de como foi o desfile desde que chegou a bandeira a nosa clase e baixamos ao patio cuberto. Están mesturadas fotos miñas coas de Bea, a mamá de Emma, que me mandou moitas para compartir con todos. Así, vemos o festival desde varias perspectivas. 



 
   O QUE AS FOTOS NON CONTAN  :
    
       Por suposto o que as fotos non contan é a parte na que algúns se nos agarran das mans ou do que podían, asustados por verse no medio de tanto neno (case 700 e ademáis as visitas) e sobre todo tanto ruido (os maiores encantados, claro! e algún noso tamén...). Por moito que llo expliques, cando se ven no medio a cousa cambia, non había máis que ver de cerca algunhas cariñas!. Ao rematar o paseillo, subimos ao noso patio e logo, xa máis relaxados, decidimos baixalos á pista para seguir vendo o desfile e xogar cos globos que inflábamos Marta e máis eu, mentras escoitábamos "quero un, quero un!!!". Nas fotos tampouco está "o bonito momento" en que "ah! están comezando a caer unhas pingas!" e a facer frio", así que ... decidimos volvelos a subir. Volta a movelos!. É doado cando está un só grupo, pero aquí eramos 6 grupos mesturados por primeira vez nunha espazo novo para eles. Tampouco se ven os apuros de contar e recontar si os temos todos recollidos e controlados  (eso nunca se ve: pero como lles digo na clase os profes non somos pulpos, pero debemos vir de serie con ollos no cogote!). Unha vez, tempo atrás, un neno díxome: "non me contes tanto que non son un número, eh". Logo, cando che preguntan "viches tal cousa?", tes que decir que non , que ti estabas mirando para abaixo... e camiñando marcha atrás, coma os cangrexos. Para axudar a recollelos  e "entresacalos" do medio dos de 4 e 5 anos (que seguían no patio) botáronnos unha man os profes dos maiores e algunhas mamás que andaban por alí.
     Esta é a parte que non cabe nos cadros de horarios e nas programacións cando nos dín eso que nos encanta aos profes de infantil: "programa , programa..."  e logo trata de meter eso no Xade!". (Para os que non estades no allo o Xade é o programa de xestión de datos")

    Bueno, e como xa rematou o do cole, só queda desexarvos que o pasedes moi ben cos diferentes antroidos e tradicións que se espallan por toda a nosa xeografía nestas datas .

 E GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN COS DISFRACES  E COAS LARPEIRADAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!