Falando falando, como moitas veces, algunhas das nenas déronse conta que unha das montañas do quebracabezas de papel que estaban facendo parecía unha pirámide e así chegamos a un tema moi interesante: os tesouros dos faraóns do Antigo Exipto. Conteilles a historia de como, case por azar, Howard Carter atopou a tumba de Tutankamón e os tesouros que alí se gardaban. Despois buscamos máis información nos libros e na rede e puxémonos a facer un SARCÓFAGO. Cortar e doblar as pezas foi un traballiño... E iban con momia incluida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!