martes, 17 de marzo de 2020

Stop COVID 19

Seguimos recibindo traballos dos pequenos. Este é  de Jhon E. recomendando quedar na casa

                                             e de Maeba insistindo en toser na manga!

Stop COVID 19

  Siguen chegando as imaxes que me ides enviando dos nosos pequechos. Aquí está o mural que fixo Ainhoa con axuda e dirección artística de Iván.   Esto ímolo parar!


e máis de Martín! STOP COVID 19






Recursos EDUCLAN

EDUCLAN  é unha iniciativa que ofrece ás familias recursos educativos moi interesantes que complentan os seus productos de entretemento durante a suspensión das clases. Está coordinada polo Ministerio de Educación e de Formación Profesional a traves do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) e coa colaboración de moitas editoriais.

PREMEDE NA IMAXE
 

luns, 16 de marzo de 2020

O que está nas nosas máns!

  Así, poñendo cada un o que está nas súas máns, é como imos saír de esto!. Aquí está Martín sacando músculo e animando!



domingo, 15 de marzo de 2020

Nós quedamos na casa!

  Na web do cole xa se colgaron os carteis animando a quedarse na casa que fixeron os maiores de primaria o outro día. Como vos dixen na entrada anterior (onde tamén había cancións e vos propuxen varias actividades), vou subir os carteis ou debuxos que me enviedes. Aquí vai o que nos mandou Martín!

  Este é un enlace a un video que nos mandou Sandra do conto de Fréderick, o rato poeta. É un libro precioso de Leo Lionni editado por Kalandraka que fala da importancia da poesía e dos poetas sobre todo nos momentos de crisis coma este. 


Por nós, por todos: os nenos e o coronavirus

   Para que os nenos pasen estos días de aillamento polo coronavirus, quero compartir con vos algunhas das iniciativas que andan estos días por internet. Seguro que xa as vistes! E tamén irei colgando algunhas das actividades que fixemos estes días pasados e que aínda non subira. Unha aperta e un bico a tódos! Coidádevos moito, que todo vai ir ben!

ACTIVIDADES: 
Pegar dibuxos nas ventás para que vexan que en outras casas viven nenos que están pasando polo mesmo. Póñovos un que xa me mandaron da clase. É de Maeba. Se queredes mandádemos e subireinos, será un xeito de que vexan o que fan os seus amigos!. Unha ventá virtual.


  Facer letreiros  nas ventás animando a todos na campaña de QUÉDATE NA CASA. Por nós, por todos!

  Hai un xogo que consiste en pintarlles un dibuxo nas máns e darlles un premio cando consigan borralo ao rematar o día, xa que eso significará que se lavaron moi ben.


Tamén vos poño unhas cancións que como xa fixemos na clase nos ensinan o xeito correcto e a importancia de lavar as mans.


lávate las manos... DESPACITO



WASH YOUR HANDS!


domingo, 8 de marzo de 2020

Día da muller traballadora


  O venres conmemoramos o día da muller traballadora que se celebra o domingo 8 de marzo. No cole repartimos pulseras para todos, nenas, nenos, profes e todo o personal e falamos do que significa este día. Falamos dos traballos que fan as mulleres e sobre todo das mulleres traballadoras que eles coñecen. Primeiro saíron as mamás, pero tamén avóas, tías, veciñas, profes e elas mismas!

E aquí están as nosas pequenas mans traballadoras: xuntas, nenas e nenos! 





 

 

  E esta fermosa imaxe que nos mandou Maeba ensinandolle a súa pulsera a mamá e transmitindo a mensaxe!

sábado, 7 de marzo de 2020

Rosalía a través dun cadro de Abi Castillo

  Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA os nenos e nenas da clase fixemos un cadro quebracabezas xigante a partir dunha obra de outra muller, a artista viguesa Abi Castillo, do que nos encantou o seu simbolismo e colorido. 
  Co programa Posteriza fixémolo en moitas pezas de tamaño folio para que todos  pudésemos facer un anaco.
 

  Quitámoslle as cores e démoslle as nosas. Como foi un traballo en equipo tamén tiñan que coordinarse co que tiña a peza do lado.  Destacamos a mirada e o corazón de Rosalía, que medrou en Ortoño vendo regatos pequenos, fontes, rios, arboredas, paxariños piadores, pinares que move o vento...
 
 Este foi o resultado:
 

luns, 2 de marzo de 2020

Bufariñento: o pitiño de Camilo José Cela

    A derradeira semana de xaneiro tivemos na clase a maleta de Camiliño Josesiño, que era o nome que súa nai lle daba de pequeno a Camilo José Cela. Premede AQUÍ para ver en que consisteu esta actividade. Unha das cousas que fixemos despois de ver a maleta foi contarlles a historia do pitiño Bufariñento (Papeis de Iria) que sufreu todo tipo de desgracias e a quen coidou Camilo cando era neno. Aquí están os nosos pitiños:



domingo, 1 de marzo de 2020

Festa de Antroido


   O venres 21 celebramos a festa do Antroido no cole, viñemos todos disfrazados e xuntámonos no patio de atrás de primaria para o baile. Despois volvimos a clase e merendamos os postres típicos destas datas. Fixemos unha sesión de fotocall e vimos un taller de batucada dos maiores de primaria. e xogamos no patio vestidos dos nosos personaxes favoritos. 
 
   E pasámolo moi ben! 
Aínda que botamos de menos a todos os que estaban enfermos e non puderon vir.

venres, 28 de febreiro de 2020

Os mandadiños do Meco

  Como cada ano os alumnos de infantil  seguimos os mandadiños do Meco, que nos deu instruccións para vir ao cole durante a semana do Antroido. Pasámolo moi ben, aínda que botamos de menos a moitos compañeiros que estiveron enfermos estos días e non puderon compartir con nós estos momentos.  (Na seguinte entrada porei os disfraces cos que viñeron o venres). Moitas gracias a todos por participar nesta actividade!