venres, 15 de maio de 2015

Un mar de persoeiros nas letras galegas


   Manuel Antonio foi o escritor a quén en 1979 se lle adicou o Día das Letras Galegas. Con él participamos na proposta do Equipo de Normalización Linguística que nos pasou un listado con tódolos persoeiros de edicións anteriores. (Este ano está dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde polo seu traballo divulgativo da lingua e da cultura galega).  Nun barquiño de papel cada clase tíñamos que poñer o nome dun  dos escritores ou escritoras homenaxeados en  anos anteriores. Despois seleccionamos un poema que escribimos nos paneis da entrada... e así foi como o mar  rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.

             Iker e Noelia foron os encargados de escribir o poema de Manuel Antonio no panel.



    Cada un de nós consigueu facer (con moito traballo!) un barquiño de papel interpretando e seguindo as instruccións que atopamos nunha páxina de internet sobre papiroflexia  e despois escribimos o poema nunha cartulina decorada. 

Contacontos con Inacio Vilariño

   Visitounos INACIO VILARIÑO, coñecido por nós na súa faceta de CONTACONTOS pero que ten outras: actor, autor, escenógrafo, director, manipulador de marionetas e moitas máis cousas. Conta entre outros co VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en categoría adultos, pola obra musical satírica "Auga que non vas beber" e tamén o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2010, modalidade infantil) por "Fábula galénica", onde os animais falan como as persoas e as persoas comportanse como animais e conta as aventuras do burro da tía Lola.  

     A visita foi organizada en colaboración co Consorcio Editorial. Inacio contounos e cantounos historias de burros. Uns de catro patas e outro que non sabía que era un burro. Escoitamos e cantamos con él a canción de Rosa León "a meu burro, a meu burro dóelle a cabeza..." e pasámolo moi ben.   Grazas Inacio!

 

  Neste video tedes unha selección con varios momentos da sesión de contacontos:


xoves, 14 de maio de 2015

Visitamos Correos en Lavacolla

"A primeira carta da miña vida!" foi o que dixo unha nena cando nos puxemos a escribir unha para os nosos compañeiros. Algo xa tan raro nos tempos de internet, correos e guasaps que só recibimos as dos bancos e pouco máis... E, salvo raras excepcións, son todas para os papás.  Por eso estabamos moi emocionados escribíndonos entre nós. Aprendimos a poñer os enderezos no sobre e o remitente por detrás.  Ademáis coa visita as instalacións centrais de Correos en Lavacolla vimos o proceso que seguen todas as cartas e paquetes que saén de Galicia.
as cartas iniciando o recorrido
   
   Acompañáronnos na visita Dani, o pai de Sergio, Ramiro, xefe de turno da mañán e Luisa, secretaria e encargada de temas de calidade en Correos. Os tres explicáronnos todo o recorrido que fai unha carta, e con eles etiquetamos, buscamos o destino da nosa  e seguímolas por todas as máquinas.


etiquetada como U: de urxente
as cartas que enviamos

   Neste video veredes todo o proceso, como o fixemos nós:  recorremos as impresionantes instalacións, desde a sala de clasificación manual, clasificación automática, as salas de loxística, vimos o que pasa coas cartas que están con enderezos errados ou ilexibles, como e porque se etiquetan as caixas... Para organizar a visita repartímonos en dous grupos. Eramos moitos porque estábamos as tres clases de cinco anos...

   Seguimos o recorrido de cartas e paquetes e  Dani, Ramiro e Luisa puxéronas a funcionar para nós. Sobre todo impresionoulles cando botamos as cartas na primeira máquina e estas comezaron a súa viaxe polas cintas... Todo eran berros de "esa é a miña, a miña !". Tamén lles gustou outra máquina que a enorme velocidade movía e repartía os sobres xa case no final...
   Dani, entre outras moitas cousas, explicounos o que són os códigos postais. Tamén nos deixaron o matasellos manual.... (e as cartas quedaron ben mataselladas!).
    Foi un día moi emocionante que lle temos que agradecer a Dani por invitarnos e pola enooorme paciencia que todos tiveron con nós. Ademáis agasalláronnos con un conto para cada un, etiquetas e caramelos...   Tamén enviamos unha carta moi especial que fixemos xuntos para Noa, con bicos de parte de todos. Agora os nenos están a comentar moi contentos que xa lles están a chegar as cartas. E algúns xa estiveron planeando facer máis e seguir empregando os servizos de Correos...

xoves, 7 de maio de 2015

Visitamos os poliños de 3ºA

    Hoxe fixemos unha visita á incubadora e ó nacedeiro onde están os poliños que coidaron durante 21 días os alumnos de 3ºA de primaria e a súa titora María. Fai días recibimos nas clases unha invitación para unha xornada de portas abertas indicando que estaba previsto o nacemento entre os días 5 e 11 de maio. Tíñamos a data marcada no calendario e esperábamos emocionados. Antes de baixar tamén seguimos a experiencia pola webcam que instalaron sobre a incubadora e ademáis fomos recibindo avisos dos tres primeiros nacementos... 

    Cando nos tocou o turno seguimos as flechas da ruta dos poliños que marcaba o recorrido á sala onde está a incubadora. Ese aparato prestoullo a asociación Boaga que se encarga da recuperación de especies en perigo de extinción de Galicia, como a galiña de Mos.
     Un xeito de adaptar o uso das tics nas áreas de coñecemento: a webcam conectada con tódolos ordenadores do colexio. Uns poliños moi tecnolóxicos!


    María e os alumnos de 3º recibiron a tódalas clases do cole e responderon ás nosas preguntas, aínda que os máis pequenos o que querían era admirar os poliños. Contáronnos que un era prematuro, que uns eran de quicas e outros de Mos, que a incubadora sustituía o calor da nai cuns 37º e que precisaba un certo grado de humidade polo que tiñan que botarlle auga nun depósito e que cada certo tempo a máquina lle daba a volta os ovos...

   Estaban intrigados por saber cales eran machos e femias, como rompían as cáscaras, o que comían e ademáis observamos como varios ovos se movían sós, así que probablemente saian esta noite...


   Aquí vemos as fotos e un video da visita e das estrelas do día, que tamén nos miraban curiosos e moi tranquilos desde dentro da caixa...

 
  Antes de baixar tamén buscamos na rede videos de como as galiñas poñen os ovos, e de como se transforma un embrión dentro das cáscaras ao longo dos 21 días...


E despois debuxámolos así: os poliños vistos cos ollos dos nenos.



domingo, 3 de maio de 2015

A nena e o grilo

  Fomos a Santiago a ver e escoitar a historia dunha nena e un grilo: unha viaxe polo mundo chea de imaxinación coas cancións de Magín Blanco. Este artista ourensán comezou a súa carreira musical co grupo La Rosa e desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. Xunto coa compañía Ghazafellos presenta A nena e o grilo nun barquiño, unha combinación de teatro e música. A música está nun libro+CD editado en 2013 por Sueños del Gatipedro e conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas



   Ademáis, durante o percorrido pasamos pola Plaza de Abastos, que estaba chea, e pudemos ver moitas cousas e falar coa xente dos postos de verduras.

atravesando a Plaza
O grilo
    Á volta tamén nos cruzamos con outros coles que iban camiño do Auditorio da Fundación Abanca a ver a mesma obra que nós.  Despois dunha longa espera, e de atascar o tráfico, subimos aos buses e voltamos a Bertamiráns.  

sábado, 2 de maio de 2015

Plantando fresas

 Fai uns días pasamos pola horta a plantar fresas. Tíñamos plantas grandes de flores blancas e outras máis pequenas de flores rosas que lle encantaron. Tamén levamos dúas plantas de moras sin espiñas e como xa as merquei con algún froito, esperamos poder comelas antes de que remate o curso. Ademáis tivemos sorte de que xusto ao día seguinte lles choveu e así non correron risco de secar o fin de semana.



    Despois recollimos o lixo: as bandexas e outros restos que atopamos. Entre eles a veleta e o espantallo que tanto nos gustaba... Estaba desfeito polas choivas e un ano á intemperie... pero aínda así non quixeron botalo no saco: algunha case chora!. E a varios ocurreuselles facerlle "unha tumbiña". Ejem... Así que cavamos un burato, enterrárono ....e tapárono  cos pétalos das camelias que atoparon caídas.