domingo, 1 de maio de 2016

A visita de Elena

   Elena, a nai de Alma, veu o venres a leernos un par de contos moi interesantes e divertidos: "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXO AQUILO NA CABEZA" e "O LIBRO SEN DEBUXOS". Alma estaba taaaaaaan contenta de ter a súa nai na clase... que despois non quería deixala marchar!

    O primeiro é unha pequena clase de ciencias que nos introduce de xeito divertido na natureza da CACA: un libro escatolóxico que nos achega aos distintos tipos de cacas que fan os animais e que nos permitirá máis adiante falarlles da alimentación de estos e porque provocan tan diferentes excrementos.
   Ademáis, que un libro teña como tema a palabra CACA, parécelles moi divertido, xa que entra no que a moitos lles parece un territorio prohibido e restrinxido. 
    Elena viña preparada para unha sesión tranquila, pero ese día os rapaces estaban algo máis inquedos e algún pasou bastante dos contos e de nós... Qué lle imos facer: hai días que unha parte do público non está pola labor!. Pero tiramos para diante e os contos gustáronlles moito!.
     "LIBRO SEN DEBUXOS", deixounos intrigados porque están acostumados  a outro tipo de libros cheos de ilustracións, pero é moi interesante porque serve para introducir aos máis pequenos na idea de que A PALABRA ESCRITA é tan poderosa coma os debuxos e pode ser moi divertida... Por eso é moi importante alternar e  contarlles contos sen apoio visual (nen debuxos, nen videos), para que se percaten do poder da palabra para crear imaxes na súa cabeza....

                                        
    Despois dos contos buscamos na web imaxes e fotos de toupiñas e escolleron algunhas para colorear.  Podedes descargar esta:
  E neste kizoa tedes as fotos da sesión:
premer AQUÍ  para ver as imaxes
Moitas gracias Elena por vir a clase!


5 comentarios:

  1. A pesar de haber ido ya a leer alguna vez cuando su hermana estaba en infantil,estaba algo nerviosa pues suele ser un público algo exigente,es verdad que fuè un día raro pues estaban algo despistados de lo normal.... Era viernes,jaja.
    A pesar de todo fuè una experiencia que me encantó y a mi peque se le veía feliz,es una experiencia que recomiendo a todos los padres y madres si su tipo se lo permite.
    Gracias Loli por ponérmelo tan fácil y el vídeo me encanta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a tí por vir: Alma estaba encantada. Non tanto cando marchaches...

      Eliminar
  2. Qué bonitooooo!!!!! 😍😍 Me queda pena de no haber podido hacer un hueco para ir.... Para la próxima sin falta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mayte, cando poidas avísame e buscamosche sitio porque Martina ten moitas ganas de que veñas. Aínda queda moito curso!

      Eliminar
  3. Pois se todavía é posible a ver se un día destes te chamo e achégome. Grazas!!! ☺️

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!