Páginas
sábado, 17 de decembro de 2022
Facendo arañas: oito patas de Ana Meilán
domingo, 20 de novembro de 2022
Contamos contos na Biblioteca
· Fomentan o hábito de lectura.
· Estimulan o desenvolvemento da linguaxe: aumentan o vocabulario e melloran a pronunciación.
· Axudan a integrar normas de conducta e comprender comportamentos.
· Axudan a mellorar a creatividade, desenvolver a imaxinación e fomentar o pensamento reflexivo.
· Fomentan a atención, a escoita e exercitan a memoria para despois facilitar a adquisición de aprendizaxes máis complexos.
· Axudan na adquisición de valores e conceptos éticos.
· Axudan a descansar e relaxarse tanto pola noite como na clase.
· Crean momentos especiais entre os adultos e os nenos.
.....e son unha fonte de diversión!!!
luns, 7 de novembro de 2022
"As chaves dos soños" de Ana Meilán
Esta historia permiteunos falar dos soños, dos pesadelos e dos medos que todos temos ás veces... Ademáis a profe Sandra consigueunos un montón de preciosas chaves, púxenlles un lazo vermello para non perdelas (as de Adele son azules) e cada un escolleu unha para poñer baixo a almofada. Espero que funcionen e teñades bonitos soños!
domingo, 6 de novembro de 2022
Intercambios na Biblioteca
martes, 25 de outubro de 2022
"As chaves dos soños" con Ana Meilán


sábado, 18 de xuño de 2022
Día das letras galegas: as serpes . Florencio Delgado Gurriarán.
Este ano o Día das Letras galegas adicouselle a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. A proposta do Equipo de Normalización Linguística foi achegarnos á súa obra co poema "un dous tres, foxen da retorta SERPE...".
Gurriarán que naceu en Valdeorras no ano 1903 e finou en Fair Oaks (California) en 1987, foi un avogado e poeta galego que tivo que exiliarse pola guerra. En México fundou a revista Vieiros, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963).
xoves, 2 de xuño de 2022
Celebrando o día do libro






.jpg)
.jpg)

.jpg)























.jpg)




