martes, 25 de outubro de 2016

Destinos de conto: día das Bibliotecas


    O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. E, para conmemoralo, participamos na proposta da Biblioteca de facer sinais que indicasen onde se atopan as historias e os personaxes dos contos. Na procura destes "lugares literarios" pensamos entre outros na Mancha do Quixote, no fondo do mar onde vive a sereiña, na lúa do conto a qué sabe a lúa?, pero finalmente escollimos por maioría o bosque dos contos dos porquiños e o lobo,  aínda que non todas estaban conformes coa votación... (Podedes ver como quedaron os postes indicadores no blog da Biblioteca.)

                             Lixamos e lixamos ...e lixamos ata pulir moi ben a táboa.
 
             A moitos foi o que máis lles gustou xa que a lixa é cousa de maiores!

 
                            Pintamos o sinal de cor vermella para indicar o perigo...

 
...logo as letras e fomos engadindo herbas, nubes, árbores e o lobo axexando aos porquiños...


 
 
Así quedou o noso sinal e o poste indicador coas que fixeron os nosos compañeiros.

  E aquí estamos: cada un mirando para onde lle cadraba!. Como os sinais do poste!



 

mércores, 5 de outubro de 2016

Os marmelos. Antonio López

   Levamos unha semana moi larpeira: Leo e Lucas B. trouxéronnos doce de marmelo que fixeron as mamá e a avóa. Cristina ademáis enviounos un par de froitos para que pudésemos ver de onde sale este doce tan rico. Leo e Lucas compartiron anacos  cos seus compañeiros e ademáis explicaron como se fai. (Salvo algunha confusión de que levaba patacas e mel, fixérono moi ben). 

    Buscamos receitas na rede e atopamos unha que é similar ao que eles iban contando. Despois buscamos fotos de marmelos e da árbore para poñer no escritorio. Ademáis vimos varios cadros de marmelos (bodegóns, o cadro de Antonio López e un de Manuel Quintana Martelo ). E finalmente, con ceras e aguada, fixemos  a nosa interpretación do cadro de A. López. 
 Gracias a Cristina, a Rosa e a avóa Chiruca!