mércores, 28 de marzo de 2018

Embolsando a primavera

   Para levar os traballos que fixemos no  2º trimestre decoramos con flores estas bolsas de papel craft.  Aproveitando que acababa de entrar a primavera quedáronnos así de floridas.


 
Decoramos estas portadas para os libros que fixemos desde xaneiro:




martes, 27 de marzo de 2018

Día da muller traballadora: día das nais.

 O pasado 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora. Na clase falamos do traballo que fan as mulleres que máis coñecemos (nais, tías, avóas ou amigas...). Intentamos que fosen conscientes da importancia de tódolos traballos tanto dentro como fora da casa. E, sobre todo, intentamos facer visibles a través da conversa esos traballos que parece que se fan sós, sobre todo dentro do fogar. Tamén falamos da importancia de compartir esas tarefas.

  Cada neno/a escolleu a quen quixo  e explicoulles aos compañeiros o que eles creen que fan as súas mamás ou a persoa elexida e despois escribiron estas fichas.



Nesta montaxe están o resto das mulleres  
https://issuu.com/loli3amaia/docs/d_a__internacionalda__muller._as_na
PREMEDE NA IMAXE PARA VER O RESTO






domingo, 25 de marzo de 2018

Hospital de osiños da USC

  Os nenos/as de 5 anos recibimos a visita dos alumnos e alumnas da facultade de Mediciña da Universidade de Santiago que participan no HOSPITAL DE OSIÑOS. Os nenos levaron os seus osiños de peluche e seguiron tódolos pasos que se realizan no Hospital. Primeiro déronlles un curso rápido de como funciona o corpo (xa sabían moito!) e despois repartíronos en pequenos grupos para ir pasando desde a sala de consulta ata os quirófanos onde se vestiron de cirurxáns e operaron osiños...
Remataron facéndolle a historia clínica e obtendo un diploma por participar. Pasárono xenial!.

   O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos (TEDDY BEAR HOSPITAL) e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo e ensinándolles hábitos de vida saudables. 


  Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que, con moito entusiasmo polo seu traballo, montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros:
  • CONSULTA
  • ANATOMÍA
  • NUTRICIÓN
  • HIXIENE E  HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
  • E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
  • e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade  xa que o tempo non permiteu facelo no patio. Os nenos, repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos, corrían perseguindo virus.
  •  
  • Na montaxe de video vese como foron pasando polos distintos obradoiros: comezaron facendo de acompañantes dos osiños enfermos e remataron como cirurxans operando as distintas doenzas.

luns, 12 de marzo de 2018

Os tres sabores das LINAS!

   Na horta do cole temos unha árbore que plantamos sendo laranxa doce, pero como  brotou por debaixo do inxerto agora dá un froito digamos "especial". Puxéronlle o nome de LINAS porque saben a limón, pero parecen  naranxas. Fai uns días fixemos esta experiencia: collemos 5 e cortámolas para ver que sabores lle atopábamos. Traballamos cos sentidos: a vista, o tacto, o gusto e tamén o olfato. Ao comelas foron saíndo diferentes sabores:  doce, ácido, amargo.... E tamén conceptos matemáticos: enteiros, metades, cuartos, a partición... Troceamos as linas e probámolas, pensamos que non lle sobraría un pouco de azucre e deixámolas un día na neveira.

   Cando as probamos descubrimos varios sabores: o zume era doce, a pulpa ácida e a parte blanca da pel moi amarga. E fixemos un xogo no que tíñamos que probalas sin que os compañeiros notasen pola nosa expresión a qué nos sabían. Unha mestura rara e divertida que nos fixo agudizar os sentidos. 


sábado, 3 de marzo de 2018

A nena e o grilo no barquiño

  Saímos de excursión ao auditorio de Abanca en Santiago a ver "A  nena e o grilo no barquiño" de Magín Blanco. Esta é a segunda parte da obra musical de Magín Blanco. Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras polo mundo onde atopan ata dragóns!. A nena e o grilo, estában interpretados pola actriz Montse Piñón e o actor Pablo Patinho, integrantes da compañía Teatro Ghazafelhos.

 

Fotocall de Entroido

   Estas son as fotos de cando nos disfrazamos para participar no fotocall de Entroido organizado polo equipo de Extraescolares no escenario da Biblioteca. Tedes máis información na web do cole premendo AQUÍ