Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o Equipo de Normalización Lingüística propúxonos facer un "xardín vertical" nas entradas de cada edificio para pegar e colgar camelias ou flores con poemas de Rosalía. Nós fomos ver as árbores da variedade "Rosalía de Castro" que se plantaran antes da pandemia no patio de abaixo do colexio.
Só encontramos unha flor caída pero pudemos admirar a súa fermosa cor e o gran tamaño que ten. Esperamos que sigan medrando e lle den máis vida ao patio de primaria!Con dez ou doce círculos de papel de seda fixemos as nosas camelias: contamos os papeis, enrugámolos para darlle volumen e textura ás flores e estirámolos de novo, para ordenalos e atravesalos con un encuadernador. O máis complicado foi estirar os papeis con coidado porque lles rompían ao facelo. Despois pintamos un par de follas e pegámos alí as camelias para colgalas no "xardín vertical" da entrada onde tamén puxemos unhas cestas con camelias de verdade que lles levamos Sandra e eu.
Nesta montaxe están as fotos do proceso e da saída a ver as camelias e de cando fomos ver as flores de papel dos nosos compañeiros. (Amancio Prada é quen lle pon voz e música aos versos de Rosalía)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!