martes, 22 de outubro de 2013

MANDARINAS MATEMÁTICAS


      Estos días andamos probando froitas do outono e hoxe tocoulle as "mándarinas matemáticas" . Trouxen unhas cuantas mandarinas para probar e sentamonos na alfombra para repartir: plantexounenos un problemas, xa que empezaron a contar e ao tratar de repartilas non chegaban para todos. Así comezamos un problema de cálculo. Como poderíamos facer para que todos comesen o mesmo?: unha por mesa e sobraban, tres e non chegaban ... Ao final deron coa solución despois de varios ensaios-erros: dúas por mesa e sobraban unha (que me deron a mín ). Entón repartiron unha para cada dous , aínda que logo comezou unha pequena sesión de troco... E finalmente comemos todas as mandarinas matemáticas!


1 comentario:

  1. Ola! Eusonanxo (eusonanxo.blogspot.com) Un neno d'A Coruña. Coma quen dis, un galego-falante máis. Pero non por moito tempo, porque no meu cole non nos aprenden galego. Nin os números. Todo en español. Seica é cousa da liberdade, pero eu non o entendo. E ti? No teu cole tampouco che aprenden galego?

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!