domingo, 19 de xuño de 2016

Visita da nai de Inés C.

    Patricia, a nai de Inés C. veu a clase a contarnos un par de contos: Carapuchiña Vermella e a historia de Leandro e os números.  O conto de Carapuchiña é de sobras coñecido polos nenos e por iso é un dos seus favoritos en tódalas posibles versións e esta encantounos porque Patricia trouxo un boneco reversible con tódolos personaxes, cousa que a algún lle pareceu máxico.

   Pero non coñecíamos o conto de Leandro, un neno que aborrecía os números e non se decataba da súa importancia... ata que recibeu unha invitación para un cumple e casi non chega por non saber a data nin o enderezo. Unha  interesante idea escrita e ilustrada por Rocío Pérez e Lidia Brea para achegar os números aos nenos dun xeito práctico!
    Para rematar, Patricia viña cunha cestiña preparada cos contos e sacou dela unha deliciosa sorpresa para os nenos: galletiñas dos Hungry Birds e paos de pan para probar con mel. Compartimos e saboreamos!. Pasámolo moi ben con este remate tan rico!. Ademáis Inés foi a encargada de repartir as galletiñas e, coma sempre, estivo moi atenta aos contos da súa nai!
Moitas grazas Patricia por vir a pasar este ratiño con nós e por traer estes contos tan ricos!     
Premede na imaxe para ver o kizoa coas fotos da visita

sábado, 18 de xuño de 2016

Bibliopatio e Patrulla escolar

  
   Voltamos ao Bibliopatio e cada vez imos mellorando o respeto polas normas de uso: non berrar, non atropelarse ao coller os libros e sobre todo disfrutar relaxadamente neste novo espazo. Esta vez portámonos xenial!
 
    Estabamos no Bibliopatio e viñeron os nenos de 4 anos da clase de Rosana a invitarnos a unha representación o mércores dun conto que nos gusta moito: A qué sabe a lúa?. Eu fun de "técnico de imaxe" jeje... e podedes ver a entrada no blog da Biblioteca ou premendo AQUÍ.  Gustounos moito!
    E cando íamos de volta atopámonos con dúas persoas que nos saudaron: María Jesús e Imma, da Patrulla Escolar. Moitos xa as coñecen por velas cada mañán na entrada do colexio, pero aínda así pedímoslles que nos contasen en que consiste o seu traballo. 
    Esperamos por elas e volveron cos chalecos do uniforme e as sinais que empregan para dirixir as entradas e saídas. Fixemos unha chea de preguntas e despois sacamos unhas fotos con elas.
    A Patrulla Escolar encárgase da seguridade dos nenos nas entrada e saídas e cando cruzan o paso de peóns e tamén de que os coches non ocupen as entradas,  a zona de minusválidos ou a dársena dos buses.

 Xogamos coas sinais e aprendimos que podemos confiar nas persoas que nos axudan na entrada.

   (Varios días despois, no blog  "Pés na rúa", os nenos de 4ºA de primaria puxeron unha entrevista que lles fixeron a Mª Jesús e a Inma. Os nenos están facendo un traballo moi interesante sobre mobilidade e seguridade no entorno do colexio. E este venres fixeron unha "pequena volta ciclista" de 11 km por Bertamiráns!. Os irmáns de Pepe e de Lucas F. eran dous destes ciclistas. Podedes velo PREMENDO AQUÍ)


domingo, 12 de xuño de 2016

A qué sabe a lúa? en Stop Motion

   O xoves fixemos unha película  co grupo de alternativas. Un pequeno corto empregando a técnica do STOP MOTION: unha fotografía para cada movemento. En total saquei case 200 fotos para dar unha pequena sensación de movemento. Dura 21 segundos!. Empregamos o cartón e os personaxes do conto A QUE SABE A LÚA? que nos deixou Cristina,  a nai de Leo. Os nenos eran os "técnicos" encargados de mover aos poucos cada personaxe... así que imaxinade!.  Levounos un chisco e a cámara móvese moito porque foi a pulso, sen trípode, e con todos querendo ver cada paso...

   Pero o resultado gustoulles moito. Despois empreguei un programa de montaxe que ademáis permite ralentizar a velocidade e este foi o resultado: 21 segundos!. Logo "os animadores" encargáronse de explicarlle aos outros nenos e as visitas como se fai unha película de debuxos animados.... Que se preparen Disney, Pixar e Tim Burton!  
 

venres, 10 de xuño de 2016

Migallas e pan de millo

      O pasado 3 de xuño tivemos a visita da Compañía Migallas de teatro con Carlos Yus e María Campos. Escoitaron entre outras cancións as de  "pan de millo" e "miña abuela Manuela" e contáronlles como se cultivaba o millo e se facía o pan. O Equipo de Educación Infantil contratou esta actuación para todo o alumnado. Fumos a biblioteca e alí disfrutamos coas cancións do seu libro-CD "Pan de Millo" que estamos escoitando na clase.
 
    E neste video están as fotos de cómo debullamos millo vermello... (con moito traballo e máis entusiasmo), logo moemos, e peneiramos... Despois papamos un anaco de pan de millo que nos trouxo Mónica. Penso que lles quedou moi claro "o traballo que hai detrás" como dí a canción de Migallas.  
 

  Podedes ver  tamén os videos da actuación de Migallas que subín na web do cole:

sábado, 4 de xuño de 2016

Irene, Yoli, a cebra Camila e Cocorico

       Irene convidou a Yoli e súa nai trouxonos os contos da CEBRA CAMILA e COCORICO. Irene estaba emocionadísima por ter a súa nai de visita xa que a outra vez puxérase enferma e non pudo ser.   Despois das presentacións, Yoli contounos a preciosa historia da pequena Camila unha cebra que, por non facerlle caso á súa nai, perdeu co vento bandido as raias do seu vestido.... Pero despois de botar sete bágoas tristes todos os que iban atopando a Camila (unha araña, o arco da vella, un caracol, unha serpe, unha cigarra...) íbanlle dando algo seu...
       E así, con tanta axuda, Camila remata cun precioso vestido novo. Unha historia encadenada, con preguntas e respostas, rimas e repeticións que aos nenos lles encanta, escrita por Marisa Núñez (profesora de infantil e autora tamén do Pito Cairo) e ilustrado por Oscar Villán que ten o Premio Nacional de Ilustración 1999 polo Coelliño Branco (outro éxito!) e que están editados por Kalandraka. Ademáis no corredor temos unha enorme cebra Camila feita polo profe Jose e os seus nenos. 

    Yoli tamén nos contou a primeira opción de Irene, a historia de Cocorico, o poliño que por non compartir un biscoito métese en líos co malvado Gato Pelado, que lles fai pasar moito medo, pero co que disfrutan porque se dan conta que mamá está ahí para axudarlles cos seus problemas. Cos dous contos pasamos un rato moi divertido e Yoli interpretounos xenial coa axuda de Irene.
    Para rematar tivemos BISCOITO porque o día anterior Irene estivo de cumple e axudoulle a mamá a facelo aínda que viñan moi cansadas dunha viaxe, pero eso é o que fan as mamás!. E, igual que fixo Cocorico, os nenos só deixaron as migas para Gato Pelado!

  Cando marchou Yoli, fixemos unhas pulseiras con Cocorico e ao día seguinte unha casa para gardar outro que  pintamos e picamos e dibuxamos a súa nai e a gato Pelado... 
                              Moitas gracias Yoli por vir a clase a pasar con nós este ratiño!
Premer  AQUÍ   para ver o kizoa coas fotos

 

venres, 3 de xuño de 2016

"Reciclando" cenorias... ou algo así

  Cos anacos sobrantes das CENORIAS da cociña fixemos un experimento: puxémolas en auga unha tempada e vimos como lles volvían medrar as follas... Tamén que botaban pequenas raiciñas brancas.      

  Cando pasou esto levamos as nosas "CENORIAS RECICLADAS" á horta e plantámolas no medio dos caixóns das fresas para que pudesen medrar de novo.    En moitos sitios está a extenderse este xeito de aproveitar os anacos sobrantes da cociña, en macetas e tamén en hortos urbanos.


  As novas cenorias (tamén se pode facer con leitugas e outras verduras) non son tan grandes nin perfectas, pero son igual de sabrosas... AGORA TÓCANOS ESPERAR A FACER A COLLEITA ...  E PRACTICAR A PACIENCIA.



  Ademáis vimos como iban medrando as  PATACAS
E  tamén as primeiras  FRESAS!

mércores, 1 de xuño de 2016

O monstro de cores está emocionado

   O conto de Anna Llenas é un dos que máis nos gusta e traballamos con el na clase para falar das emocións. Fixemos o noso propio monstro de cores, un pouquiño liado coas súas, igual que nós. Ademáis durante as visitas lectoras foi o que nos trouxo Verónica a nai de Vero... Así que temos moitas versións....

   Escollimos para pintalo a cor rosa que representa o amor e enchémolo de tiras de papel de seda coas cores que representan cada unha das emocións. Non lle quixemos poñer a cor vermella  que representa o enfado (por si acaso), pero leva tiras negras porque tamén sinte medo ás veces, igual que nós....



  Puxémolo no medio dunha paisaxe relaxante con todo o que se nos iba ocurrindo: árbores, caracois, paxaros e moitas flores para que se sinta alegre, calmado e feliz.

No video están algunhas fotos do proceso:

Os caracois de Manuel María en plastilina

     Lembrando o poema "O CARACOL" de Manuel María, do seu libro "Os soños na gaiola"  empregamos  plastilina de cores, cunchas e chapa de madeira como soporte, para facer os nosos caracois. Neste caso ademáis o poema está na voz de Suso Vaamonde.
   O que máis nos costou foi cubrir a chapa de herba cunha capa fina de plastilina verde: tíñamos a tendencia a amontonar a plastilina facendo montañas....
   Despois cada un deixouse levar... e por eso temos caracois grandes, pequenos, curtos, longos, con cuncha, con espirais de plastilina, agochados dentro da cuncha sin sacar os cornos ao sol e outros con cornos de todo tipo...