Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de marzo de 2022

"O moucho", poema de Rosalía de Castro

   Seguindo coa obra de Rosalía de Castro a partir da canción de Migallas sobre o poema "O Moucho"  fixémos os nosos despois de buscar en internet como son estas rapaces. Con tubos de papel hixiénico formamos o corpo e pintámolos de cores con pinceis.
   Con gomets  puxémoslles os picos  e os ollos fixémosllos coa punta do dedo... (ou algo máis que coa punta😅). Nunha cartulina onde pintamos os penedos e un campo de herba con distintos tonos de gris e verde, pegamos os tubos coa pistola de silicona. E así quedaron os nosos mouchos!


sábado, 6 de novembro de 2021

Reciclando e reutilizando: xogando con tapas

   Un dos hábitos que fomentamos é o da reciclaxe e a reutilización. Temos  na clase unha caixa chea de tapas de todo tipo de productos (leites, rotuladores, deterxentes...)  que fomos xuntando en cursos anteriores e que imos aumentando coas aportacións dos nenos: esta promoción comezou a engadir as tapas dos bebibles...

As tapas son un material colorido, resistente e moi atractivo visualmente. E barato!. Nós empregámolas para o conteo, a clasificación por cores, formas e tamaños... e ademáis traballamos o gusto estético a través das composicións. Se tedes tapóns bonitos como estes, ou similares, podedes mandárnolos a clase polos nenos.  Aquí unhas das primeiras experiencias con este material:


 

xoves, 24 de decembro de 2020

Unha árbore de Nadal reciclando.

Cada ano a nosa clase encárgase de poñer a árbore na entrada do colexio, cos seus adornos (esta vez Sandra engadeu unhas bolas forradas con tela) e despois facemos o encendido. Foi igualiño que en Vigo😉 e coa mesma emoción! Este ano ademáis fixemos outra en papel continuo. Como do anterior mural da diversidade nos sobraran moitos anacos de papel verde que rasgáramos para simular a herba, e nós nunca tiramos nada, 😂, empregámolos para facer unha árbore de Nadal. Pegámoslle tamén as bolas decorativas que fixemos. Aquí vemos o proceso: o primeiro grupo fíxolle unhas ramas moi esquemáticas e o resto foron pegando anacos de diferentes tonos e texturas hasta darlle corpo á nosa árbore.

 

 


mércores, 3 de xuño de 2020

Os alfabetos creativos de Abril

Abril estivo traballando co alfabeto. Ten unha libreta con lentejuelas que cambian de cor cando as xiras... como esas camisetas que lles encantan  😉. Estaba facendo a súa inicial e Andrés propúxolle que fixera todo o abecedario. Foille sacando fotos a cada letra e quedoulle así:
 Despois  envioume este outro que fixo recortando os cartóns de caixas de comida que van gardando para reciclar!. Fantástico. Unha moi boa idea para REUTILIZAR materiais que xa tiña na casa!
 Recordade que na clase estivemos moito tempo facendo un proxecto de separación de residuos (tíñamos tres papeleiras nas que cada día clasificábamos e repartíamos os restos de papel, o plástico e os residuos orgánicos das merendas.  Falamos da Reciclaxe, que xunto coa Reducción (hai moitas cousas que non necesitamos) e coa Reutilización  (que foi o que fixo Abril cos cartóns)  son as tres R que poden axudar a coidar o planeta. Póñovos aquí este corto para que o lembremos.

 

sábado, 4 de abril de 2020

Unha árbore de sumar con Jhon E.!

   Jhon E. quixo compartir con nós unha árbore de sumar mazás. E ademáis reciclou tapas. Mandou dous pequenos videos para explicarnos como fai e despois escribe o resultado.


xoves, 7 de xuño de 2018

Un taller de monicreques

      O outro día achegámonos a primaria para ver os monicreques de 4º que están expostos no segundo andar. Estaban impresionantes!. Falando con Ana H., unha das profes que coordinaron este traballo, pedinlle que nos "prestase" algún dos autores dos monicreques e viñeron Aida a irmá de Inés e Elena a irmá de Antón. 
 
   Entre as dúas fixeron unha exposición magnífica do taller, explicaron os materiais necesarios,o proceso de creación, os accesorios, a técnica, o tempo que lles levou... todo!. E ademáis responderon ás preguntas que lles fixemos. Estiveron estupendas e Aida ata lles puxo voces aos personaxes!. Unha maneira de aprender entre iguais: elas foron moi boas profes e nós moi bós alumnos!. E moi atentos!
 

 
 (as fotos dos monicreques publicaranse en breve na web do cole e poderedes aprecialos en detalle pero si tedes ocasión achegádevos a velos, paga a pena!)

luns, 20 de marzo de 2017

Xan Perillán e os monicreques de Kukas

   O pasado xoves os pequenos de infantil fomos ver na Biblioteca a obra "Xan Perillán compra queixo, compra pan" interpretada por KUKAS. Un artista, Marcelino de Santiago,  que leva case 40 anos cos seus monicreques. É unha obra sobre consumo responsable e  hábitos de vida saudable: Xan Perillán é un vello paiaso (os máis pequenos pensaron que era Papá Noel) que vai mercar á tenda verduras, patacas, peixe... e de paso fala  da reciclaxe e da publicidade engañosa. Nesta montaxe podemos ver uns anacos da súa actuación... nunha divertida sesión na que fixo de todo, ata maxia!
 Grazas Kukas!!!

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Reciclando ceras

   Todos os materiais teñen un fin e cando remata a súa "vida útil" normalmente repoñémolos e os restos tíranse e xa está... Pero cando merquei as ceras novas ensineilles no blog de 4 anos o bonitas que lles quedaron as que eles reciclaron.



    Decidimos entón intentar facer as nosas propias ceras "madeinfeitonocole". Merquei moldes de silicona de distintos tamaños, formas e cores e seleccionamos as ceras máis pequenas. 

  Enchemos os moldes  medindo por tamaños e clasificando por cores: esto é competencia matemática!. Cando todo estivo listo, metémolas no forno a 180º, algo menos de 10 minutos. Esperamos a que estivesen frías e ao día seguinte desmoldaron e probaron as ceras. Quedaron moi bonitas! E ademáis aprendimos de xeito práctico o valor da reciclaxe

Neste video está o proceso que seguimos: