luns, 31 de maio de 2021

Columnas e escarabellos do Antigo Exipto

  Seguindo co proxecto sobre o Exipto dos faraóns, fixemos dictados escribindo palabras relacionadas e tamén transformamos unha das columnas da sala de psico nunha columna exipcia, con xeroglíficos e imaxes de faróns e deuses. Para ver como estaban decoradas e como podían ser as cores, miramos na rede e en algúns libros buscando imaxes de deuses e faraóns.

 Tamén fixemos pectorais con forma de escarabello como o do faraón Tutankamón e xogamos a escribir os nosos nomes con xeroglíficos dentro dos cartuchos igual que facían os exipcios "traducindo" a partir do noso alfabeto. Falamos da Pedra de Rosseta e como se resolveu o misterio para poder interpretalos.



domingo, 30 de maio de 2021

Sentados no monte

   Fai unha semana, en pleno mes dos maios, fixemos unha saída polo entorno de Castrigo e xogamos a ver cantas especies de plantas e flores identificábamos polo seu nome. Fomos facendo pequenos atados coas flores que ibamos recollendo. Algúns facían os atados "algo" máis grandes... De regreso sacamos unhas fotos sentados baixo un carballo, no asento que fixo un veciño e que lles facía moita gracia cada vez que pasábamos polo sitio.



 


 

 

 

luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas: Xela Arias

Os nenos de infantil do cole achegámonos á obra de Xela Arias a través do poema do libro DARÍO A DIARIO que lle dedicou ao seu fillo Darío e debuxámonos coas nosas nais.

 

TÓDOLOS   BEBÉS   SON   TU  E   NINGÚN   COMA   TI.

TÓDOLOS    NENOS    SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLOS   MOZOS   SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLOS   ADOLESCENTES   SON   TU  E   NINGÚN   COMA   TI.

TÓDOLOS    ANCIÁNS    SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLAS   NAIS   SON   EU   E   TODAS, COMA MIN,  SABEN QUE ES ÚNICO.

  Ademáis de buscar información na rede, Iago trouxonos unha presentación con fotos dun roteiro que fixo con seus pais polas rúas de Sarria xa que os seus avós eran veciños dos avós de  Xela e así pudemos ver algúns dos sitios que Xela frecuentou de pequena.

Biografía de  Xela Arias Castaño: "naceu en Sarria, Lugo, en 1962 filla de Amparo e Valentín Arias López, también escritor e traductor. Hasta os 7 años estudiou na Granxa de Barreiros, dentro dun proxecto pedagóxico cunha orientación agraria e de integración da cultura galega cos ciclos da natureza. Posteriormente marchou a Vigo coa súa familia. Deixou os estudos en COU, para traballar en Edicións Xerais de Galicia, como oficinista, después en creación e investigación e despois xa como correctora de estilo e editora.

Volveu estudar, cursando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose pola Universidad de Santiago de Compostela, e iniciando a especialidade en galego-portugués.

No curso 1999-2000 comenzó como profesora sustituta de secundaria, de lengua y literatura castellana, en institutos de Santa Comba, Moaña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. E foi docente en diferentes municipios galegos, como Chapela, A Guarda y Vigo.

En 2003 Xela Arias faleceu aos 41 años en Vigo por un ataque cardíaco."


 



domingo, 9 de maio de 2021

Cabezas de herba en infantil

  
Con sementes de cesped e alpiste, medias, gomas, ollos móviles e virutas, fixemos unhas cabezas de herba que regamos e coidamos hasta que se encheron de pelos verdes. Tivemos as ventanas moi animadas con estos personaxes que iban cambiando cada día mentras lles medraba a herba. Plantámolos o 5 de abril.  Ao principio fixeronse esperar e tardaron en brotar e, menos unha que tardou un pouco máis, todas medraron moi rápido. Tamén tiveron moitos nomes: cabezóns, señor potato, cabezolos, cabezudos, pelados, peludos...

Tamén fixemos unha carta que levaron a casa. Como esta que me enviou Sandra, a nai de Maeba, cos cabezolos dibuxados diante das ventanas da clase:

Un aviso para os que o queiran facer: da mellor resultado a semente do céspede que o alpiste: elle máis doado atravesar a media por ter o brote máis fino. E dura máis. Tampouco precisan moito sol ao principio, porque aínda que nacen antes, pódenselles queimar os brotes como lles pasou ás nosas compañeiras. E canto máis apretada e chea de viruta quede a media moito mellor. Esto foi o que máis lles costou aos nenos, apretar ben forte. Pero así experimentamos diferentes  condicións con distintos resultados.

 

sábado, 8 de maio de 2021

A horta de Balbina

 Os nenos cantaron coa profe Carla "A horta de Balbina" de María Fumaça unha canción que nos gusta moito e que fala das verduras e hortalizas e cando se colleitan. 


 

O sarcófago do faraón

  Falando falando, como moitas veces, algunhas das nenas déronse conta que unha das montañas do quebracabezas de papel que estaban facendo parecía unha pirámide e así chegamos a un tema moi interesante: os tesouros dos faraóns do Antigo Exipto. Conteilles a historia de como, case por azar, Howard Carter atopou a tumba de Tutankamón e os tesouros que alí se gardaban. Despois buscamos máis información nos libros e na rede e puxémonos a facer un SARCÓFAGO. Cortar e doblar as pezas foi un traballiño...  E  iban con momia incluida!