martes, 26 de xaneiro de 2021

Experimento con xeo e sal

   Durante o frio tan tremendo que houbo fai uns días (chegamos a estar a -2º! na hora de entrar ao cole) pudemos ver que tralas xeadas viñeran botar sal na entrada do colexio. Unha das preguntas que estimulan a curiosidade é para qué?. Falamos do tema e decían que era para non resbalar. 

Para responder a outra pregunta das importantes (cómo lle afecta a sal ao xeo?)  fixemos un experimento.  Preparei unha botella chea de auga para que se formase un gran cubo de xeo e na metade cubrímolo con sal. 

Ao longo da mañan fomos observando que o xeo en contacto directo co sal íbase desmoronando bastante rápido e, pola contra, na parte onde non había sal desconxelábase máis lentamente.
 
 


 (finalmente un apunte para pensar: evidentemente é un método moi eficaz, pero case nunca pensamos na cantidade de sal que se emprega cada ano para facilitar unha conducción máis segura. Aquí é máis puntual, pero en algunhas zonas  son toneladas e toneladas que acaban nas cunetas, salinizando os acuiferos e  afectando ao medio ambiente...)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!