mércores, 4 de xullo de 2018

Cristina, Marta, un mapache e unha guitarra!

 Cristina, a nai de Marta, veu de visita a clase. Contounos o conto "Mapache quere ser o primeiro" que vai sobre o exceso de competitividade e como Mapache acaba entendendo que ser o primeiro non sempre é o  mellor xa que te perdes cousas bastante máis importantes... 

   O conto (se non o tedes recoméndovolo para o verán) está editado por Nubeocho  e é da escritora Susanna Isern que ademáis é psicóloga infantil e conta coas preciosas ilustracións de Leire Salaberria.
   Despois Cristina sacou a guitarra, explicounos como son as cordas, como se colocan os dedos, como se afina.... e deixounos probar a tocala. Coas ganas case queda sen ela pero estaban encantados. Contounos que aprendeu sola a tocar buscando tutoriais en youtube e que de pequena tiña un grupo musical coas amigas... 
           Cantounos estas dúas cancións e quedamos pasmados coa voz tan bonita que ten!

 Moitas gracias Cristina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!