Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xuño de 2022

Mirando a través das lupas


  Como os bichos e cousas da clase xa as tíñamos algo vistas, saímos fora a observar animaliños e outros elementos naturais. Levamos as lupas e estivemos mirando a través delas. Unha experiencia de búsqueda, observación e conversación sobre o que ibamos atopando.


xoves, 18 de marzo de 2021

Tarsy Carballas, a científica do solo

 As nenas e os nenos fixemos un lapbook sobre Tarsy Carballas "a científica do solo".  Para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA", cada clase tiña que escoller unha científica galega. Ao principio ibamos facer un mural con unha cartulina como soporte, pero según aprendíamos cousas sobre Tarsy as solapas (capas, ventanas ou lapelas) foron aumentando e ao final xa eran catro cartulinas.

 Despois contamos neste video o que averiguamos sobre ela. Algúns con moitos nervios, outros con máis soltura, pero todos acabaron decindo algo sobre Tarsy. Aprendimos moito sobre esta muller que foi unha pioneira na investigación nun tempo no que este campo non se consideraba axeitado para as mulleres... e aínda segue investigando!. E nós, como ela, tamén recollemos moitas mostras diferentes do solo!. Quedámonos sobre todo coa idea que o solo está vivo e agora mírano dun xeito diferente. E tamén nos preocupou moito como lle afectan os incendios tanto ao solo como aos seres vivos que viven nel.

tipos básicos de solo



martes, 26 de xaneiro de 2021

Experimento con xeo e sal

   Durante o frio tan tremendo que houbo fai uns días (chegamos a estar a -2º! na hora de entrar ao cole) pudemos ver que tralas xeadas viñeran botar sal na entrada do colexio. Unha das preguntas que estimulan a curiosidade é para qué?. Falamos do tema e decían que era para non resbalar. 

Para responder a outra pregunta das importantes (cómo lle afecta a sal ao xeo?)  fixemos un experimento.  Preparei unha botella chea de auga para que se formase un gran cubo de xeo e na metade cubrímolo con sal. 

Ao longo da mañan fomos observando que o xeo en contacto directo co sal íbase desmoronando bastante rápido e, pola contra, na parte onde non había sal desconxelábase máis lentamente.
 
 


 (finalmente un apunte para pensar: evidentemente é un método moi eficaz, pero case nunca pensamos na cantidade de sal que se emprega cada ano para facilitar unha conducción máis segura. Aquí é máis puntual, pero en algunhas zonas  son toneladas e toneladas que acaban nas cunetas, salinizando os acuiferos e  afectando ao medio ambiente...)


sábado, 16 de xaneiro de 2021

O muñeco "bailarín"

 Á volta das vacacións, seguimos aquí!. Esta vez fixemos un experimento no que conseguimos que un dibuxo "bailase". Estivéramos falando dos dibuxos animados e cómo se facían, pero acabamos chegando a este truco... Vímolo primeiro no Symbaloo que temos de Ciencias no blog. Vimos os materiais que empregaban e cómo se movía... e despois probamos a ver si conseguíamos reproducilo. 

 Mentras, falamos de cómo se fan as experiencias de "xeito científico" nas que se siguen as seguintes etapas:

  1. observación e preguntas : o dibuxo movíase no video, pero COMO?
  2. fixemos hipótesis e explicacións provisionais: aquí douselles moi ben, había moitas ideas para intentar mover o dibuxo!. No papel non se move, porque queda dentro, así que Lara dibuxou no plato de cerámica, porque non tíñamos o de cristal...
  3. experimentación e comprobación das hipótesis: tivemos que facer varios intentos porque o muñeco que dibuxamos non se movía. Primeiro pensamos que era demasiado delgado e dibuxámolo máis groso e con máis tinta, despois probamos con varios rotuladores distintos de pizarra e tamén fomos cambiando a temperatura da auga. Coa fría fracasamos, coa morna conseguimos que movese as pernas e COA AUGA QUENTE  "BAILOU"!
  4. análisis e conclusións: necesitamos moita tinta de rotulador de pizarra e auga quente para despegalo do plato e que "baile".  

5. E levamos un rexistro da experiencia a través dunha ficha onde escribimos o que usamos e ademáis fixemos un debuxo.


 Agora probade na casa a ver si o consiguen de novo!
 

domingo, 31 de maio de 2020

O volcán de Iago: ciencia divertida.

  Na proposta de realizar un volcán Iago mandounos esta serie de fotos construindo con periódicos  recubertos de barro a estructura do cono do volcán e deixando un tubo no centro para facer a cheminea por onde botar o vinagre e o bicarbonato.

 Polo que me contou Nuria, a reación química dentro da cheminea entre o vinagre e o bicarbonato,  foi un éxito e o volcán de Iago botou lava!

sábado, 30 de maio de 2020

Iago fixo esqueletos e pulmóns

Iago estivo facendo dúas das propostas sobre o corpo humano. O primeiro que escolleu foi o de facer esquemas de esqueletos e empregou bastonciños dos oidos e palliñas para facer os osos. Quedáronlle así de divertidos:


 
 E con dous globos, palliñas e media botella fixo o esquema dos pulmóns,  así pudo ver como se enchían de aire tirando do "diafragma".

sábado, 11 de abril de 2020

Abril e Vera: guerreiras e científicas!

 Unhas fotos de Abril axudando a Vera cos seus proxectos de Ciencias. Fixeron un muiño de vento,
  ... e un sistema respiratorio de plastilina. 

  E vese que tamén o pasaron xenial disfrazándose de "guerreiras das pinzas" e facendo  croissants recheos  de xamon iork e queixo. 
 
 Tempo para investigar, para axudar na cociña e para investigar. E sobre todo facéndoo como un gran equipo!

luns, 30 de marzo de 2020

Rexistro científico do cultivo do aguacate

  Onte Maeba quixo compartir con nós como lle vai co "CULTIVO" DO AGUACATE Unha semente que esixe de nós unha cousa que precisamos moito nestes momentos: PACIENCIA. Tamén é unha semente digamos rara. Si a pós a xermolar nun vasiño pode tardar moito en abrirse, pero si a tiras sin coidado ningún na terra, seguro que pronto terás unha arbore de aguacates. Digamos que é una semente un chisco desagradecida: canto máis a coidas peor lle vai. Esperemos que a de Maeba medre ben!. Gael tamén está "axudando"!. Trátase tamén de coidar un ser vivo  e darlles unha responsabilidade aos nenos. E só precisamos algunhas fabas, lentellas, sementes de mazás...


 PROPOSTA DE EXPERIENCIAS: 
  Unha actividade que se pode facer cos nenos cando sementamos algo, é unha ficha onde rexistremos o proceso. A base da ciencia está na experimentación, a observación e o rexistro. Podemos escribir o seu nome,  debuxar a semente, anotar cando a plantamos, cando agroma, canto vai medindo.... Como non todos teredes impresora, podese facer o rexistro a man, ou usar unha folla do calendario. Tamén a vou subir na web e na plataforma Agueiro.
 

luns, 9 de maio de 2016

EXPER-I-CIENCIA : DON MEXILÓN

  A semana pasada tivemos a visita de dúas BIÓLOGAS que traballan para o Instituto de Investigaciones Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Déronnos unha pequena charla con fotos sobre os animais acuáticos. Foi unha actividade solicitada polo Equipo de Infantil para toda a etapa e que está financiada pola fundación Barrié de la Maza. Ó rematar repartiron a todolos nenos unha mochila co seu selo.
   As dúas CIENTÍFICAS partiron dos personaxes de Bob Esponxa e explicáronnos cousas da cría do mexilón nas bateas. Contaron coa axuda da súa mascota Don Mexilón.




(as fotos que salen na montaxe non son as que traían as biólogas do CSIC , busqueinas na rede para que nos sirvan de repaso da actividade)

xoves, 26 de novembro de 2015

Experiencia: imáns


   Os nenos teñen unha enorme curiosidade por coñecer o mundo que os rodea están na idade na que todo son preguntas: por qué esto? por qué o outro?. Moitos xoguetes xeran neles o interés por saber cómo funcionan, este é o caso dunha caixa de imáns que temos. Sempre a usaron como un xogo, empatando pezas para construir estructuras e vendo que por un lado se atraen e por outro se repelen...     
      Pero esta vez propúsenlles unha experiencia práctica: ver si podían sacar dun bote os anacos de limpapipas de cor (que teñen un centro metálico) sin meter as máns dentro.
 

     Estiveron probando e conseguirono unindo unhas pezas con outras ata ter unha máis longa que chegaba ao fondo. Despois estivemos comprobando pola clase as cousas que quedaban "pegadas" nos imáns e as que non. 

xoves, 9 de abril de 2015

O CULTIVO DE BACTERIAS

    Como xa vos contei nunha entrada anterior Carlos, o papá de Clara, veu a clase e trouxo un kit de saliva  co que nos preparou unha placa cun  cultivo coa que sacou da boca de Clara. Tamén fixo outro de mofo. Agora despois de moitos días, á volta das vacacións, o cultivo sigueu a medrar e as colonias de bacterias xa son visibles a simple vista, sobre todo en comparación co mofo. Chama a atención unha colonia moi grande e blanca que se aprecia na dereita da foto. 

luns, 23 de marzo de 2015

UNHA VISITA CIENTÍFICA

  Recibimos a visita de Carlos, o pai de Clara, que é profesor na Universidade e falounos de virus, bacterias, bacilos e outros "bichiños" moi pequenos que viven no noso corpo. Trouxo un kit de saliva e preparounos unha placa cun  cultivo da que sacou da boca de Clara. Tamén fixo outro de mofo, para comparalos. Trouxonos unha estufa de cultivos para deixar a placa dentro, para que as bacteias e o mofo medrasen coa calor. Empregamos a lupa do colexio para ver virus... e con todo eso tivemos unha xornada moi científica e entretida. !


 
       Despois Clara escribeu na pantaia os nomes do que nos falou Carlos: bacterias, virus, cocos, bacilos etc... e logo todos escribiron e dibuxaron a experiencia. Ao día seguinte pudemos comprobar como medraran as colonias de bacterias: parecían como boliñas de xelatina brillantes.


Aquí podedes ver as fotos da visita:



xoves, 19 de marzo de 2015

INVENTOS: O SUBMARINO

   Sergio quixo compartir con nós o invento do submarino. Trouxo información de internet sobre o seu inventor: Isaac Peral e despois na clase seguimos buscando máis cousas. Vimos como se metían antiguamente baixo o mar, empregando uns complicados e pesados traxes de mergulladores. Comparamos cos traxes máis modernos e dibuxámolos na ficha sobre o invento.
    Despois propúsenlles facer un minisubmarino dentro dunha botella de plástico, con tres globos e unha tuerca. Despois de probar a aplicar a suficiente presión nas paredes da botella  conseguiron dominar a mecánica do submarino e ademáis Clara contounos como o entendera ela nun programa que veu na tele (aínda que cando fixen o video comete un pequeno erro, nótase que o entendeu perfectamente). 


  Escoitamos  en inglés yellow submarine dos Beatles e ademáis con Merce cantaron unha versión en español da que vos poño un pequeno video.