sábado, 31 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ: UN MURO SOLIDARIO

 O venres celebramos o día da Paz construindo un muro solidario con cartóns de leite que trouxeron os nenos e que despois se donaron a Caritas. Nas clases empaquetamos os nosos cartóns con dibuxos e símbolos da paz, algúns incluso escribiron poemas e notas para os que recibisen os seus cartóns. Tamén contamos coa doazón que fixo Feiraco e que se sumou aos donativos feitos polas familias. Grazas a todos desde aquí por axudarnos a levantar un muro solidario.
   Ademáis, e o máis importante, traballamos para conseguir que sean solidarios, que coñezan valores coma o respeto, a tolerancia e para que entendan que "A PAZ NON É COUSA DE UN SÓ DÍA" (o noso lema). Vimos varios cortos para traballar os conflictos e as emocións, fixemos pancartas ou carteis alusivos á paz e cantamos xuntos varias cancións: a nós a que máis nos gustou foi de Paco Nogueiras "APERTAS QUE VOAN".

preme no muro solidario para ver as fotos do día

Tamén podedes ver o video que se fixo durante as actividades e  que está na   web do cole 


sábado, 10 de xaneiro de 2015

O PODER DUN LÁPIS

    Antes de rematar o ano visitáronnos os Reis Magos e estivemos falando e sacando unhas fotos con eles. (Podedes ver máis na páxina de actividades intercentros da Ampa). Tamén fixemos unha cheminea  a ver si tíñamos sorte e Papá Noel ou os Reis nos deixaban algo... Debimos ser bastante boiños porque cando voltamos o xoves atopamos emocionados un agasallo para cada un: UN LÁPIS. Cando os Reis  os escolleron aínda non sucedera o atentado de París contra os debuxantes da  revista satírica Charlie Hebdo... 
   Visto agora, vai resultar que nos deixaron como agasallo unha ferramenta contra a intolerancia e pola liberdade de expresión