luns, 26 de febreiro de 2018

Rosalía tamén vive aquí!


   O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Fixemos unha "visita virtual" á casa museo de Rosalía e lembramos cousas da súa vida. Na clase participamos na actividade proposta polo EDNL do Concello de Ames elaborando un cartel en tamaño A3 onde ilustramos  un poema de Rosalía. Escollimos entre varios poemas o que máis nos gustou ("pasa, río, pasa río...") e entre todos uns escribiron o texto e outros fixeron os debuxos e así participamos todos. Despois, levamos a casa unha copia que tiñamos que pendurar nos nosos edificios. Podedes ver AQUÍ neste enlace coa  web do cole  mais imaxes e datos desta actividade. Para ver o resto dos poemas que fixeron os alumnos do colexio premede AQUÍ.





xoves, 15 de febreiro de 2018

Festa de Entroido na clase: baile de disfraces


   Rematamos a semana  celebrando unha festa de Entroido, na que viñemos estupendos disfrazados da casa, compartimos unha merenda con productos típicos, fixemos un baile na clase e despois baixamos ao patio cuberto con todo infantil.  Podedes ver tamén a web do cole onde tedes máis fotos nosas.
(Moitas grazas pola vosa colaboración cos disfraces e cos postres!)



mércores, 14 de febreiro de 2018

Entroido pirata

  Esta semana de Entroido seguimos os mandadiños do Meco para vir disfrazados de Piratas. (Moitas grazas pola vosa colaboración!). Tamén fixemos un pequeno proxecto para averiguar cousas sobre eles, os seus barcos, materiais e costumes. E estamos a ver un corto sobre o libro "A illa do tesouro" de  Robert Louis Stevenson.



domingo, 4 de febreiro de 2018

Os mandadiños do Meco



  Do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o Entroido no centro, polo que pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos e fillas traian da casa o que mande o Meco (é acumulativo).








Os mandadiños para esta semana son: 

LUNS: "Se pirata queres ser, un pano na cabeza terás que traer"

MARTES: "Se o mar queres conquistar, bigote ou barba has pintar"

MÉRCORES: "Un parche nun ollo traerás e un bravo pirata serás"

XOVES: "Se o desfrace queres completar, un prismático ou un garfo terás que levar"


VENRES: os nenos e nenas poderán vir disfrazados libremente do que elixades. E, como vos decía na nota que levaron, faremos unha degustación de doces de entroido na clase, polo que pedimos a vosa colaboración para que ese día, no lugar da merenda habitual, enviedes polos nenos algún doce típico para compartir entre toda a clase.

   
  Moitas grazas pola vosa colaboración. Un saúdo