
Foi unha experiencia bonita , interesante e solidaria: a nosa primeira feira do libro.
Moitísimas gracias pola vosa colaboración!
(Aproveito para lembrarvos que na Alameda está instalada a Feira do libro, hasta o domingo, con poucas casetas (só dúas de Santiago: Aenea e Pedreira) pero sobre todo moita oferta de literatura infantil e xuvenil. Sempre me gustou desde pequena dar unha volta polas casetas... ten o seu aquel atopar cousas que xa coñeces, preguntar aos libreiros, ver o que busca a xente... e sempre atopas unha sorpresiña. E o mesmo me pasa coas feiras de vello, que nunca sabes o que podes atopar, sempre teñen algo interesante... Eu xa dín unha volta por alí e collín uns cuantos libros para a clase que lles están gustando moito.... Coma sempre, a feira ofrece tamén moitas actividades para pequenos e maiores. Clicade aquí para ver o programa ou entrade no blog da Biblioteca.
Nesta montaxe vedes a nosa propia feira do libro :
LIBROS SOLIDARIOS - foto montaje
Aquí podedes ver a cantidade de material conseguido entre todos.
Poranse máis fotos no blog da Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!