Amosando publicacións coa etiqueta euquedonacasa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta euquedonacasa. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xullo de 2020

Lia: un reto, un cumple e unha viaxe ás Fragas do Eume.

 Lia acaba de mandarme unhas fotos do reto da torre e quedoulle así de alta!. Para conseguila subeuse á mesa: reto conseguido!
 Tamén fixo unhas manualidades de papiroflexia con estas raniñas que a súa nai aprendeu de pequena. Busqueivos un tutorial (premer aquí) por si o queredes facer cos nenos, logo cada un decorao ao seu gusto. Cóntame Lupe que tamén colaborou moito nas tarefas de casa: aquí quixo axudar a mamá fregando os platos.
 Celebraron o segundo cumple de Jan!

 E disfrutaron dun paseo polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro, onde Lia o pasou moi ben  recollendo  "pauciños" e  deixando voar a súa imaxinación imaxinando dragóns durante a visita por este mosteiro cuxos primeiros edificios teñen máis de 1000 anos, está situado no medio da Natureza  e ten un premio europeo á restauración.
 Felices vacacións!

martes, 23 de xuño de 2020

Os retos de Iago

Iago mandounos fotos do reto da torre: buscou na biblioteca da avóa e fixo esta que é magnífica!

Fixo este traballo ordenando as letras do abecedario: enfialas todas foi un traballo de precisión!
  Unha das propostas que vos fixéramos era definirnos con números: anos, altura, peso... Despois de case 100 días, somos eso e moito máis!. Cando volvamos algúns de esos números xa terán cambiado moito.
 
Traballou a conciencia fonolóxica escribindo as letras que faltaban...
E foi moi constante levando os rexistros diarios do tempo.

xoves, 18 de xuño de 2020

Ainhoa: as letras e o seu grilo.

Adela  mandounos estas fotos de Ainhoa: fixo series de cores recortando formas en goma eva, tamén montou unha casa e a decorou.

 Fixo moitas letras na casa dos avós e cando volveu pegounas por toda a casa e tamén polas ventás!


 
E relacionado coas propostas dos seres vivos, Ainhoa plantou garabanzos nun vasiño que lle están medrando así.

 Tamén está coidando un grilo nunha caxiña moi decorada. Un animaliño que co seu canto nos avisa que xa está aquí o verán!. Como curiosidade:  resulta que para os chinos desde fai máis de mil anos é un animal que da boa sorte e acostumaban telos nas casas como mascotas!




xoves, 11 de xuño de 2020

Un alfabeto creativo, as horas, a casiña dun gato e máis cousas con Martín

Martín estivo traballando coa proposta dos alfabetos creativos e con pezas de todo tipo, cores, tapas, xoguetes, ferramentas... que tiña pola casa, fixo este, que lle quedou así de fantástico!.

 Tamén fixo o  reloxo de cartón e está practicando nel: agora xa sabe as  horas  en punto, e cuarto e as e media!. Moi ben.
Fixolle unha casiña ao gatiño Misi con que quedaron cando recolleron as crías dunha gatiña abandonada. Que sorte tiveron Martín e Misi de atoparse!. Reciclou o robot dunha das propostas anteriores así que "reciclaron o reciclado" e, con unhas ventanas e unha porta, convertírono nesta acolledora e futurista casiña. Pensaban que tería medo, pero debeulle gustar porque pasa moito tempo nela..
Tamén nos mandou fotos do calendario de maio e do rexistro do tempo contabilizando ao final cantos días fixo sol ou choveu...
Cóntame Verónica que siguen repasando a árbore xenealóxica escribindo el os nomes; e repasandoos para recordalos, e engadindo ademáis os lugares de nacemento de cada un... 

   E tamén estivo facendo o experimentos coas densidades dos líquidos. Empregou auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente. O resultado é espectacular!

A horta e os traballos de Jhon E.

Jhon E. estivo regando as fabas que transplantou na casa dos avós. Mandounos este precioso video. Todo un agricultor!!!
Estivo traballando a conciencia fonolóxica completando as letras que faltaban nalgunhas palabras, tamen estivo coa direccionalidade esquerda e dereita e facendo contas.


mércores, 10 de xuño de 2020

O alfabeto de Iago e unha árbore familiar frondosa

   Iago estivo traballando co alfabeto, levoulle moito tempo facelo, empregaron todo tipo de  materiais para facer as letras: papel de aluminio, de periódico, papel hixiénico, papel con purpurina, gomets…
Tamén  pastas, noces, lentellas, arroz; outras letras levan recortes de telas, restos de lazos, lá, fieltro, estropallo, algodón, botóns, pompóns, tapóns das botellas, plastilina, purpurina... 
   Despois colocáronlle un fondo de cartón e  imáns e quedou decorando o lateral da neveira onde pode revisalas cada vez que pasa!.
 Un traballo intensivo con un resultado espectacular. 

  Tamén estiveron traballando moito coa súa árbore familiar: recopilaron fotos e Nuria cóntame que Iago participou activamente recortando, pegando e pintando. Foi un "traballo en familia". Ensináronlle as fotos dos seis bisavós que non coñeceu, pero ten a sorte de coñecer e ter bastante relación cos outros dous que viven en Sarria,  de onde é case toda a súa familia.

 

martes, 9 de xuño de 2020

Os maios de 4 anos

  Durante o mes de maio estivestes enviando algúns maios, con flores e con cantigas e con todos os que me chegaron fixen esta montaxe. Eu tamén traballei no meu, coa axuda da miña sobriña de 3 anos, que carrexou follas de cores e fixo e desfixo conmigo😉. Tamén o pasamos moi ben e todos quedaron moi bonitos!.💓 
 
  

Cousas que nos fan felices, con Marta e Carla

  Carla e Marta mandáronnos uns dibuxos sobre o libro que aparecía na súa última entrada: "QUÉ NOS HACE FELICES?" de Marie-Agnès Gaudrat onde nos contan algunhas cousas que realmente nos poden facer felices.     
 
 Un libro para pensar nas cousas sinxelas que nos poden facer felices!


luns, 8 de xuño de 2020

O alfabeto de area de Lara

Lara enviounos esta foto disfrutando na praia. Co que lles gusta a auga e a area aos nenos!. Ademáis de pasalo ben, traballou facendo este alfabeto de area e o seu nome con cunchas!. Precioso!
  En estos momentos a mellor pizarra do mundo!. 
  A disfrutala!


O alfabeto de botóns de Jhon E.

 Jhon E. mandanos estas fotos do alfabeto que fixo con centos de botóns que ten na casa da avóa, que me conta Lía que leva toda a vida xuntando. As avóas son fantásticas!. Teñen recursos para todo! Os botóns están xenial para moitísimas actividades en infantil: para contar, para facer cadros tipo mosaico.... con deixalos inventar a eles, seguro que lles salen moitísimas cousas!. Este tipo de material aberto é ideal porque lles permíte desenvolver a súa creatividade libremente.