domingo, 3 de marzo de 2013

DOUS RATIÑOS E UNHA PEDRA...

    Estos días contamos na clase dous fermosos contos de ratiños: "Rufus e as pedras máxicas" de Marcus Pfister  e "Frederick" de Leo Lionni. Recoméndovolos, xa que son preciosos tanto polas ilustracións como pola historia que nos contan, as emocións e os valores que transmiten. Cada ano contamos estes contos... e sempre lles atopo algo novo e fermoso.

    Rufus é un ratiño que vive nunha illa e atopa unhas pedras máxicas que iluminan e dan calor. O ratiño comparte o seu achado cos outros ratiños e ... a partir de esto hai dúas posibilidades. O libro ten dous posibles finais que os nenos analizan e valoran. Nun deles os ratiños víranse avariciosos e acaban destruindo o seu entorno e no outro comprenden que, si collen algo da illa deben dar algo a cambio...

     
     As cousas sempre poden ser algo máis do que parecen. Por exemplo unha pedra solta no camiño... Agora estamos a pintar as nosas propias pedras máxicas: o venres saímos fora e recollimos algunhas que estamos pintando de ouro. Xa veremos o que devolvemos nós a cambio!. (Igual nos serven para arranxar a saída de emerxencia!).



 
       No outro conto, Frederick é un ratiño que coñece a importancia de alimentarse de algo máis que palla e froitos. Con Frederick o seu autor transmite a importancia das palabras e que sempre hai algo máis que as cousas materiais. Nun dos diálogos do conto os outros ratiños pregúntanlle:

        -E tí, por qué  non traballas, Frederick? 
        -Eu traballo, respondeu Frederick  
        -Recollo raios de sol para os días frios do inverno!

      





  

     


      Cando chega o inverno, os ratiños esmorecen co frio e van acabando coa comida, están esgotados e famentos, pero entón lembran o que lles dixera Frederick ... e pregúntanlle polos raios de sol, as cores e as palabras que recollera. A resposta é un fermoso achegamento á importancia das palabras e da poesía, tanto para os ratiños coma para os nenos. 

 -------------------------------------------------------------------------

      No ano 2010 cumplíronse 100 anos do nacimento de Leo Lionni, que realizou albumes ilustrados de enorme e sinxela beleza que siguen emocionando a pequenos e adultos. (Este ano 2013 é o 50 aniversario de outra fermosa obra súa, "Nadarín", e si queredes coñecer máis de cerca a este autor, clicade aquí e veredes a páxina que lle adicou na súa web a editorial Ramdom House, con algún video do autor no que nos conta como creou ao seu ratiño máis famoso.) Moitos dos seus libros están publicados por Kalandraka, como Frederick, Nadarín, Pequeno azul e amarelo ou A casa máis grande do mundo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!