Amosando publicacións coa etiqueta magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta magosto. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de novembro de 2022

As Maianas cantando no Ceip A Maía

  O venres celebramos o magosto con actividades organizadas polo Equipo de Extraescolares. Recibimos a visita do grupo As Maianas que actuaron na Biblioteca para todos os alumnos. Son un grupo de cantareiras e pandereteiras que tamén empregan a percusión corporal e a guitarra. Os de infantil baixamos despois do recreo e pasámolo xenial con elas!


 Esta é unha montaxe coas fotos dos nenos de infantil mentras as  Maianas cantaban para nós.




Colares de zonchos!

                            

O día 11 celebramos o magosto no cole e tíñamos que traer feitos da casa colares de zonchos, de castañas cocidas, que despois poderían comer si querían. Houbo de todo: algúns non as probaron e outros comeron as súas e as que levei a maiores!. O caso é que foi unha xornada divertida con estas xoias comestibles. (Os colares de zonchos teñen a orixe nas tradicións de santos e difuntos: decían que con cada castaña cocida que comías lembrabas un difunto).


 

domingo, 10 de novembro de 2019

Magosto coas Maianas!

  O pasado venres oito, celebramos o Magosto cos nosos compañeiros de infantil e primaria. Comemos castañas asadas e bailamos ao son de catro das pandereteiras do grupo "Maianas".







Antes, na clase, pintamos e preparamos os cucuruchos e tamén decoramos unha papeleira para deixar todo recollido.
 As Maianas cantaron e animaron durante toda a mañán mentras os nenos de infantil e primaria comían e bailaban.
 

xoves, 8 de novembro de 2018

As castañas do Magosto

  O pasado venres 2 celebramos no colexio a festa do magosto. Os pequenos de infantil fomos os primeiros en baixar ao patio onde as castañeiras nos repartiron as castañas asadas. Sentámonos por clases e puxémonos a comelas. Algúns aínda comeron, pero outros preferiron gardalas para casa. Despois recollimos as tonas e limpamos o sitio onde estivéramos e puxémonos a bailar.
  Podedes ver as fotos da sesión na web do cole, premendo AQUÍ.



  Tivemos unha pequena sorpresa xa que Nuria e Abril atopáronse coas súas irmáns maiores Emma e Vera e compartiron festa. E, para que non nos quedara nada, fomos ver como funcionaba a máquina que tiñan as castañeiras

sábado, 25 de novembro de 2017

O Magosto: castañas e música

    A semana pasada celebramos o magosto no colexio: fixemos unha festa onde comimos castañas e bailamos ata cansarnos. Trouxemos o tren das castañas e antes de ilas comer fomos ver como funcionaba. Despois pasamos ao patio cuberto e alí recollimos os nosos paquetes de castañas e estonámolas arredor das papeleiras para deixar todo limpo e recollido.

Despois corremos e bailamos coa música que seleccionamos os profes de infantil sobre o Magosto, Samaín e outono e que se encargou de pinchar o profe de música. Fixen máis videos do baile que podedes ver na web do colexio premendo AQUÍ.





martes, 15 de novembro de 2016

As castañas do Magosto

   
    Fai uns días celebramos o magosto no cole despois de pospoñelo pola chuvia. Levamos os cucuruchos, fixemos cola diante das dúas máquinas instaladas no patio e comimos castañas: algún ata que se cansou e outros fixeron paquetiños para compartir con papá e mamá ou os irmáns. E para rematar bailamos ao són da música que nos puxo o profe Jorge.


mércores, 18 de novembro de 2015

O magosto

   O pasado martes 10 celebramos o primeiro magosto ao que asistiron os vosos fillos no cole. Seguro que xa volo contaron!. Cada neno levou o seu cucurucho e alá foron a comer castañas. Póñovos AQUÍ O ENLACE COA WEB DO COLE para que poidades ver como foi a xornada. 

sábado, 22 de novembro de 2014

O MAGOSTO NA MAÍA

  O Magosto é unha das nosas tradicións máis arraigadas e o venres 14, a pesar de que parecía que non poderíamos sair polo temporal de tronos e choiva que caeu na Maía, este amainou  e permiteunos celebralo. Veu un castañeiro que non traía o típico tren pequeniño: este parecía o Ave dos trens! e os pequenos quedaron pasmados cando o viron... 
    Tivemos dous axudante dos maiores, Miguel e Nico o irmán de Álvaro, que nos axudaron o organizar os xogos e a pintar os nenos e aguantaron o tipo ante a impaciencia dos pequenos e incluso as mostras de afecto que case tiran con eles... (Grazas rapaces!).  Despois comemos as castañas nos cucuruchos e escoitamos a unhas invitadas estupendas, María, Ana e Masé, compoñentes do grupo "AS TOCADORAS DE NINGHURES", que introduciron aos pequenos nos ritmos tradicionais da gaita, o tambor e a pandeireta e fixerón bailar a pequenos e grandes.


     E ademáis, ao longo da semana, fixemos O CASTAÑÓN. Cada neno fixo unha parte, e aínda que o comezo tivemos o típico "medo ao folio en branco" e non se nos ocurría como facelo, despois foron engandindo de todo o que se nos ocurría: hortensias e follas secas, sementes, botós, espuma, cintas para o pelo, e por suposto purpurina.... Puxen eu o tope... que senón aínda seguen poñendolle cousas! 
     En este enlace ao blog da Biblioteca están todos os castañóns que se fixeron no colexio en infantil e primaria.

http://biblioceipamaia.blogspot.com.es/2014/11/os-castanons-da-maia.html

martes, 19 de novembro de 2013

O MAGOSTO NA MAÍA

   
      No colexio fixemos a festa do Magosto e fomos a ver como asaban as castañas para despois comelas. Antes fixemos os cucuruchos e participamos nos xogos que nos organizou a profe Arancha en colaboración coas profes e algunhas nenas de primaria.
O que máis nos gustou foi ir de paseo o cole dos maiores: fomos pisando unha alfombra de follas douradas e dimos voltas por todo o patio, vimos como Vicente asaba as castañas (con moito traballo porque a leña estaba algo verde...) e logo comimos as que quixemos. En esta presentación vedes como o pasamos!


luns, 11 de novembro de 2013

RETRATOS CON FROITOS DO OUTONO

   No cole  estamos a facer os retratos dos Castañóns, elaborados a partir dos productos e froitos do outono que fomos xuntando estos días. Os de catro anos fixemos os nosos despois de ver varios cadros do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Este artista fixo por encargo do rei Rodolfo II varias series de retratos empregando elementos naturais e dándolles aspecto "real". Tamén fixo varios cadros que cambiaban según o sentido no que os mirases. Nós partimos da observación da serie das 4 estacións (sobre todo "O outono")
    

  Seleccionamos e clasificamos todo, separando froitos secos de carnosos, escollendo cabazas, follas e pinas... logo fixemos grupos de catro para fomentar o traballo en equipo e comezamos a compoñer os retratos escollendo os elementos que nos gustaban máis. Cando conseguían rematar un retrato eu sacaba a foto e seguíamos facendo outros. Outra vez fixémolo por parellas  e así fomos conseguindo máis traballos. As fotos están na exposición dos castañóns da entrada do cole.

Clicade aquí para ver como o fixemos:

E estos son os retratos:

luns, 3 de decembro de 2012

UN DÍA DA FROITA ESPECIAL !

     Como sabedes , o venres 23  celebramos o Magosto no colexio e, despois de comer as castañas, tamén tivemos froita que nos trouxeron as nais e pais da Ampa. Os pequenos  de infantil e os de primaria comeron a fartar, pero aínda así sobrou un montón de froita.      
     
    Así que, o pasado mércores, coa colaboración das nais da Ampa, tivemos UN DÍA DA FROITA ESPECIAL Antes da merenda as nais viñeron pertechadas de froita e coitelos e estiveronnos preparando bandexas cun combinado de froitas con unha pinta realmente APETITOSA!.  Gracias as mamás pola súa colaboración!

      Pola nosa clase pasaron Marta e Dolores a traernos as bandexas coas froitas e  estiveron un ratiño falando cos pequenos. Aquí vos poño unhas fotos  e un video do que fixemos: COMER!!!.    



      A froita estaba moi rica  e pouco a pouco comerona case toda e só deixamos unha pouca que rematamos  ao día seguinte. E despois de comer a froita aínda quixeron merendar!