Lia estivo "traballando co tempo". Ela e Lupe fixeron un reloxo de parede con goma eva e agora anda a cada rato "consultando a hora". Parece que colleu con entusiasmo esta proposta, porque xa domina as horas en punto e coas outras, que son moito máis difíciles, anda a traballar. Seguro que o acaba conseguindo!
Tamén traballaron cos contos, na proposta de gravar un video facendo unha crítica literaria e recomendando un libro. Lia escolleu a sorprendente historia de "a vaca que puxo un ovo" e aínda que Lupe decía que lle costou un pouquiño, porque lle daba vergonza, quedou xenial. Seguro que despois de oíla vos apetece ler ese conto!. Unha historia de Andy Cutbill ilustrada por Russell Ayto editada por Patas de peixe. Gracias Lia!!!👏 👏 👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!