domingo, 23 de novembro de 2014

O BOSQUE DOS a-BRAZOS


    Iniciamos o traballo pensando a parte no corpo que se podía empregar para facer un mural do outono. E decidímonos polas máns abertas, que parecían ramas. Logo, deitados no chan diante dun papel que ocupaba toda a clase, cada un fixo a súa árbore en este BOSQUE DE a.BRAZOS. Dibuxaron o contorno desde os dedos ata os cóbados.  Mesturamos o outono, (coas súas cores cambiantes) e o coñececemento do corpo, (tiveron que escoller entre dereita e esquerda). Usamos témperas, pinceis, esponxas, espumas, follas recollidas no monte, follas estampadas... Tamén empregamos técnicas diferentes: pintamos, recortamos, imprimimos, pegamos, mesturamos cores, estampamos... e  sobre todo intentamos compartir o espazo e colaborar engadindo cada un o que se nos iba ocurrindo según o que sabemos de esta estación do ano. E aínda non rematamos!

PREMER NA IMAXE PARA VER COMO O FIXEMOS

sábado, 22 de novembro de 2014

O MAGOSTO NA MAÍA

  O Magosto é unha das nosas tradicións máis arraigadas e o venres 14, a pesar de que parecía que non poderíamos sair polo temporal de tronos e choiva que caeu na Maía, este amainou  e permiteunos celebralo. Veu un castañeiro que non traía o típico tren pequeniño: este parecía o Ave dos trens! e os pequenos quedaron pasmados cando o viron... 
    Tivemos dous axudante dos maiores, Miguel e Nico o irmán de Álvaro, que nos axudaron o organizar os xogos e a pintar os nenos e aguantaron o tipo ante a impaciencia dos pequenos e incluso as mostras de afecto que case tiran con eles... (Grazas rapaces!).  Despois comemos as castañas nos cucuruchos e escoitamos a unhas invitadas estupendas, María, Ana e Masé, compoñentes do grupo "AS TOCADORAS DE NINGHURES", que introduciron aos pequenos nos ritmos tradicionais da gaita, o tambor e a pandeireta e fixerón bailar a pequenos e grandes.


     E ademáis, ao longo da semana, fixemos O CASTAÑÓN. Cada neno fixo unha parte, e aínda que o comezo tivemos o típico "medo ao folio en branco" e non se nos ocurría como facelo, despois foron engandindo de todo o que se nos ocurría: hortensias e follas secas, sementes, botós, espuma, cintas para o pelo, e por suposto purpurina.... Puxen eu o tope... que senón aínda seguen poñendolle cousas! 
     En este enlace ao blog da Biblioteca están todos os castañóns que se fixeron no colexio en infantil e primaria.

http://biblioceipamaia.blogspot.com.es/2014/11/os-castanons-da-maia.html

xoves, 20 de novembro de 2014

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

     O próximo día 24, luns en horario de 16,30 a 19 horas celebrase no Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais  ou titores legais do alumnado no Consello Escolar. Esta circular que os nenos levarán mañán explica como proceder. 


sábado, 8 de novembro de 2014

AREA DE LÚA

     Meter as máns na terra ou na area é unha actividade que lles encanta a case todos os nenos. É un retorno á Natureza e ao contacto cos elementos naturais. Manipular area é unha experiencia sensorial para os máis pequenos que estimula a motricidade fina e axudaos a comprender e descubrir conceptos “científicos” como cheo e baleiro, lixeiro e pesado, seco e húmedo… E tamén é unha oportunidade  para os maiores e incluso adultos para experimentar proxectos creativos únicos
    Un día enviaronme un video (clicar) cun "material sueco moi sofisticado": AREA CINÉTICA! ou AREA DE LÚA!. UFFF que cousa máis interesante ... e cara!. Así que buscando por aí atopei a maneira de facer a nosa propia area de lúa:  caseira, barata ... e do país

Ingredientes para facer area de lúa:  


  • 5 vasos de area moi fina
  • 5 vasos de fariña de millo (maicena caducada!)
  • 1 vaso de auga 
  • e logo mesturar (..mais ou menos, xa que todo foi a ollo)
  • de momento ten unha caducidade dunha semana (despois ule un chisco peculiar ... e tense que renovar) 
  •  
PREMEDE AQUÍ

domingo, 2 de novembro de 2014

SAMAÍN

     Durante a semana pasada os nenos trouxeron a clase as cabazas que decoraron na casa para participar no concurso do colexio. Grandes, pequenas, divertidas, de medo, feitas con axuda e feitas sós, pegadas, pintadas, picadas, vaciadas ou enteiras.... había de todo!. Logo colocámolas en  exposición baixo a árbore do edificio de infantil e sacamos fotos diante. Tamén fumos visitar as dos nenos de primaria: máis de 200 que ocupaban toda a entrada. Quedamos pasmados coa cantidade e coa imaxinación e creatividade amosadas por todos. (Grazas pola colaboración!). Podedes ver  todas as cabazas no blog da biblioteca. Fixemos dibuxos de medo e falamos da tradición do Samaín e do Halloween, que a estas alturas se mesturan nas festas infantis.