Iago estivo traballando co alfabeto, levoulle moito tempo facelo, empregaron todo tipo de materiais para facer as letras: papel de aluminio, de periódico, papel hixiénico, papel con purpurina, gomets…
Tamén pastas, noces, lentellas, arroz; outras
letras levan recortes de telas, restos de lazos, lá, fieltro,
estropallo, algodón, botóns, pompóns, tapóns das botellas, plastilina,
purpurina...
Despois colocáronlle un fondo de cartón e imáns e quedou decorando o lateral da neveira onde pode revisalas cada vez que pasa!.
Un traballo intensivo con un resultado espectacular.
Tamén estiveron traballando moito coa súa árbore familiar: recopilaron fotos e Nuria cóntame que Iago participou activamente recortando, pegando e pintando. Foi un "traballo en familia". Ensináronlle as fotos dos seis bisavós que non coñeceu, pero ten a sorte de coñecer e ter bastante relación cos outros
dous que viven en Sarria, de onde é case toda a súa familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!