Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril tivemos a visita da narradora e escritora Charo Pita quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!. Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin. Comezou co tren de María (o que vai pola vía...), coa historia dun ratiño, seguimos por Africa escoitando como os animais intentan traer de novo a choiva (unha versión da lebre e a tartaruga), cantamos como se fai nesas terras, falamos "en modo bebé" axudando a Oscar a darlle de comer ao seu irmán e rematamos co maravilloso silencio que, en palabras de Charo, queda "despois de escoitar un montón de contos." E con ganas de máis...
Uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:
Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.
Algunha fotos da sesión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!