domingo, 29 de outubro de 2017

Xogos, arte, marmelos e experiencias en outubro


  Durante este mes fixemos varias experiencias. Unha delas foi gastronómico matemática. Resulta que Leo trouxo para compartir un anaco de doce de marmelo que fixo súa nai. (Moitas gracias Cristina: estaba delicioso!). Convertímolo nun problema matemático cortando o marmelo en mitades: tiñan que ir calculando cantos cortes precisabamos para que todos o puderan probar. E sí, ao final deu para todos. Despois lembramos ao pintor Antonio López que tiña no seu xardín unha árbore de marmelos e os pintaba.... e nós fixemos o mesmo.
   Falamos da importancia da auga para os seres vivos: xa comprobamos que a bandexa con cesped e o boniato que tiñamos na ventá estaban secos. Ninguén os regara, claro. (Desde que volvemos e o regamos, o boniato brotou de novo e mide case un metro). Eu mostreilles unha bola que levaba na caixa de materiais da natureza desde que eran pequenos. Curiosamente non lle deran importancia porque pensaban que eran paos secos.... Cando lles dixen que era unha planta viva (unha rosa do deserto) non o creían.  Formularon moitas hipótesis (a base da ciencia) sobre o que podía pasarlle si lle dábamos auga. Metémola  nunha xerra para comprobalo: primeiro flotou sin que lle pasase nada e logo foise abrindo e afundindo ao longo da mañán.... Pode vivir anos aparentemente morta e revivir  coa auga... Aquí levaba tres anos completamente seca!
 Como estamos a traballar a recta numérica, un día convertímonos en números e xogamos a colocarnos en orden ascendente e descendente e  ver quen levaba o anterior e quen o posterior....


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!