martes, 29 de maio de 2018

Visitamos o Pazo do Faramello

  Fixemos unha saída ao Pazo do Faramello no Concello de Rois. O seu dono, Gonzalo Rivero de Aguilar, ensinounos o xardín e fixo con nós un recorrido polo entorno. Falounos da antiga fábrica de papel que foi orixe do pazo e da labor de recuperación e reforestación do entorno con especies autóctonas que son máis resistentes ao lume.
   Cada recanto que vimos era precioso!
  Despois dunha longa camiñata volvimos ao Xardín do Recordo e  merendamos coas familias que nos estaban esperando: foi unha xornada moi especial!.
  Coa axuda dos pais plantamos no Xardín do Recordoen memoria das víctimas do Alvia, os  tres árbores do amor (cerquis siliquastrum) que mercou o colexio. 
   E mentras xogamos pola beira do río atopamos brotes e canas de bambú xigante.... Co permiso de Gonzalo creo que levaron as mochilas cheas de brotes e anacos de canas. Estaban moi emocionados. Despois do traballo que fixeramos para o libro agora ven bambús por todas partes!
Unha montaxe coas fotos que saquei durante a visita ao Pazo....

luns, 28 de maio de 2018

Tomás e "O fogar do meu burro"

  O luns 21 os nenos das tres clase de 5 anos achegámonos ao "Fogar do meu burro", un Centro de Terapia con animais na aldea de Lamas coordenado por Tomás no que os protagonistas son os burros. Uns animais que, según Tomás, son moi respetuosos co ritmo dos demais xa que son pacientes, lentos, tranquilos, colaboradores e sobre todo e a pesar do seu nome, moi intelixentes.  Podedes ver máis información na web do Fogar.

 Cando chegamos, Tomás presentounos aos seus burriños e contounos a historia de cada un e de onde viñan. A primeira impresión dos nenos foi co olfato, pero deseguida se esqueceron para disfrutar cos burriños.
   Explicounos como había que tratalos para non molestalos. Démoslles de comer e preparámonos para a saída na que moitos nenos puderon ir por quendas nos carriños durante o recorrido pola aldea.
   Atopamos xente traballando nas súas hortas e fomos camiñando ata o campo do muiño onde nos paramos a merendar (esfameados!). 
   Despois de recoller todo, achegámonos ao lugar de Lamas onde Tomás ten un prado enorme que lle prestaron os veciños e onde fai os talleres de música. Alí ensinounos a facer instrumentos musicais con materiais corrientes (tubos, plásticos, cordas, cocos, tapas, globos...) 

     E de remate xogaron cos burros e puderon acaricialos. Son realmente pacientes e tranquilos!. E os nenos pasárono moi ben!. Moitas grazas Tomás!!!


sábado, 26 de maio de 2018

Alex e Antón: unha clase de tenis

    Alex o pai de Antón veunos explicar o seu traballo e dounos unha clase de tenis. Trouxo todo o material: redes, raquetas e moitas pelotas.  Nos videos de abaixo podedes ver a montaxe coas fotos da sesión e algúns anacos da clase.




      Primeiro reparteunos por parellas coas pelotas e mentras foilles explicando un a un como se xoga e como hai que colocar o corpo e ter conciencia do control postural. Comprobamos que algunhas nenas e nenos xa apuntan boas maneiras...

  Rematamos cun xogo no que tiñan que competir cos tres adultos que estábamos na clase e lanzarnos as bolas  a ver quen devolvía máis ao campo contrario: cebáronse!. Non dábamos abasto e ganaron eles claro. E Alex doulles o premio: os gañadores recollían as bolas!. Coa emoción de vencer foron rapidísimos jeje

  Foi unha clase moi divertidas e pasámolo xenial.    Moitas grazas Alex!
 
Anaquiños da clase! Que se preparen Rafa e Garbiñe!
 a montaxe coas fotos:



domingo, 20 de maio de 2018

Sandra: unha médica, una escaiola e unha ambulancia!

    Sandra, a nai de Paula, foi a nosa convidada. É  médica e veunos explicar o seu traballo no PAC. Falounos do corpo, dos osos, do corazón, dos oídos... No seu maletín de médica traía moitas cousas, unha ambulancia de xoguete e aparatos para mirar os oidos, a tensión, o corazón... Vimos como é un estetoscopio, probámolo todos e pudemos escoitar o noso corazón latexando!


  Mostrounos como se fai unha escaiola: trouxo vendas e con auga morna e a axuda de Paula escaiolaron o brazo dun boneco da clase. E deixounos anacos para facer máis escaiolas. Algúns falaron das súas experiencias con brazos, máns e hombros escaiolados...Tamén nos deixou de agasallo un pequeno kit de urxencias que  preparou ela.

    Despois baixamos á zona do Bibliopatio e alí tivemos unha sorpresa: os seus compañeiros viñeron cunha ambulancia!. Victor e Juan son TES, técnicos de emerxencias sanitarias, con un plus engadido de paciencia e bo humor. A entrada da ambulancia foi fantástica (algúns do cole pensaron que estabamos co simulacro de evacuación de incendios!) e entre os tres explicáronnos todo o que ten por dentro e como funciona. A verdade: é incrible a cantidade de cousas que leva dentro unha ambulancia, non hai un centímetro desaproveitado.
     Foron superamables e pacientes, deixáronlles probar a  camilla facendo un simulacro de recollida dun paciente con Paula e Lucas B. de voluntarios e leváronos a todos nas sillas para baixar as escaleiras. Pasámolo moi ben, fixeron un montón de preguntas e non creo que lle volvan ter medo a médicos nin ambulancias!.

Moitas grazas a Sandra e  aos seus compañeiros Victor e Juan
por esta experiencia que foi á vez instructiva e divertida!



domingo, 13 de maio de 2018

Julián e unha clase de zumba


   Julián, o pai de Álvaro veu a clase a falarnos do seu traballo como monitor deportivo e profe de baile.... Cando lles preguntou, todos pensaban que era un traballo moi doado pero logo foron vendo que era máis complicado do que parecía. Sobre todo pensando en coordinar 20 ou 30 persoas con distinto sentido do ritmo... Canto máis en pequenos que durante a clase de zumba que nos deu, ala polo final iban recoñecendo que "xa lle iban pillando o truco" como dixo unha das nenas...

    Cando rematamos dibuxamos a Julián e a clase. Tamén nos falou da importancia dos quentamentos e estiramentos para non mancarse cando facemos exercicio e de bos hábitos alimenticios (comer froita!)


Uns anaquiños en video da clase de zumba:
A clase de zumba nunha montaxe coas fotos
Moitas grazas Julián pola clase e por levalo tan ben e con taaaanta paciencia!
Os nenos pasárono xenial bailando.

Yoli, Irene e o Ratiño dos dentes

  Dentro das visitas para contar contos na clase veu Yoli, a nai de Irene. Contounos a verdadeira historia do Ratiño Pérez e por qué ten o costume de levar os dentes dos nenos e deixar a cambio un agasallo. Un libro escrito por Ana Serna Vara, ilustrado por Margarita Menéndez e editado por Susaeta.  Regalounos un precioso ratiño de fieltro feito por ela para cada un, para gardar e deixar baixo a almofada os dentes que nos caen. E unha ficha para ir anotando a data na que nos cae a peza.

  Como podedes imaxinar, Irene (que non é nada faladora) levaba moitos días "gardando o secreto dos ratiños", impaciente por ver na clase a súa nai. Irene contounos que levou moito tempo facelos e que aparte de coselos o máis dificil foi enchelos de algodón para facerlles a barriguiña. Quedamos encantados cos nosos preciosos ratiños!.

       Moitas grazas a Yoli de parte de todos pola visita e polos ratiños de cores!!!.

Leo, Cristina e os libros voadores de Mr Morris Lessmore

   Cristina foi a convidada de Leo para vir a clase a contarnos un conto. Nesta ocasión o elexido foi "Os fantásticos libros voadores de Mr Morris Lessmore"  baseado no precioso corto de animación do mesmo título que gañou un Oscar da Academia.  Un cortometraje dirixido por William Joyce en 2011, sobre as personas que dedican a súa vida aos libros e trata dos poderes curativos da lectura.

  Cristina leeunos o conto co apoio visual e musical do corto que íamos vendo na pantalla: a mellor maneira de apreciar este conto que só coas imaxes e a música xa nos fai entrar na historia de Morris.

   Resumo da historia: Despois do furacán Katrina que asolou Nova Orleans o protagonista chega ao paraíso para quenes aman os libros: unha biblioteca. Alí Morris dedica a súa vida aos libros, coidaos, reparaos e comparteos cos lectores que van chegando ata a Biblioteca.

  Despois Cristina deixounos ademáis un agasallo para a Biblioteca de aula: o libro "El árbol diferente" sobre a autoestima, escrito por Anna Ferrer e ilustrado por  Bárbara Sansó, para taballar cos nenos o respeto hacia un mismo e os demáis a través da historia dunha cerdeira acomplexada por nacer no medio dun bosque de pinos. 


   Tamén fixeron de reposteiros e trouxéroonos unha galleta decorada de primavera. E ademáis Leo, a quén lle encantan as pedras, escolleu e regaloulles unha pedra especial para cada un.

 Grazas Cristina pola visita!

venres, 11 de maio de 2018

Juan, Lucas e a cociña do CHUS

  Cando chegou o seu convidado Lucas A. quedou sorprendido xa que só esperaba a Belén  e quen entrou pola porta foi seu pai. Juan veunos explicar como é o seu traballo na cociña do Chus. Cando estamos alí moitas veces non pensamos na organización necesaria para preparar os máis de 5000 menús diarios que sirven e como se fai para que cada paciente coma o menú que ten asinado. Dunha parte de eso encarganse Juan e os 140 membros do personal de cociña. 

  Trouxo un power point con fotos que documentaban o proceso e foinos explicando cada paso, como se organiza todo, as medidas de hixiene que toman, como se emplata, que hai unha encargada de cantar os menús, as cadeas de calor e frío,  os fornos que parecen armarios, os trens de lavado, as xigantescas potas... todo impresionante!

   Algúns nenos lembraron cando pasaron polo hospital e comeron alí. Tamén fixeron  algunhas preguntas: sobre todo polos gorros que usan, polos fornos e as partes quentes e frías. E de tanto ver e falar de comida entroulles a fame e as ganas de merendar!


 Moitas grazas Juan por ensinarnos tantas cousas!