venres, 30 de xuño de 2017

Festa de fin de curso

    Para rematar o curso fixemos unha festa. O día antes escolleron o que querían para a merenda e merqueino. Trouxemos globos e xogamos con eles e despois bailamos coa música do Brinca vai de Paco Nogueiras.
    






    Tamén saímos fora a buscar as flores silvestres para o San Xoán  e falamos das tradicións para ese día, as cacharelas con leña de distintas árbores, as flores para preparar auga máxica e perfumada ... e, ao voltar, tomamos un plato de sandía fresca. 

E despois despedímonos ata o vindeiro curso!  Vémonos en setembro!


E non está mal esta PROPOSTA PARA O VERÁN que fixo Carme
                                         despois de escoitar "O verán" de Vivaldi.


2 comentarios:

  1. Que gran fiesta para despedir el curso... Uno más, ahora a por el último con las pilas recargadas.
    Que pases unas buenas vacaciones y descansa mucho..

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Elena! Agora toca descansar (pensando no vindeiro curso) para volver coas pilas como novas!Bo verán a todos e a todas!

      Eliminar

Comentarios: a túa opinión conta!