Amosando publicacións coa etiqueta taller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta taller. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de maio de 2022

"Bichos" con Miguel Santamaría


 Fai uns días os pequenos de 3 anos recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués e pai dunha pequena, que nos fixo dous talleres con "bichos". Estivemos fascinados polos animaliños que nos trouxo e pudemos tocar con total seguridade desde insectos folla ata tarántulas, enormes cascudas que non cabían nunha man e xigantescos cenpés que non se quixeron estirar de todo para poder apreciar o seu tamaño. A tarántula realmente impresionaba e eso que aínda era pequena!.
 


 (Deixovos aquí o enlace coa noticia que saleu na Voz sobre os talleres que fai Miguel. Premer AQUÍ)


   Podedes ver polas súas caras o interés e satisfacción por ver e tocar a maioría do que nos ensinou. Trouxo uns "pequenos" caracois africanos que cando medren poden pesar cerca dun kilo, volvoretas monarca que vimos comendo dun plátano e pechamos as ventanas por si escapaban voando, un cangrexo dos manglares, unha encantadora tartaruga recén nacida, unha larva xigantesca que promete convertirse en algo enooorme... 

 
  Tamen nos ensinou unha bolboreta  que era como dúas máns abertas e deixounos tocar alas dos diversos tipos de bolboretas que cría el mesmo, explicándonos que non se poden tocar cando están vivas  porque lles desfaríamos as  delicadas escamas... Vimos mantis que eran exactamente iguais que o liquen no que se apoiaban, escorpións que na escuridade cambiaban de cor coa luz, collimos bebés de insectos folla pequeniños comparados co maravilloso aspecto dos adultos nos que se convertirán...
 
 Unha maneira divertida e moi didáctica de achegarse con naturalidade e respeto aos seres vivos. Foi unha experiencia xenial e fascinante!!!

 


 

venres, 1 de febreiro de 2019

Deixándonos levar pola imaxinación...

   Fotos de dúas das sesións de pintura que facemos na clase de tres anos: individual e en grupo. Como únicas pautas: o respeto polos materiais, o espazo común e o traballo dos compañeiros... Con puntos, círculos, raias e  manchas deixámonos levar pola imaxinación e a creatividade e sobre todo disfrutamos creando arte!
    De paso recomendarvos calquera dos fermosos libros dun ilustrador que nos inspira: Hervé Tullet,  e que podedes atopar premendo neste enlace.


 

domingo, 13 de maio de 2018

Julián e unha clase de zumba


   Julián, o pai de Álvaro veu a clase a falarnos do seu traballo como monitor deportivo e profe de baile.... Cando lles preguntou, todos pensaban que era un traballo moi doado pero logo foron vendo que era máis complicado do que parecía. Sobre todo pensando en coordinar 20 ou 30 persoas con distinto sentido do ritmo... Canto máis en pequenos que durante a clase de zumba que nos deu, ala polo final iban recoñecendo que "xa lle iban pillando o truco" como dixo unha das nenas...

    Cando rematamos dibuxamos a Julián e a clase. Tamén nos falou da importancia dos quentamentos e estiramentos para non mancarse cando facemos exercicio e de bos hábitos alimenticios (comer froita!)


Uns anaquiños en video da clase de zumba:
A clase de zumba nunha montaxe coas fotos
Moitas grazas Julián pola clase e por levalo tan ben e con taaaanta paciencia!
Os nenos pasárono xenial bailando.

martes, 25 de outubro de 2016

Destinos de conto: día das Bibliotecas


    O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. E, para conmemoralo, participamos na proposta da Biblioteca de facer sinais que indicasen onde se atopan as historias e os personaxes dos contos. Na procura destes "lugares literarios" pensamos entre outros na Mancha do Quixote, no fondo do mar onde vive a sereiña, na lúa do conto a qué sabe a lúa?, pero finalmente escollimos por maioría o bosque dos contos dos porquiños e o lobo,  aínda que non todas estaban conformes coa votación... (Podedes ver como quedaron os postes indicadores no blog da Biblioteca.)

                             Lixamos e lixamos ...e lixamos ata pulir moi ben a táboa.
 
             A moitos foi o que máis lles gustou xa que a lixa é cousa de maiores!

 
                            Pintamos o sinal de cor vermella para indicar o perigo...

 
...logo as letras e fomos engadindo herbas, nubes, árbores e o lobo axexando aos porquiños...


 
 
Así quedou o noso sinal e o poste indicador coas que fixeron os nosos compañeiros.

  E aquí estamos: cada un mirando para onde lle cadraba!. Como os sinais do poste!



 

sábado, 5 de marzo de 2016

Masas sensoriais

  Unha das actividades coas que máis disfrutan os pequenos son as masas sensoriais: con elas  traballamos o tacto e tamén o olfato, apreciamos distintas texturas e educamos os sentidos. Despois de experimentar coa area cinética  probamos a facer dous tipos de masas blancas moito máis suaves que, ademáis de ser divertidas, deron moito de sí: masa de maicena con loción corporal e masa de espuma de afeitar con cola blanca. (Estas últimas teñen que deixarxe previamente  na neveira). 

    Para preparar a primeira masa antes untamos as máns coa loción e ulímola. Como veredes no video todos querían remexer coa culler. Finalmente "metimos as máns na masa" e ademáis ao longo da semana empregámola para pintar neve e bonecos... Cando seca ten unha téxtura moi interesante. Creamos así o inicio para traballar e coñecer a corriente pictórica das pinturas matéricas que empregan materiais moi diversos. 



mércores, 22 de outubro de 2014

HOSPITAL DE OSIÑOS DE PELUCHE

  O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
   Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros : 
  • CONSULTA
  • ANATOMÍA
  • NUTRICIÓN
  • HIXIENE E VIDA SAUDABLE
  • E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
  • e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade  e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus. 
   
   Os futuros médicos chegaron ás 8:30 e comezaron a instalar os obradoiros: con salas de consulta, aulas para as clases de anatomía e hábitos saudables, quirófanos, salas de curas para vendar osiños etc... e como nós xa estabamos inmersos no Proxecto do corpo Humano, tamén tíñamos  o esquelete Pepe, un torso cos órganos a tamaño real e libros, láminas e diversos traballos e materiais aportados polos nenos.
   
        Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente  e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.

     Foi unha xornada moi interesante  na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
 
os futuros doctores e doctoras

luns, 4 de marzo de 2013

A SEDA

    Hoxe tivemos unha visita no cole: viñeron facer uns talleres sobre a producción da seda a partir dos casulos  feitos polos vermes e deixaronnos unha exposición. O curso pasado cos nenos e nenas de 4 e de 5 anos estivéramos coidando un cento de vermes hasta que fixeron a metamorfose en bolboretas. Foi a primeira fase dun proxecto en colaboración coa unión de artesáns e hoxe vimos a segunda fase: o laborioso proceso de recollida dos fíos de seda. Nos talleres realizados por Mª José e Albino participaron os nenos de 5 anos e os tres grupos de primeiro de primaria. Procurarei poñer canto antes na web do cole as fotos sobre a experiencia nos talleres. 











 VER  E  TOCAR:

      Nós non fomos os talleres, pero vimos unha ppt sobre a cría e metamorfose e logo estivemos vendo e tocando na exposición que nos deixaron: vimos ovos, casulos, bolboretas e tamén distintos fios  e  tecidos de seda. Comprobamos co tacto as distintas texturas e graos de suavidade que se lle poden dar á seda.

sábado, 19 de xaneiro de 2013

FIXEMOS UN BISCOITO

      
      O xoves estivemos a facer de cociñeiros: fixemos un biscoito!. A cousa saleu porque un día un dos nenos trouxo para merendar un biscoito que fixera  con seu pai e empezamos a falar dos ingredientes que podía levar. Saleu de todo ... e eu fun apuntando no encerado o que nos faría falta para facer nós un parecido. Alí quedou varios días nos que os nenos me recordaban que tíñamos que facelo. Así que busquei a receta do biscoito de iogur e trouxen os ingredientes.

        No encerado escribín e dibuxei a receta e logo fomos decindo (e sobre todo contando) o que tíñamos que botarlle. Tíñamos na clase 22 cociñeiros impacientes por engadir cousas e por batir e remexer.

E este foi o resultado.
(Bueno , o resultado ¡comémolo todo!)
ESTABA MOI RICO!.


FACEMOS UN BISCOITO - foto montaje

    PARA REMATAR DEIXEILLES METER O DEDO NO RESTO DA MASA: ALGÚN METEU SÓ A PUNTIÑA DO DEDO PARA PROBAR ... E OUTRAS XA VEDES COMO REBAÑARON!

ASI QUE  CON ESTA ACTIVIDADE FIXEMOS MOITAS COUSAS :
 PENSAMOS, COCIÑAMOS, CONTAMOS, COMPARTIMOS  E  SABOREAMOS!


receita do biscoito de iogur:
1 iogur (este  vaso foi a medida para todo)
1 vaso de aceite
2 vasos de azucre
4 vasos de fariña
4 ovos (nas fotos vense 5...  "por si acaso")
1 sobre de levadura (pode ir sin el)
1 sobre de azucar con sabor a vainilla
mesturamos todo xunto e botámolo no molde untado de manteiga e fariña (tíñamos para escoller moldes con forma de círculo e de cadrado: escolleron o cadrado ... porque lles parecía máis grande a algúns)
quentamos o forno mentras facíamos o biscoito e despois puxémolo 40 minutos a 180 º máis ou menos
cando estivo listo levou tamén unha cobertura de azucre
E LOGO COMÉMOLO TODO!

martes, 1 de maio de 2012

OS VERMES DA SEDA

      Este luns tivemos unha visita: a directora xeral de Comercio, Nava Castro, presentounos  o módulo Os vermes da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola” organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo de achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos mellor.
        Na presentación  que nos fixeron na sala de psicomotricidade (o único espazo onde cabemos todos) estaban o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación Bernardo Moar, a directora Lita Avilés e a xefa de estudos Mari Luz ... e máis de 200 impacientes nenos.
      Mª José Martínez, que é a coordinadora do proxecto entre os colexios, foi a que lles presentou o conto aos nenos e nos deixou o material e un exemplar para os nenos.




      No taller da seda, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño distribuíu entre os colexios participantes o material e as ferramentas necesarias para desenvolver o proxecto: "2 caixas, ovos e moitos vermes pequeniños".  Deste xeito, os alumnos poderán coñecer nunha primeira fase o proceso de produción da seda, dende a cría e evolución dos vermes ata, nunha segunda fase, a extracción da mesma para a confección do fío e a elaboración das teas empregando os teares. Trátase de que os máis pequenos coñezan e valoren o produto feito á man. Como sabedes, na clase nós xa somos expertos na cría de bolboretas xa que estivemos a coidar 3 eirugas de papilio durante seis meses e o proceso da cría de vermes de seda xa o víramos cando eramos máis pequenos, agora queremos ir un pasiño máis alá para ver que se fai cos casulos e cos fíos de seda.




As eirugas son moi diferentes!


a eiruga que trouxo Cristobal

os vermes da seda


As bolboretas tamén!

a nosa papilio

a da seda