luns, 21 de marzo de 2022

8 M: abecedario de mulleres, A de Ana Peleteiro


  Para conmemorar o Día internacional da Muller propuxéronnos facer un abecedario dedicando cada letra a unha muller importante. A nós tocounos a letra A e deseguida me veu á cabeza a medallista olímpica de Riveira Ana Peleteiro. Vimos moitas imaxes na rede e escollín algunhas que mostraban a Ana saltando, recollendo a medalla de bronce nos xogos olímpicos de Tokio 2020 e moitas máis. Despois tiñamos que colocar na porta a información sobre cada muller.

 Gustounos moito unha foto de cando era pequena e outra na que se está vacinando contra o covid. E sobre todo chamounos a atención que en case todas as fotos sae sorrindo, menos cando está saltando. Tamén vimos o video no que está dando o  triple salto de 14.87 metros co que gañou a medalla de bronce nos XXOO. E para tomar conciencia de canto é realmente ese número, saímos fora co metro para medilo e marcalo no pasillo. A verdade é que visto así é un triple salto impresionante!. E nós intentamos imitala!!!
  

luns, 14 de marzo de 2022

"O moucho", poema de Rosalía de Castro

   Seguindo coa obra de Rosalía de Castro a partir da canción de Migallas sobre o poema "O Moucho"  fixémos os nosos despois de buscar en internet como son estas rapaces. Con tubos de papel hixiénico formamos o corpo e pintámolos de cores con pinceis.
   Con gomets  puxémoslles os picos  e os ollos fixémosllos coa punta do dedo... (ou algo máis que coa punta😅). Nunha cartulina onde pintamos os penedos e un campo de herba con distintos tonos de gris e verde, pegamos os tubos coa pistola de silicona. E así quedaron os nosos mouchos!


mércores, 9 de marzo de 2022

Volta ciclista ao paso por Bertamiráns: "O gran camiño"

  
    O concello de Ames acolleu unha das etapas da volta ciclista a Galicia ‘O Gran Camiño’ con equipos profesionais nacionais e internacionais. A segunda etapa saleu desde Bertamiráns cara o mirador do Ézaro e pasou por diante do colexio. E nós saímos fora a ver pasar os ciclistas!. Eso sí, desde que pasaron os primeiros coches ata que chegaron os ciclistas foi un continuo "cando veñen, cando veñen?"  xa que entre coches de acompañamento, policía, garda civil, equipos de televisión e ambulancia era toda unha caravana que de cando en vez nos saudaba ao pasar!. Como tamén cadrou coa festa do antroido saímos disfrazados para velos pasar desde o patio do areeiro. Os maiores ademáis puderon colocarse na estrada para disfrutar deste anaquiño da etapa.
 


domingo, 6 de marzo de 2022

Disfraces de Antroido

 

Durante a semana de Antroido seguimos os mandadiños do Meco que nos enviou o Equipo de Extraescolares e viñemos con maquillaxe e roupa estilo Tanxugueiras que este ano arrasou en moitos sitios. O venres cada un escolleu na casa o disfraz que quixo e así o cole encheuse de superherois e superheroinas, princesas, policías, animáis, dinosaurios e moitos máis personaxes fantásticos

 

 
 
Despois de mostrar os nosos disfraces, pasamos un rato xogando na sala de psico:



xoves, 3 de marzo de 2022

As camelias de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o Equipo de Normalización Lingüística propúxonos facer un "xardín vertical" nas entradas de cada edificio para pegar e colgar camelias ou flores con poemas de Rosalía. Nós fomos ver as árbores da variedade "Rosalía de Castro" que se plantaran antes da pandemia no patio de abaixo do colexio. 

 
   Só encontramos unha flor  caída pero pudemos admirar a súa fermosa cor e o gran tamaño que ten. Esperamos que sigan medrando e lle den máis vida ao patio de primaria!

Con  dez ou doce círculos de papel de seda fixemos as nosas camelias: contamos os papeis, enrugámolos para darlle volumen e textura ás flores e estirámolos de novo, para ordenalos e atravesalos con un encuadernador. O máis complicado foi estirar os papeis con coidado porque lles rompían ao facelo. Despois pintamos un par de follas e pegámos alí as camelias para colgalas no "xardín vertical" da entrada onde tamén puxemos unhas cestas con camelias de verdade que lles levamos Sandra e eu.

 Nesta montaxe están as fotos do proceso e da saída a ver as camelias e de cando fomos ver as flores de papel dos nosos compañeiros. (Amancio Prada é quen lle pon voz e música aos versos de Rosalía)