A semana pasada chegou a clase unha maleta coa bandeira de Inglaterra. A moitos sonáballes a bandeira e falamos algo sobre ela. Estaba chea de cousas, entre elas un conto dun
neno do que só lles dixen as iniciais: CJC.
Trataba dun neno ao que
lle gustaba moito escribir e que vivía en Iria preto de Padrón, a carón
da vía do tren que construíra seu avó inglés. Podedes ver o conto premendo AQUÍ
A través dun xogo de pistas que escribimos para levar a casa, algúns conseguiron
averiguar que se trataba do premio Nobel de literatura Camilo José
Cela. Súa nai chamáballe Camiliño Josesiño e leinlles unha cousa que escribeu de cando era pequeno: a triste historia do pitiño Bufariñento.
Dibuxamos a Camiliño e fixemos un
quebracabezas cunha foto de maior. Cando buscamos fotos del para facer o
quebracabezas moitos fixeron o mismo comentario: que non tiña moitas
rindo!
Na
maleta ademáis do conto
había unha maqueta dunha casa, un tren, un libro da súa obra La colmena
(pola ilustración todos pensaron que iba de abellas!), unha pluma estilográfica (esto
dounos pé a falar doutros materiais empregados para escribir como as plumas de ave, as placas de barro...). Tamén viña dentro unha gorra de ferroviario, xa que John Trulock o avó inglés de Camiliño veu a Galicia a facer a primeira liña de tren entre Cornes e Carril e trouxo con el a Sarita, a máquina que está no xardín da casa museo de Cela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!